Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16228

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E).

O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, establece as normas que regulan os obxectivos xerais e específicos que deben perseguirse coa axuda da Unión financiada no marco da política agrícola común, os tipos de intervencións e requisitos comúns para que os Estados membros persigan os ditos obxectivos, así como os plans estratéxicos da PAC que deben elaborar os Estados membros, e que establecen as metas, as condicións das intervencións e a asignación dos recursos financeiros, de conformidade cos obxectivos específicos e as necesidades recoñecidas.

Neste contexto, e mediante a Decisión de execución da Comisión, do 31 de agosto de 2022, aprobouse o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2023ES06AFSP001).

No marco da intervención 6872, Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais, prevese que as comunidades autónomas poidan levar a cabo investimentos non produtivos en servizos básicos que permitan mellorar a competitividade e a xeración de emprego e renda en zonas rurais. Todo isto co obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación rural e tratar de evitar o despoboamento, entre outras actuacións, mediante a mellora da accesibilidade, a mobilidade, e a seguridade e a cohesión rural.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural configúrase como unha axencia pública autonómica, de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma de Galicia, e actúa como instrumento básico na promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e de evitar o seu despoboamento, nos termos previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

No marco das súas funcións correspóndelle, entre outras, o deseño e implementación de estratexias e plans integrais para o desenvolvemento e a xestión do territorio rural que coordinen actuacións de diversa natureza e conten coa participación dos axentes públicos e privados, así como contribuír ao reforzo do tecido social e á mellora da capacidade organizativa das áreas rurais. Neste contexto, considérase esencial promover accións encamiñadas a executar obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais.

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias, nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E, como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para que poidan seguir cumprindo coas súas funcións.

De acordo coa lei de bases de réxime local, os concellos exercen competencias propias no relativo ás infraestruturas viarias da súa titularidade. No exercicio das facultades de fomento que competen á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e no marco de colaboración que debe rexer a relación entre administracións públicas, esta entidade consensuou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de repartición dos fondos públicos vinculados a esta convocatoria de axudas, a partir dunha asignación fixa por concello, número de entidades de poboación e número de habitantes, e tendo en conta variables vinculadas á superficie, agrariedade, grao de despoboamento e grao de envellecemento. Así mesmo, na repartición dos citados fondos tívose en conta, ademais, o Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, co fin de primar aqueles concellos que foron obxecto dun proceso de fusión municipal.

De acordo co anterior, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección desta axencia, do 11 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, que se xunta a esta resolución como anexo I, que contén as normas para a xestión do procedemento de concesión das axudas, co seguinte código de procedemento administrativo MR701E.

Segundo. Aprobar os importes máximos que corresponden a cada concello, nos termos previstos no anexo II.

Terceiro. Aprobar os formularios para a xestión deste procedemento de concesión de axudas, que se xuntan a esta resolución como anexos III (solicitude de axuda), IV (renuncia) e V (solicitude de pagamento).

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Se transcorrido o prazo para resolver non lle é notificada a resolución á persoa interesada, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición contra a desestimación por silencio administrativo en calquera momento, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, como sinala o artigo 124 da Lei 39/2015, ou recurso contencioso-administrativo ante Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: agader.xunta.gal

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

c) No teléfono 981 54 73 69.

d) De xeito presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 69.

Disposición adicional terceira. Información ás persoas interesadas

1. De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia (DOG) do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

A persoa titular da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo
Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico
da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva

Artigo 1. Obxecto

O obxecto é establecer as normas de xestión do procedemento para a concesión das axudas que se outorguen ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

As axudas consistirán en subvencións de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva abeiro do artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), atendendo aos límites máximos de axuda que poden corresponder a cada concello en función dos criterios socioeconómicos que se determinan no anexo II.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Artigo 2. Beneficiarios

Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter remitido ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 12 deste plan.

c) Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da LSG.

Artigo 3. Financiamento

1.A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 17.999.842,00 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2023-00002) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por fondos e anualidades:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (60 %)

Xunta (28 %)

MAPA (12 %)

2023

6.248.145,00 €

3.748.887,00 €

1.749.480,60 €

749.777,40 €

2024

11.751.697,00 €

7.051.018,20 €

3.290.475,16 €

1.410.203,64 €

Totais

17.999.842,00 €

10.799.905,20 €

5.039.955,76 €

2.159.981,04 €

Este crédito está cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 6872_01 Servizos básicos), nun 12 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 28 % por fondos propios da Xunta de Galicia.

2. O importe global do plan distribúese entre todos os concellos que cumpran os requisitos establecidos neste plan de mellora de camiños rurais, en aplicación dos criterios de natureza socioeconómica establecidos no anexo II da Resolución do 28 de febreiro de 2023, para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos beneficiarios.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación. Para estes efectos, enténdese por rede viaria as propias vías do asentamento, as vías que conecten entidades de poboación entre si ou coa rede viaria principal.

Son actuacións de ampliación, mellora ou mantemento as seguintes:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incidan na mellora da seguranza viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou empalmes. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

c) Mantemento: tanto do firme existente, como das súas marxes (limpeza e perfilado de noiros e cunetas), reforzos dos terrapléns.

2. Cada concello poderá presentar ata un máximo de tres proxectos.

Cada proxecto poderá comprender un máximo de tres actuacións. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física.

3. Todos os proxectos que se presenten deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

Os solicitantes poderán iniciar a execución dos proxectos antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non están iniciados na data de solicitude da axuda mediante acta que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, na forma establecida no artigo 9.1.e) destas normas.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.

d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se concedeu a axuda.

g) Cada proxecto deberá integrar o seguinte contido mínimo:

1º. Identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas. Deberán identificarse as entidades singulares de poboación a que dan acceso ou servizo as citadas actuacións.

2º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.

3º. No caso de actuacións que rematen no límite do territorio municipal, deberá acreditarse a continuidade en termos de material e estado da capa de rodaxe no tramo do camiño que discorre polo concello limítrofe.

4º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader.xunta.gal).

5º. Planos de localización e de detalle necesarios, indicando o trazado exacto das actuacións, a súa lonxitude e largura, e os puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados.

6º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.

7º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións (excluído o IVE).

Os custos do control de calidade non deberán integrarse no orzamento do proxecto. En caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas.

h) As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que estarán publicadas na ligazón http://www.epseaga.com/?q=gl/node/8 e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, agader.xunta.gal, en formato .bc3.

As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que as conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:

Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.

Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere o das citadas tarifas.

Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.

4. Non serán subvencionables:

a) As actuacións consistentes unicamente no arranxo de fochas.

As actuacións que consistan en arranxo de fochas deberán incluír necesariamente tratamentos superficiais cunha lonxitude mínima de 100 metros e abranguer a totalidade da plataforma do camiño.

b) Unha vez presentada a solicitude de axuda non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das recollidas inicialmente no/nos proxecto/s de obra.

c) Non se subvencionará ningún investimento que incida sobre as actuacións subvencionadas nos plans de mellora de camiños de titularidade municipal xestionados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ou en procesos de reestruturación parcelaria nos últimos 5 anos. Neste caso excluirase da actuación proposta a parte proporcional do orzamento que incumpra este requisito.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, son subvencionables os investimentos necesarios para as obras de mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente. En particular:

a) Obra civil vinculada á execución do/dos proxecto/s.

b) Servizo de control da calidade das obras contratadas.

2. Non serán subvencionables en ningún caso:

a) As partidas a tanto global.

b) O imposto do valor engadido (IVE).

c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.

d) Os gastos de redacción de proxecto nin os de estudos necesarios para a súa redacción.

e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.

f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.

g) O panel de obra.

Artigo 6. Intensidade da axuda

A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables. A porcentaxe de axuda calcularase sobre o importe dos gastos subvencionables ata o límite do importe asignado a cada concello.

O importe máximo de axuda que corresponde a cada beneficiario é o indicado no anexo II da Resolución do 28 de febreiro de 2023.

Artigo 7. Compatibilidade e acumulación de axudas

1. Unha operación poderá recibir axuda de un ou de varios fondos ou de un ou de varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

2. Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo III) e na solicitude de pagamento (anexo V).

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. Cada concello presentará unha única solicitude de axuda.

2. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

3. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.

Dentro do prazo establecido os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o cal se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a entidade solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

4. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:

a) No caso de que xa estivese dado de alta na aplicación informática habilitada para a xestión das axudas concedidas ao abeiro das convocatorias de mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022 e/ou 2022-2023, deberá acceder co nome de usuario e contrasinal xa rexistrados para estas convocatorias.

Noutro caso, deberá darse de alta na citada aplicación informática. O nome de usuario será sempre o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.

Na aplicación está dispoñible un servizo de recuperación de contrasinais.

b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 deste plan.

c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación, e xerará de forma automática o anexo III (solicitude de axuda). A publicación no DOG deste anexo ten carácter puramente informativo.

5. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

6. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 73 69, e o enderezo de correo electrónico subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Xunto co formulario normalizado de solicitude de axuda (anexo III), que a aplicación informática xerará de forma automática, os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:

a) Proxecto/s de obra, nos termos previstos no artigo 4.3 destas normas.

b) Certificación expedida pola persoa titular da secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da secretaría ou da intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, indicando:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no/nos proxecto/s nos últimos 5 anos, sinalando, de ser o caso, a natureza das obras, ano e orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.

2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

3º. Se o/os proxecto/s cumpre/n coa lexislación urbanística e sectorial, así como co planeamento en vigor.

4º. Se para a execución do/dos proxecto/s resultan necesarios permisos e/ou autorizacións sectoriais, con indicación daqueles que se deben incorporar ao expediente.

e) Acta asinada por técnico/a municipal, que teña a condición de empregado público, ou pola persoa titular da secretaría municipal, que reflicta fidedignamente o non inicio do proxecto para o que se pide a axuda. Para estes efectos, estará dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda un modelo normalizado de acta.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que o/os proxecto/s de obra supere/n o tamaño máximo establecido ou teñan un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que os concellos interesados se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Criterios de selección de operacións

En aplicación do artigo 79 do Regulamento (UE) nº 2021/2015 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, aplicaranse os seguintes criterios para a selección das actuacións proxectadas:

a) En función do número de habitantes da entidade de poboación a que dá acceso a actuación, ata un máximo de 20 puntos.

Entidades de poboación deshabitadas

0 puntos

Entidades de poboación de entre 1 e 15 habitantes

10 puntos

Entidades de poboación de entre 15 e 30 habitantes

15 puntos

Entidades de poboación de máis de 30 habitantes

20 puntos

b) Proxectos que se desenvolvan en zonas de montaña, segundo a definición que resulta da medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020: 15 puntos.

c) Criterios en función da calidade técnica do proxecto e as características da actuación: ata un máximo de 50 puntos.

A actuación proposta dá acceso a unha entidade de poboación en que se localice algún elemento patrimonial ou turístico catalogado: 15 puntos.

A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa seguridade viaria: beirarrúas, sinalización vertical, horizontal, bandas redutoras de velocidade ou barreiras de seguridade: 20 puntos.

A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa mellora da drenaxe do camiño: execución de gabias de formigón, pasos salvafoxos, recollida de pluviais ou canalizacións: 15 puntos.

d) O camiño onde se proxecta a actuación conecta directamente con outra estrada: ata un máximo 15 puntos.

Con outro camiño da rede municipal: 0 puntos.

Cunha estrada da rede provincial: 5 puntos.

Cunha estrada da rede autonómica: 10 puntos.

Cunha estrada da rede nacional: 15 puntos.

En caso de empate na puntuación, priorizarase segundo a puntuación obtida no criterio a); de persistir o empate utilizarase para priorizar a puntuación obtida no criterio b).

Excluiranse as actuacións que obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos previstos para a Intervención 6872 do PEPAC.

Artigo 12. Procedemento de xestión das axudas

1. Compete á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural o estudo e a análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda, sen prexuízo, de ser o caso, da coordinación coa Consellería do Medio Rural, que habilitará o persoal técnico necesario para prestar asesoramento, colaboración e asistencia técnica en todo o relacionado coas especificidades técnicas propias destas actuacións.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requiriralle á entidade interesada que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

3. As notificacións do requirimento de emenda efectuaranse por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 13 deste plan.

4. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica a través da aplicación informática habilitada para a xestión destas axudas, accesible no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

5. Co fin de completar a instrución do procedemento, o órgano instrutor poderá requirirlle á entidade solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

6. Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación informática habilitada para a xestión das axudas, accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

7. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural resolverá motivadamente, por delegación do Consello de Dirección da Axencia, a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de 5 meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa. A notificación practicarase por medios electrónicos.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015.

2. A notificación practicarase do seguinte xeito:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude de axuda un aviso no cal se lle indica a posta á súa disposición da notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Execución das actuacións subvencionadas

1. Os concellos deberán licitar os proxectos nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP), e na demais normativa que rexe a contratación para as entidades públicas locais.

2. No caso da contratación mediante o procedemento de contrato menor, deberá terse en conta que:

a) Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas.

b) As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.

c) As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes, con referencia cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.

3. No caso de que se contemplen melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da LCSP. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se pague equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.

4. Calquera modificación do/dos proxecto/s de obra deberá ser comunicada á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e, en calquera caso, deberase tramitar o correspondente modificado nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.

5. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas reguladoras. Os concellos tramitarán un único procedemento para a contratación do servizo de control de calidade, comprensivo de todas as obras executadas ao abeiro do/dos proxecto/s aprobado/s.

No caso de que o concello opte por procedemento de contrato menor deberá solicitar igualmente tres ofertas, tal e como se indica no número 2 deste artigo.

O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se pague equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.

A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP.

Este control deberá abarcar, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Control da calidade dos materiais empregados.

b) Control da calidade dos métodos de execución.

c) Control da calidade das obras rematadas.

O informe resultante do control de calidade deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación das obras executada ao/aos proxecto/s aprobado/s. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen certifique, con base nos resultados do control, a adecuación da obra executada ao/aos proxecto/s.

Artigo 15. Xustificación dos investimentos

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2023 será o 16 de outubro de 2023.

Para a anualidade 2024, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 31 de maio de 2024. A esta xustificación poderán imputarse, igualmente, os gastos executados desde a finalización do prazo de xustificación correspondente á anualidade 2023.

Antes do remate do prazo de execución e xustificación dos investimentos correspondentes á anualidade 2024, os concellos poderán solicitar, excepcionalmente, unha ampliación do citado prazo nos termos previstos no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da LSG en relación co artigo 32 da Lei 39/2015, e, en calquera caso, co cumprimento das seguintes condicións:

Que a solicitude para a ampliación do referido prazo estea debidamente motivada.

Que o concello acredite que as obras están adxudicadas segundo os procedementos previstos na LCSP.

Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate.

2. A presentación da solicitude de pagamento (anexo V), que a aplicación informática xerará de forma automática, realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos, dentro dos prazos de execución e xustificación referidos no parágrafo anterior.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante, RLSG), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porállelos no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días hábiles para a súa corrección.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado esta, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda.

Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 13 destas normas.

3. Xunto coa solicitude de pagamento (parcial e final), deberán presentar a seguinte documentación:

a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.

b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do cartel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade, nos termos previstos no número 8 do artigo 18 deste plan.

c) Facturas rexistradas no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria), que deberá identificar o número de factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, entidade que realiza o pagamento e o destinatario.

Os xustificantes de pagamento tramitados a través da banca electrónica deberán vir validados co selo da entidade bancaria correspondente.

e) Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.

f) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, co seguinte contido:

1º. O cumprimento da finalidade da subvención.

2º. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación da entidade acredora, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

g) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e a súa procedencia. Esta relación xa está incluída no anexo V.

h) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, relativa aos seguintes aspectos:

1º. O acordo de aprobación do/dos proxecto/s técnico/s das obras por parte do órgano municipal competente.

2º. A aprobación da/das correspondente/s certificación/s de obra por parte do órgano municipal competente.

i) Certificación ou informe da persoa titular da secretaría ou da intervención da entidade local ou, de ser o caso, do/da empregado/a público/a que, de acordo coa estrutura organizativa do concello, teña atribuídas as competencias en materia de contratación pública, acreditativo de que o procedemento de contratación se tramitou nos termos previstos na normativa de contratación do sector público, así como dos seguintes aspectos:

– Procedemento seguido para a contratación das obras subvencionadas.

– Criterios de valoración incluídos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A este informe ou certificación xuntaráselle a listaxe de comprobacións para operacións de investimento público, que poderá descargarse da páxina web da Agader, http://agader.xunta.gal

j) No caso de que o concello optase por tramitar contratos menores, ben para obra ou ben para o servizo de control de calidade, tres ofertas solicitadas segundo o exposto no artigo 14.2 deste plan.

4. A maiores da documentación referida no número 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento final, deberán xuntar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, copia dos permisos e autorizacións legalmente exixidos para levar a cabo as obras, segundo o referido no informe técnico municipal que se presentou xunto coa solicitude de axuda.

b) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 14.5) deste plan. Deberanse incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao/aos proxecto/s aprobado/s, asinadas polo/a director/a de obra ou polo responsable do control.

Artigo 16. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Aplicarase o réxime de controis que resulte da aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, dos seus actos de execución e/ou delegados, así como das disposicións regulamentarias que diten as autoridades nacionais.

2. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

– A operación finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

– Os custos contraídos e os gastos realizados.

– A verificación da moderación dos custos xustificados.

Todas as operacións de investimento incluirán, polo menos, unha visita in situ ao lugar da operación para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento.

3. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

No control administrativo da solicitude de pagamento determinarase:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e da decisión de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado axustarase ao límite concedido.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo. A cantidade que se pagará ao beneficiario será a definida no importe b).

Cando o importe a) supere o importe b) en máis dun 10 %, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes; non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.

4. No caso de incumprimentos de normas relacionadas coa contratación pública, tomaranse como referencia as porcentaxes indicadas no anexo da Decisión da Comisión, do 19 de decembro de 2013, relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, no caso de incumprimento de normas en materia de contratación pública.

Artigo 17. Réxime de pagamentos

Con cargo á anualidade 2023 tramitarase un pagamento á conta, sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.

Ao abeiro do artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de pagamentos á conta, os concellos beneficiarios das axudas están exentos da constitución de garantías.

Na anualidade 2024 non se concederán pagamentos á conta, de xeito que se practicará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.

Artigo 18. Obrigas dos concellos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da LSG, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o/s proxecto/s, e manter a obriga do destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras deberán ter unha garantía de mantemento de cinco anos, contados desde a data de pagamento final da axuda, e serán por conta do concello os custos necesarios para a súa xustificación. O concello debe asumir todas cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas polas obras, nos termos previstos na LCSP.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do/dos proxecto/s completo/s que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do/dos proxecto/s presentado/s xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na LCSP e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da LSG. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

8. Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto en que se destacará a axuda financeira da Unión no marco do Plan estratéxico da PAC, con inclusión da bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a inclusión do lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural facilitará a través da súa páxina web o modelo, formato e dimensións dos carteis informativos.

No caso de que o concello teña páxina web, incluíra unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas na normativa comunitaria e estatal que resulte de aplicación á xestión destas axudas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo. Así mesmo, achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Ademais, deberán proporcionarlles á Autoridade de Xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.

10. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta convocatoria de axudas.

11. Cando o concello beneficiario non poida executar o expediente subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo IV, e que xerará de forma automática a aplicación informática que xestiona estas axudas.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

En todo caso, a modificación da resolución de concesión tramitarase nos termos previstos no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Reintegro das axudas, infraccións e sancións

1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto, se é o caso, cos xuros de demora, nos supostos sinalados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular, procederá o reintegro total ou parcial da axuda percibida no caso de incumprimento da obriga de xustificación ou doutras obrigas derivadas da concesión da subvención.

Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben ou da actividade subvencionada, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, e na normativa comunitaria aplicable, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 22. Remisión normativa

Para todo o non disposto nestas normas de xestión, observarase o disposto na seguinte normativa:

a) Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

b) Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

c) Normativa comunitaria:

Decisión de execución da Comisión, do 31 de agosto de 2022, pola que se aproba o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2023ES06AFSP001).

Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013

ANEXO II

Criterios socioeconómicos

Criterios socioeconómicos para determinar o importe máximo de axuda de cada concello.

Os fondos asígnanse para todos os concellos partindo de cantidades fixas que se modulan empregando criterios de despoboamento, envellecemento, superficie do concello e un coeficiente de agrariedade, onde se empregan datos de carácter socioeconómico vinculados á actividade agraria, que é a actividade que se prima desde a PAC, e que debe ser o eixe principal da actividade económica no rural.

Os criterios socioeconómicos consensuáronse previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Asignación total: 17.999.842,00 €.

Este orzamento distribúese do seguinte xeito:

Asignación fixa por concello: 23.375 €.

Asignación por habitante (*): 10 €.

(*) Habitantes: máximo por concello: 22.000 €.

(*) Habitantes: mínimo por concello: 12.500 €.

Asignación por entidade de poboación: 80 €.

Esta asignación corrixirase cos seguintes coeficientes:

Superficie do concello, S < 50 km2: decrecemento 10 %.

Superficie do concello, 50 < S < 100 km2: sen variación.

Superficie do concello, 100 < S < 200 km2: incremento 10 %.

Superficie do concello, S > 200 km2: incremento 20 %.

Agrariedade, A < 90 %: decrecemento 10 %.

Agrariedade, 90 % < A < 110 %: sen variación.

Agrariedade, A > 110 %: incremento 10 %.

Grao de despoboamento > 20 %: incremento 10 %.

Grao de envellecemento > 33 %: incremento 10 %.

Despoboamento: evolución demográfica. Prímanse os concellos con demografía negativa (habitantes 1999-habitantes 2021/habitantes 2021).

Envellecemento: distribución en función da porcentaxe de maiores de 65 anos. Prímanse os máis envellecidos (datos 2021).

O coeficiente de agrariedade calcúlase do seguinte xeito:

A = 0,14S + 0,65 Ex + 0,60Eb + 0,10 Rea + 0,05M

S = % superficie total explotacións/superficie total concello.

Ex = % explotacións con SAU/poboación rural.

Eb = % explotacións bovino/poboación rural.

Rea = traballadores afiliados REA/poboación rural.

M = maquinaria en propiedade/poboación rural.

Datos utilizados:

Entidades singulares de poboación: IGE 2021.

Superficie dos concellos: IGE 2021.

Poboación total concellos: IGE 2021.

Despoboamento: IGE 1999 e 2021.

Envellecemento: IGE 2021.

En aplicación do Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, a asignación resultante, logo da aplicación dos criterios de repartición, para os concellos resultantes dun proceso de fusión municipal, incrementarase nun 50 %.

Logo da aplicación dos referidos criterios, os importes máximos para cada concello son os que a continuación se refiren:

Código

Concello

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

15001

Abegondo

21.358 €

40.171 €

61.529 €

15002

Ames

17.025 €

32.021 €

49.046 €

15003

Aranga

26.887 €

50.571 €

77.458 €

15004

Ares

13.590 €

25.561 €

39.151 €

15005

Arteixo

17.000 €

31.974 €

48.974 €

15006

Arzúa

27.324 €

51.393 €

78.717 €

15007

Baña, A

24.771 €

46.591 €

71.362 €

15008

Bergondo

14.468 €

27.211 €

41.679 €

15009

Betanzos

13.680 €

25.731 €

39.411 €

15010

Boimorto

24.027 €

45.192 €

69.219 €

15011

Boiro

16.975 €

31.927 €

48.902 €

15012

Boqueixón

18.639 €

35.058 €

53.697 €

15013

Brión

20.564 €

38.677 €

59.241 €

15014

Cabana de Bergantiños

28.956 €

54.461 €

83.417 €

15015

Cabanas

14.040 €

26.407 €

40.447 €

15016

Camariñas

16.308 €

30.672 €

46.980 €

15017

Cambre

15.300 €

28.776 €

44.076 €

15018

Capela, A

18.227 €

34.281 €

52.508 €

15019

Carballo

29.071 €

54.679 €

83.750 €

15020

Carnota

18.695 €

35.161 €

53.856 €

15021

Carral

15.592 €

29.327 €

44.919 €

15022

Cedeira

20.194 €

37.981 €

58.175 €

15023

Cee

15.400 €

28.966 €

44.366 €

15024

Cerceda

20.805 €

39.132 €

59.937 €

15025

Cerdido

20.012 €

37.640 €

57.652 €

15902

Oza-Cesuras

48.245 €

90.741 €

138.986 €

15027

Coirós

12.536 €

23.578 €

36.114 €

15028

Corcubión

11.245 €

21.151 €

32.396 €

15029

Coristanco

28.793 €

54.156 €

82.949 €

15030

Coruña, A

13.748 €

25.857 €

39.605 €

15031

Culleredo

15.475 €

29.107 €

44.582 €

15032

Curtis

23.830 €

44.819 €

68.649 €

15033

Dodro

13.343 €

25.096 €

38.439 €

15034

Dumbría

25.988 €

48.879 €

74.867 €

15035

Fene

15.795 €

29.707 €

45.502 €

15036

Ferrol

17.188 €

32.327 €

49.515 €

15037

Fisterra

13.298 €

25.011 €

38.309 €

15038

Frades

21.646 €

40.711 €

62.357 €

15039

Irixoa

21.389 €

40.230 €

61.619 €

15040

Laxe

16.665 €

31.345 €

48.010 €

15041

Laracha, A

27.391 €

51.519 €

78.910 €

15042

Lousame

21.579 €

40.585 €

62.164 €

15043

Malpica

21.141 €

39.764 €

60.905 €

15044

Mañón

20.544 €

38.639 €

59.183 €

15045

Mazaricos

26.964 €

50.714 €

77.678 €

15046

Melide

25.409 €

47.790 €

73.199 €

15047

Mesía

29.403 €

55.303 €

84.706 €

15048

Miño

13.973 €

26.280 €

40.253 €

15049

Moeche

19.009 €

35.753 €

54.762 €

15050

Monfero

29.342 €

55.188 €

84.530 €

15051

Mugardos

13.096 €

24.630 €

37.726 €

15052

Muxía

27.208 €

51.173 €

78.381 €

15053

Muros

17.270 €

32.482 €

49.752 €

15054

Narón

18.749 €

35.265 €

54.014 €

15055

Neda

14.737 €

27.719 €

42.456 €

15056

Negreira

22.049 €

41.470 €

63.519 €

15057

Noia

15.143 €

28.480 €

43.623 €

15058

Oleiros

14.693 €

27.634 €

42.327 €

15059

Ordes

26.619 €

50.065 €

76.684 €

15060

Oroso

18.578 €

34.943 €

53.521 €

15061

Ortigueira

39.350 €

74.011 €

113.361 €

15062

Outes

24.199 €

45.515 €

69.714 €

15064

Paderne

18.967 €

35.674 €

54.641 €

15065

Padrón

14.445 €

27.169 €

41.614 €

15066

Pino, O

21.814 €

41.027 €

62.841 €

15067

Pobra do Caramiñal, A

15.030 €

28.269 €

43.299 €

15068

Ponteceso

21.511 €

40.459 €

61.970 €

15069

Pontedeume

14.468 €

27.211 €

41.679 €

15070

Pontes de García Rodríguez, As

24.598 €

46.266 €

70.864 €

15071

Porto do Son

17.825 €

33.525 €

51.350 €

15072

Rianxo

16.400 €

30.846 €

47.246 €

15073

Ribeira

16.075 €

30.235 €

46.310 €

15074

Rois

20.686 €

38.907 €

59.593 €

15075

Sada

14.288 €

26.872 €

41.160 €

15076

San Sadurniño

25.275 €

47.537 €

72.812 €

15077

Santa Comba

25.739 €

48.412 €

74.151 €

15078

Santiago de Compostela

24.029 €

45.194 €

69.223 €

15079

Santiso

21.560 €

40.551 €

62.111 €

15080

Sobrado

27.462 €

51.651 €

79.113 €

15081

Somozas, As

20.108 €

37.821 €

57.929 €

15082

Teo

17.650 €

33.196 €

50.846 €

15083

Toques

19.902 €

37.431 €

57.333 €

15084

Tordoia

25.663 €

48.267 €

73.930 €

15085

Touro

28.712 €

54.002 €

82.714 €

15086

Trazo

25.988 €

48.879 €

74.867 €

15087

Valdoviño

19.324 €

36.346 €

55.670 €

15088

Val do Dubra

27.086 €

50.943 €

78.029 €

15089

Vedra

19.389 €

36.466 €

55.855 €

15090

Vilasantar

20.345 €

38.266 €

58.611 €

15091

Vilarmaior

14.913 €

28.048 €

42.961 €

15092

Vimianzo

27.411 €

51.555 €

78.966 €

15093

Zas

27.045 €

50.867 €

77.912 €

15901

Cariño

17.451 €

32.823 €

50.274 €

27001

Abadín

31.070 €

58.438 €

89.508 €

27002

Alfoz

23.894 €

44.939 €

68.833 €

27003

Antas de Ulla

25.983 €

48.869 €

74.852 €

27004

Baleira

23.071 €

43.392 €

66.463 €

27005

Barreiros

20.136 €

37.873 €

58.009 €

27006

Becerreá

27.736 €

52.167 €

79.903 €

27007

Begonte

27.248 €

51.250 €

78.498 €

27008

Bóveda

19.407 €

36.502 €

55.909 €

27009

Carballedo

30.476 €

57.319 €

87.795 €

27010

Castro de Rei

27.425 €

51.582 €

79.007 €

27011

Castroverde

27.818 €

52.320 €

80.138 €

27012

Cervantes

26.222 €

49.318 €

75.540 €

27013

Cervo

15.800 €

29.718 €

45.518 €

27014

Corgo, O

30.094 €

56.603 €

86.697 €

27015

Cospeito

31.558 €

59.355 €

90.913 €

27016

Chantada

28.299 €

53.225 €

81.524 €

27017

Folgoso do Courel

20.144 €

37.886 €

58.030 €

27018

Fonsagrada, A

37.487 €

70.508 €

107.995 €

27019

Foz

17.243 €

32.430 €

49.673 €

27020

Friol

38.596 €

72.593 €

111.189 €

27021

Xermade

23.964 €

45.073 €

69.037 €

27022

Guitiriz

32.154 €

60.477 €

92.631 €

27023

Guntín

29.200 €

54.920 €

84.120 €

27024

Incio, O

24.692 €

46.441 €

71.133 €

27025

Xove

17.972 €

33.803 €

51.775 €

27026

Láncara

29.159 €

54.844 €

84.003 €

27027

Lourenzá

23.926 €

45.000 €

68.926 €

27028

Lugo

34.134 €

64.199 €

98.333 €

27029

Meira

15.054 €

28.313 €

43.367 €

27030

Mondoñedo

27.248 €

51.250 €

78.498 €

27031

Monforte de Lemos

26.451 €

49.749 €

76.200 €

27032

Monterroso

22.923 €

43.113 €

66.036 €

27033

Muras

23.524 €

44.244 €

67.768 €

27034

Navia de Suarna

20.177 €

37.949 €

58.126 €

27035

Negueira de Muñiz

14.615 €

27.488 €

42.103 €

27037

Nogais, As

16.883 €

31.753 €

48.636 €

27038

Ourol

27.543 €

51.804 €

79.347 €

27039

Outeiro de Rei

24.535 €

46.147 €

70.682 €

27040

Palas de Rei

29.071 €

54.679 €

83.750 €

27041

Pantón

31.273 €

58.820 €

90.093 €

27042

Paradela

21.793 €

40.988 €

62.781 €

27043

Páramo, O

17.062 €

32.092 €

49.154 €

27044

Pastoriza, A

24.972 €

46.969 €

71.941 €

27045

Pedrafita do Cebreiro

18.534 €

34.859 €

53.393 €

27046

Pol

22.452 €

42.228 €

64.680 €

27047

Pobra do Brollón, A

19.525 €

36.722 €

56.247 €

27048

Pontenova, A

21.309 €

40.080 €

61.389 €

27049

Portomarín

19.016 €

35.767 €

54.783 €

27050

Quiroga

20.580 €

38.707 €

59.287 €

27051

Ribadeo

23.359 €

43.933 €

67.292 €

27052

Ribas de Sil

12.333 €

23.195 €

35.528 €

27053

Ribeira de Piquín

14.859 €

27.948 €

42.807 €

27054

Riotorto

15.653 €

29.442 €

45.095 €

27055

Samos

18.798 €

35.356 €

54.154 €

27056

Rábade

13.165 €

24.760 €

37.925 €

27057

Sarria

33.753 €

63.485 €

97.238 €

27058

Saviñao, O

30.537 €

57.435 €

87.972 €

27059

Sober

26.014 €

48.927 €

74.941 €

27060

Taboada

25.241 €

47.474 €

72.715 €

27061

Trabada

19.167 €

36.051 €

55.218 €

27062

Triacastela

14.584 €

27.431 €

42.015 €

27063

Valadouro, O

24.166 €

45.451 €

69.617 €

27064

Vicedo, O

17.115 €

32.190 €

49.305 €

27065

Vilalba

40.145 €

75.507 €

115.652 €

27066

Viveiro

23.745 €

44.661 €

68.406 €

27901

Baralla

27.126 €

51.020 €

78.146 €

27902

Burela

12.781 €

24.038 €

36.819 €

32001

Allariz

16.325 €

30.705 €

47.030 €

32002

Amoeiro

14.875 €

27.978 €

42.853 €

32003

Arnoia, A

12.749 €

23.980 €

36.729 €

32004

Avión

14.995 €

28.204 €

43.199 €

32005

Baltar

14.157 €

26.626 €

40.783 €

32006

Bande

16.051 €

30.188 €

46.239 €

32007

Baños de Molgas

17.626 €

33.152 €

50.778 €

32008

Barbadás

16.063 €

30.212 €

46.275 €

32009

Barco de Valdeorras, O

18.150 €

34.138 €

52.288 €

32010

Beade

12.384 €

23.291 €

35.675 €

32011

Beariz

14.106 €

26.530 €

40.636 €

32012

Blancos, Os

12.878 €

24.222 €

37.100 €

32013

Boborás

19.300 €

36.299 €

55.599 €

32014

Bola, A

15.708 €

29.545 €

45.253 €

32015

Bolo, O

14.554 €

27.373 €

41.927 €

32016

Calvos de Randín

14.248 €

26.799 €

41.047 €

32017

Carballeda de Valdeorras

14.866 €

27.961 €

42.827 €

32018

Carballeda de Avia

11.615 €

21.847 €

33.462 €

32019

Carballiño, O

16.400 €

30.846 €

47.246 €

32020

Cartelle

15.400 €

28.966 €

44.366 €

32021

Castrelo do Val

15.606 €

