Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 15961

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcadoiros, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículo da vía pública en que se procede a actualizar as táboas salariais para 2022.

Visto o texto da acta da Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcadoiros, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículo da vía pública en que se procede a actualizar as táboas salariais para 2022, que se subscribiu con data do 13 de outubro de 2022, entre a representación de Asesga e os representantes dos traballadores e traballadoras pertencentes aos sindicatos CCOO e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da Comisión Negociadora do VI Convenio Colectivo Autonómico
de Galicia de Aparcadoiros, Garaxes, Estacionamentos Regulados de
Superficie e Retirada e Depósito de Vehículo da Vía Pública

Mediante videoconferencia a través da aplicación zoom, o día 13 de outubro de 2022, ás 10.00 horas, reúnense as persoas que a continuación se relacionan, nas representacións que se indican:

Por ASESGA:

Ana Herrera Couceiro

María Fernández Ruiz

Teresa Silva Ginel

Teresa Durán Manso

Amparo Revuelta de Rojas

Por CCOO:

Por UGT:

Pedro Antonio Beade Roel

Martín Martínez Figueiro

Juan Manuel Romero García

Adrián López Villar

Juan Carlos Liñares Beiroa

Jesús Mosquera Rivas

Rakel Rodríguez Parada

O obxecto da reunión, previamente coñecido polas partes é:

– Proceder a revisar e actualizar, se procede, as táboas salariais aplicables para o ano 2022.

ACORDOS:

Primeiro. En aplicación do disposto na disposición derradeira primeira do convenio, procédese a incrementar nun 1,75 % as últimas táboas salariais publicadas correspondentes ao ano 2021, configurando así as novas táboas salariais de aplicación para o ano 2022, que se xuntan como anexo a esta acta.

Segundo. Acórdase facultar a persoa que designe o Consello Galego de Relacións Laborais para que, en nome desta Comisión, realice cantas xestións sexan necesarias para o depósito, rexistro e publicación polos organismos competentes desta acta.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 10.30 horas.

ANEXO

Táboa salarial ano 2022

Nivel

Clasificación profesional

Salario base

Complemento convenio

Complemento transporte

Total anual

Valor horas extras

Mensual (15)

Mensual (15)

Mensual (11)

Grupo soporte

I

Xefe/a de área

843,30

205,43

77,31

16.581,33

9,79

Licenciado/a-Grao superior

915,00

216,72

77,31

17.826,18

10,73

II

Xefe/a de sección

822,88

202,07

77,31

16.224,74

9,56

Técnico/a medio-diplomado/a

879,60

210,86

77,31

17.207,29

10,30

III

Oficial administrativo

786,61

196,35

77,31

15.594,76

9,08

IV

Auxiliar administrativo

745,17

190,37

77,31

14.883,68

8,63

Grupo operativo

I

Xefe/a de servizo ou de centro

 

 

 

 

 

II

Encargado/a

822,88

202,07

77,31

16.224,74

9,56

III

Operador de guindastre

819,49

195,64

77,31

16.077,46

9,56

Axente de aparcadoiro

780,79

195,44

77,31

15.493,89

9,03

Oficial de mantemento

780,79

195,44

77,31

15.493,89

9,03

Controlador/a

780,79

195,44

77,31

15.493,89

9,03

Técnico/a mantemento. Ora/Guindastre

780,79

195,44

77,31

15.493,89

9,03

Inspector

781,61

195,64

77,31

15.509,19

9,04

Administrativo/a de depósito

774,01

194,36

77,31

15.375,99

8,96

Operador/a centro de control

759,23

194,56

77,31

15.157,33

8,78

IV

Auxiliar de aparcadoiro

731,52

187,55

77,31

14.636,47

8,38

Engraxador/a-lavacoches

 

 

 

 

 

Axudante de depósito

 

 

 

 

 

Axudante de conservación

731,52

187,55

77,31

14.636,47

8,38

Persoal de limpeza

706,34

183,61

77,31

14.199,57

8,10