Visto o texto da acta da reunión da Comisión Negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo onde se aproban as táboas salariais para o ano 2023, que se subscribiu con data do 7 de decembro de 2022, entre a representación da Fundación Monte do Gozo e a representación legal dos traballadores e traballadoras dos centros da Fundación Monte do Gozo, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 y 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.
Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais
Acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo da
Fundación Monte do Gozo
En Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022, ás 16.30 horas, na sede da Fundación Monte do Gozo na dita cidade, rúa Cottolengo nº 2, por unha parte, a representación da empresa exercida por:
– Ofelia Debén Rodríguez
– Amalia Calvo Ríos,
e, por outra parte, a representación legal dos traballadores dos centros da Fundación Monte do Gozo:
– Santiago: Laura Rivas Arufe
– Cernadas: Víctor Figueiras Ventoso
– Vigo: Vicente Llario Espinosa
– Ourense: Patricia Pérez Rodríguez
Celebran unha reunión, para concretar os temas tratados na reunión do pasado día 30 de novembro de 2022.
A RLT dos centros da Fundación Monte do Gozo e a empresa acordan o seguinte:
1. Aceptar a proposta da empresa dunha subida salarial para o ano 2023 do 4,0 % do salario base.
2. A inaplicación da letra c) del artigo 29 do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo (Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 28 de xaneiro de 2020; DOG nº 37, do 24 de febreiro) ata a finalización da vixencia deste convenio.
Como consecuencia do acordado, as táboas salariais quedan como segue:
Táboas salariais 2023
(Con efectos do 1.1.2023)
Salario base segundo grupo profesional
Grupo profesional |
Salario base bruto anual euros |
Salario base bruto mensual × 14 pagas |
0 |
||
1 |
23.811,90 € |
1.700,85 € |
2 |
21.489,30 € |
1.534,95 € |
3 |
18.838,26 € |
1.345,59 € |
4 |
16.422,00 € |
1.173,00 € |
Complemento non consolidable por coordinación de centro ou área de traballo
Grupo profesional |
Salario base bruto anual Coordinación Euros |
Salario base bruto mensual × 14 pagas |
0 |
||
1 |
2.158,63 € |
154,18 € |
2 |
2.158,63 € |
154,18 € |
3 |
||
4 |
Por coordinación de equipo de traballo entre 2 ou máis persoas
Complemento de nocturnidade
• Complemento fixo mensual por xornada anual de 1.750 h |
50,00 € |
O complemento de nocturnidade está calculado en función das horas traballadas en horario nocturno (de 22.00 a 06.00 h) que sexan efectivas (aproximadamente de 22.00 a 00.00) e sempre que non se produzan incidencias durante o horario nocturno.
Complemento non consolidable por desprazamento
Distancia entre centros de traballo |
Importe bruto mensual |
• Distancia de 30 a 50 km |
150,00 € |
• Distancia de 51 km a 90 km |
225,00 € |
• Distancia de 91 ou máis km |
300,00 € |
E sendo as 17.30 horas, dáse por rematada a reunión, na data e lugar do encabezamento.