Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14748

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o procedemento MR406F.

missing image file

A Orde do 28 de abril de 2022 establece as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e convócanse para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Unha das liñas de axuda establecidas é a correspondente á transformación integral e modernización de invernadoiros, con código de procedemento MR406F. A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas as solicitudes por cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, a Comisión Avaliadora prevista no artigo 15.3 das bases reguladoras aplica os criterios de prioridade para que as persoas titulares das xefaturas territoriais formulen as propostas de resolución, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias. Vistas estas, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería, procede a resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Denegar todas as solicitudes de subvención achegadas, as cales se relacionan no anexo I polas causas que se indican no dito anexo.

Segundo. Informar do seguinte:

a) Esta axuda forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Taxa de cofinanciamento: financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea.NextGenerationEU.

Obxectivo estratéxico/operativo/instrumental: mellorar a resiliencia e a competitividade dun sector económico estratéxico como o sector agroalimentario, apoiando a consecución dos obxectivos climáticos, ambientais e de descarbonización da economía.

Política panca: política número 1 «Axenda Urbana e Rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura».

Compoñente: compoñente 3 «Transformación ambiental e dixital do sector agroalimentario e pesqueiro».

Medida: investimento 4 «Plan de Impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (III): investimentos en agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro».

Contribución á transición ecolóxica: 40 %.

Contribución á transformación dixital: 6 %.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Denegacións

Código de expediente

Solicitante

NIF

Motivo de denegación

MR406F-2022-36-000001

Flores Toxal, S.L.

B36253102

Incumprimento do investimento mínimo por hectárea para a actuación 2 (modernización) especificado no punto 5.a)3.4.b) do cadro de especificacións

MR406F-2022-36-000002

Santiago Souto Fernández

***7924**

Incumprimento de superficie mínima segundo o especificado no punto 5.h)5.2 do cadro de especificacións e por incumprimento do investimento mínimo por hectárea para a actuación 2 (modernización) especificado no punto 5.a)3.4.b) do mesmo cadro de especificacións