Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15479

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso, polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461L).

Advertidos erros na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro de 2023, cómpre efectuar as seguintes correccións:

1. Na páxina 12818, na base 2, na alínea j), onde di: «j) Contar cun mínimo de seis anos continuados de servizo activo na categoría de oficial, computándose tamén neste caso o tempo de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación», debe dicir: «j) Contar cunha antigüidade mínima de seis anos de servizo activo como persoal funcionario de policía, tamén se computará neste caso o tempo da segunda actividade por causa de embarazo ou lactación».

2. Na páxina 12821, na base 3.3.1, alínea g), onde di: «g) Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de oficial nun dos concellos da Comunidade Autónoma galega, de estar en servizo activo na dita categoría e contar cunha antigüidade mínima de seis anos continuados nesa categoría. Para o seu cómputo teranse en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria se atopou en situación de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación», debe dicir: «g) Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de oficial nun dos concellos da Comunidade Autónoma galega, de estar en servizo activo na dita categoría e contar cunha antigüidade mínima de seis anos de servizo activo como persoal funcionario de policía. Para o seu cómputo teranse en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria se atopou en situación de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación».

3. Na páxina 12837, no anexo I (continuación), onde di: «Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de oficial nun dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, de estar en servizo activo na dita categoría e contar cunha antigüidade mínima de seis anos continuados nesa categoría. Para o seu cómputo teranse en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria tivo a consideración de persoal funcionario en prácticas, así como os períodos durante os cales se atopou en situación de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación», debe dicir: «Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de oficial nun dos concellos da Comunidade Autónoma galega, de estar en servizo activo na dita categoría e contar cunha antigüidade mínima de seis anos de servizo activo como persoal funcionario de policía. Para o seu cómputo teranse en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria se atopou en situación de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación».