Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 15968

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2023 pola que se revisa a declaración de zonas sensibles no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia Costa.

A Directiva 91/271/CEE do Consello, do 21 de maio, sobre o tratamento das augas residuais urbanas, establece unha serie de medidas coa finalidade de garantir que as ditas augas sexan tratadas correctamente antes da súa vertedura.

O Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, incorporou ao ordenamento xurídico español a Directiva 91/271/CEE do Consello, do 21 de maio, regulando a obriga de dispor dun sistema de colectores para a recollida e condución das augas residuais en determinadas aglomeracións urbanas e fixando os distintos tratamentos a que deberán someterse tales augas antes da súa vertedura ás augas continentais ou marítimas, distinguindo se esas verteduras se efectúan en zonas sensibles ou non.

O artigo 7.3 do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, prevé que a Administración xeral do Estado declarará as zonas sensibles nas bacías hidrográficas que excedan o ámbito territorial dunha comunidade autónoma e que as comunidades autónomas efectuarán a devandita declaración nos restantes casos, do que darán, a oportuna publicidade no respectivo diario oficial.

O artigo 7.2 do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, dispón que a declaración de zonas sensibles debe revisarse, polo menos, cada catro anos.

Mediante a Resolución da presidencia de Augas de Galicia do 22 de maio de 2001 (DOG do 30 de maio) declarouse a ría de Pontevedra como zona sensible.

Mediante a Resolución da presidencia de Augas de Galicia do 28 de xaneiro de 2009 (DOG do 4 de febreiro) mantívose a declaración da ría de Pontevedra como zona sensible e declarouse como zona sensible a ría de Ferrol.

Mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 28 de xaneiro de 2013 (DOG do 27 de marzo) mantívose a declaración das rías de Pontevedra e de Ferrol como zonas sensibles e declaráronse como zonas sensibles os encoros e as lagoas indicadas no anexo da resolución.

Mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 5 de xullo de 2018 (DOG do 23 de xullo) mantivéronse as zonas declaradas nas resolucións anteriores e declarouse como nova zona sensible a masa de auga denominada O Miñor (A Ramallosa).

Polo tanto, transcorridos máis de catro anos desde a última declaración de zonas sensibles no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia-Costa, procede realizar a súa revisión, co fin de, se for o caso, manter a cualificación como zonas sensibles das designadas anteriormente e/ou proceder á declaración de novas zonas como sensibles.

De acordo co artigo 7.3 do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, disponse dun prazo de sete anos para implantar un tratamento máis rigoroso que o secundario sobre as verteduras das augas residuais urbanas das aglomeracións maiores de 10.000 habitantes equivalentes que se produzan sobre as zonas declaradas como sensibles ou sobre as súas áreas de captación, todo iso conforme as especificacións establecidas no artigo 7 do Real decreto lei 11/1995 e no artigo 6 do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo.

O mencionado prazo de sete anos comeza a contar desde a entrada en vigor da declaración das correspondentes zonas. É dicir, nos casos afectados por unha nova zona definida nesta nova declaración disponse de sete anos para a implantación efectiva dun tratamento máis rigoroso alí onde resulte pertinente. Nos casos en que con esta nova declaración se ampliase unha zona sensible previamente declarada, o prazo conta desde a data en que se declarou a zona sensible orixinal previa á ampliación.

O artigo 11.1 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, dispón que corresponden a Augas de Galicia, no ámbito da xestión das bacías intracomunitarias, as competencias que o ordenamento xurídico vixente en materia de augas atribúe aos organismos de bacía.

Realizados os pertinentes estudos, logo de dar audiencia aos concellos afectados e de acordo co establecido no artigo 7 do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, citado,

RESOLVO:

Primeiro. Declaración de zonas sensibles

Declarar como zonas sensibles as que se relacionan no anexo desta resolución, para os efectos previstos no Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, e de acordo cos criterios establecidos no anexo II do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

Segundo. Identificación de aglomeracións urbanas afectadas

Identificar no anexo desta resolución, para cada unha das zonas sensibles, as súas áreas de captación e as aglomeracións urbanas que verten nelas contando cunha carga de vertedura superior aos 10.000 habitantes equivalentes.

A relación citada no parágrafo anterior completarase con aquelas aglomeracións urbanas que superen os 10.000 habitantes equivalentes durante o período de vixencia da presente resolución, en especial tras a revisión que faga a comunidade autónoma das aglomeracións urbanas nas cales se estrutura o seu territorio, de acordo co establecido no artigo 3 do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro.

Terceiro. Tratamento adicional

Prever, conforme o Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, na consideración do tratamento adicional que deberá aplicarse ás augas residuais urbanas que verten na zona sensible declaradas por risco de eutrofia, a eliminación de nitróxeno, fósforo ou ambos e, de ser o caso, as demais substancias pertinentes, de acordo co criterio de designación da zona sensible indicado na táboa do anexo desta resolución.

As autorizacións de vertedura poderán impoñer requisitos máis rigorosos cando sexa necesario para garantir que as augas receptoras cumpran cos obxectivos de calidade fixados na normativa vixente e, en particular, cos concretos obxectivos ambientais para as masas de auga establecidos nos plans hidrolóxicos.

Cuarto. Publicación e efectos

Dar publicidade a esta declaración mediante a súa inclusión no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación, data en que quedará sen efectos a Resolución do 5 de xullo de 2018, da Presidencia de Augas de Galicia, pola que se revisa a declaración de zona sensible no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia Costa.

Quinto. Revisión da declaración

Esta declaración de zonas sensibles deberase revisar nun prazo máximo de catro anos.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2023

Ethel María Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de zonas sensibles e de aglomeracións
urbanas afectadas pola declaración

Os campos documentados nas táboas describen os seguintes contidos:

Zona sensible:

– Código: clave única identificativa da zona sensible.

– Nome: nome da zona sensible.

– Masa de auga: código das masas de auga (conforme os plans hidrolóxicos do terceiro ciclo) directamente vinculadas á zona sensible.

– Criterio de designación: identificación do criterio ou criterios que xustifican a declaración conforme a definición que deles figura no anexo II do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo. Estes criterios, en síntese, poden ser:

• aP. Masas de auga en que convén prever a eliminación de fósforo.

• aN. Masas de auga en que convén prever a eliminación de nitróxeno.

• b. Masas de auga superficial destinadas á produción de auga potable que poderían conter unha concentración de nitrato superior a 50 mg/l, nas cales se debe prever a eliminación de nitróxeno e fósforo.

• c. Masas de auga receptoras de verteduras sobre as cales é necesario un tratamento adicional ao secundario establecido no artigo 5 do Real decreto 509/1996 para cumprir o disposto na lexislación comunitaria, nas cales deberá prever a eliminación de nitróxeno e fósforo.

– Data da declaración: data da primeira declaración desta zona sensible.

– Zona de captación: código da zona de captación desta zona sensible.

– Aglomeracións urbanas maiores de 10.000 habitantes equivalentes:

• Nome: nome da aglomeración urbana identificada pola comunidade autónoma.

• Código: código asignado á aglomeración urbana no exercicio de notificación bienal Q-2021.

• Comunidade autónoma: nome da comunidade autónoma competente para a identificación das aglomeracións urbanas que realizan a vertedura dentro da zona sensible ou da súa zona de captación.

ANEXO

Descrición da zona sensible

Aglomeracións urbanas maiores de 10.000 habitantes equivalentes

Código

Nome

Masa de auga

Criterio designación

Data declaración

Zona de captación

Nome

Código

Comunidade Autónoma

ESCA2070

Oitavén-Verdugo (San Simón)

ES01426

aP

17.2.2023

ESCM2070

Arcade (Soutomaior)-Vilaboa-Pontevedra

Comboa (Soutomaior)

Riomaior (Vilaboa)

ES12360530101990 

ES12360530209000 

ES12360580500000

Galicia

ESCA2071

Umia

ES01428

aP

17.2.2023

ESCM2071

Meaño

Cambados e Vilanova de Arousa

ES12360270403010

ES12360060308010

Galicia

ESCA2072

Mendo-Mandeo (Betanzos)

ES01437

aP

17.2.2023

ESCM2072

Betanzos

ES12150090001010 

Galicia

ESCA2073

Rande

ES0146

aP

17.2.2023

ESCM2073

Redondela

ES12360450801010

Galicia

ESCA2018

O Miñor (A Ramallosa)

ES014MSPF25

aP

5.7.2018

ESCM2018

Gondomar

ES12360210510010

Galicia

ES014ZSENZPZSGC12

Encoro das Forcadas

ES014MSPFES.014.MR.069.000.03.00

aP

28.1.2013

ESCM1213

 

 

Galicia

ES014ZSENZPZSGC23

Encoro de Baiona

ES014MSPFES.014.MR.312.000.01.00

aP

28.1.2013

ESCM1224

 

 

Galicia

ES014ZSENZPZSGC18

Encoro de Beche

ES014MSPFES.014.MR.126.000.01.01

aP

28.1.2013

ESCM1219

 

 

Galicia

ES014ZSENZPZSGC17

Encoro de Caldas de Reis

ES014MSPFES.014.MR.253.000.03.00

aP

28.1.2013

ESCM1218

 

 

Galicia

ES014ZSENZPZSGC13

Encoro de Cecebre

ES014MSPFES.014.MR.122.000.02.00

aP

28.1.2013

ESCM1214

Galicia

ES014ZSENZPZSGC22

Encoro do Con

ES014MSPFES.014.MR.248.000.01.00

aP

28.1.2013

ESCM1223

Galicia

ES014ZSENZPZSGC15

Encoro de Eiras

ES014MSPFES.014.MR.298.025.02.00

aP

28.1.2013

ESCM1216

Galicia

ES014ZSENZPZSGC11

Encoro de Ponte Olveira

ES014MSPFES.014.MR.184.000.03.03

aP

28.1.2013

ESCM1212

Galicia

ES014ZSENZPZSGC14

Encoro de Pontillón de Castro

ES014MSPFES.014.MR.273.052.03.00

aP

28.1.2013

ESCM1215

Galicia

ES014ZSENZPZSGC21

Encoro de Rosadoiro

ES014MSPFES.014.MR.131.000.01.00

aP

28.1.2013

ESCM1222

Galicia

ES014ZSENZPZSGC20

Encoro de Santa Uxía

ES014MSPFES.014.MR.184.000.03.01

aP

28.1.2013

ESCM1221

Galicia

ES014ZSENZPZSGC19

Encoro de Vilasenín ou San Cosmade

ES014MSPFES.014.MR.204.038.05.00

aP

28.1.2013

ESCM1220

Galicia

ES014ZSENZPZSGC16

Encoro de Zamáns

ES014MSPFES.014.MR.311.006.01.00

aP

28.1.2013

ESCM1217

Galicia

ES014ZSENZPZSGC7

Lagoa de Baldaio

ES014MSPF35

aP

28.1.2013

ESCM1206

Galicia

ES014ZSENZPZSGC2

Lagoa de Bodeiro

*

aP

28.1.2013

ESCM1201

Galicia

ES014ZSENZPZSGC8

Lagoa de Carnota-Caldebarcos

ES014MSPF32

aP

28.1.2013

ESCM1207

Galicia

ES014ZSENZPZSGC9

Lagoa de Corrubedo (Artes-Carregal)

ES014MSPF30

aP

28.1.2013

ESCM1208

Galicia

ES014ZSENZPZSGC5

Lagoa de Doniños

*

aP

28.1.2013

ESCM1204

Galicia

ES014ZSENZPZSGC10

Lagoa da Frouxeira

ES014MSPF40

aP

28.1.2013

ESCM1209

Galicia

ES014ZSENZPZSGC4

Lagoa de San Pedro de Muro

*

aP

28.1.2013

ESCM1203

Galicia

ES014ZSENZPZSGC6

Lagoa de Sobrado dos Monxes

*

aP

28.1.2013

ESCM1205

Galicia

ES014ZSENZPZSGC3

Lagoa de Vixán

*

aP

28.1.2013

ESCM1202

Galicia

ES014ZSENZPZSGC1

Ría de Ferrol

ES014MSPF39

ES014MSPF52

aP

28.1.2009

ESCM995

 

 

Galicia

 

 

ES014ZSENESCM626

Ría de Pontevedra

ES014MSPF27

ES014MSPF48

ES014MSPF8

aP

22.5.2001

ESCM626

Pontevedra-Marín-Poio

Bueu 

ES12360381006010 

ES12360040301010 

Galicia