29.352 €

44.958 €

32022

Castrelo de Miño

13.755 €

25.870 €

39.625 €

32023

Castro Caldelas

16.600 €

31.223 €

47.823 €

32024

Celanova

17.500 €

32.914 €

50.414 €

32025

Cenlle

14.378 €

27.042 €

41.420 €

32026

Coles

16.013 €

30.119 €

46.132 €

32027

Cortegada

11.009 €

20.707 €

31.716 €

32028

Cualedro

17.374 €

32.678 €

50.052 €

32029

Chandrexa de Queixa

19.655 €

36.969 €

56.624 €

32030

Entrimo

11.608 €

21.832 €

33.440 €

32031

Esgos

12.036 €

22.637 €

34.673 €

32032

Xinzo de Limia

24.443 €

45.973 €

70.416 €

32033

Gomesende

11.616 €

21.849 €

33.465 €

32034

Gudiña, A

12.768 €

24.015 €

36.783 €

32035

Irixo, O

19.197 €

36.106 €

55.303 €

32036

Xunqueira de Ambía

16.866 €

31.722 €

48.588 €

32037

Xunqueira de Espadanedo

14.166 €

26.644 €

40.810 €

32038

Larouco

12.466 €

23.446 €

35.912 €

32039

Laza

15.710 €

29.548 €

45.258 €

32040

Leiro

11.650 €

21.912 €

33.562 €

32041

Lobeira

14.493 €

27.258 €

41.751 €

32042

Lobios

14.933 €

28.087 €

43.020 €

32043

Maceda

21.007 €

39.511 €

60.518 €

32044

Manzaneda

16.043 €

30.173 €

46.216 €

32045

Maside

17.288 €

32.516 €

49.804 €

32046

Melón

15.908 €

29.921 €

45.829 €

32047

Merca, A

15.933 €

29.968 €

45.901 €

32048

Mezquita, A

15.404 €

28.973 €

44.377 €

32049

Montederramo

21.648 €

40.715 €

62.363 €

32050

Monterrei

21.592 €

40.612 €

62.204 €

32051

Muíños

18.705 €

35.181 €

53.886 €

32052

Nogueira de Ramuín

15.535 €

29.218 €

44.753 €

32053

Oímbra

17.349 €

32.630 €

49.979 €

32054

Ourense

17.750 €

33.384 €

51.134 €

32055

Paderne de Allariz

12.692 €

23.871 €

36.563 €

32056

Padrenda

13.367 €

25.140 €

38.507 €

32057

Parada de Sil

18.201 €

34.234 €

52.435 €

32058

Pereiro de Aguiar, O

15.725 €

29.577 €

45.302 €

32059

Peroxa, A

21.688 €

40.790 €

62.478 €

32060

Petín

12.559 €

23.621 €

36.180 €

32061

Piñor

18.756 €

35.276 €

54.032 €

32062

Porqueira

15.916 €

29.934 €

45.850 €

32063

Pobra de Trives, A

20.886 €

39.282 €

60.168 €

32064

Pontedeva

12.450 €

23.417 €

35.867 €

32065

Punxín

13.153 €

24.739 €

37.892 €

32066

Quintela de Leirado

14.468 €

27.213 €

41.681 €

32067

Rairiz de Veiga

16.580 €

31.185 €

47.765 €

32068

Ramirás

15.529 €

29.208 €

44.737 €

32069

Ribadavia

13.118 €

24.673 €

37.791 €

32070

San Xoán de Río

17.051 €

32.069 €

49.120 €

32071

Riós

20.718 €

38.966 €

59.684 €

32072

Rúa, A

12.848 €

24.165 €

37.013 €

32073

Rubiá

19.676 €

37.007 €

56.683 €

32074

San Amaro

17.246 €

32.437 €

49.683 €

32075

San Cibrao das Viñas

13.658 €

25.688 €

39.346 €

32076

San Cristovo de Cea

19.464 €

36.609 €

56.073 €

32077

Sandiás

17.240 €

32.426 €

49.666 €

32078

Sarreaus

17.388 €

32.704 €

50.092 €

32079

Taboadela

14.008 €

26.348 €

40.356 €

32080

Teixeira, A

13.016 €

24.480 €

37.496 €

32081

Toén

17.908 €

33.683 €

51.591 €

32082

Trasmiras

14.351 €

26.993 €

41.344 €

32083

Veiga, A

21.221 €

39.912 €

61.133 €

32084

Verea

18.053 €

33.956 €

52.009 €

32085

Verín

16.088 €

30.259 €

46.347 €

32086

Viana do Bolo

24.967 €

46.958 €

71.925 €

32087

Vilamarín

16.646 €

31.309 €

47.955 €

32088

Vilamartín de Valdeorras

13.417 €

25.234 €

38.651 €

32089

Vilar de Barrio

18.964 €

35.669 €

54.633 €

32090

Vilar de Santos

12.659 €

23.808 €

36.467 €

32091

Vilardevós

18.273 €

34.368 €

52.641 €

32092

Vilariño de Conso

20.644 €

38.828 €

59.472 €

36001

Arbo

15.862 €

29.834 €

45.696 €

36002

Barro

16.444 €

30.929 €

47.373 €

36003

Baiona

15.172 €

28.536 €

43.708 €

36004

Bueu

16.907 €

31.799 €

48.706 €

36005

Caldas de Reis

19.360 €

36.413 €

55.773 €

36006

Cambados

16.961 €

31.902 €

48.863 €

36007

Campo Lameiro

16.551 €

31.131 €

47.682 €

36008

Cangas

16.771 €

31.543 €

48.314 €

36009

Cañiza, A

30.685 €

57.713 €

88.398 €

36010

Catoira

16.227 €

30.519 €

46.746 €

36902

Cerdedo-Cotobade

40.999 €

77.113 €

118.112 €

36013

Covelo

26.964 €

50.714 €

77.678 €

36014

Crecente

16.728 €

31.463 €

48.191 €

36015

Cuntis

19.617 €

36.896 €

56.513 €

36016

Dozón

18.608 €

34.998 €

53.606 €

36017

Estrada, A

48.931 €

92.030 €

140.961 €

36018

Forcarei

27.330 €

51.402 €

78.732 €

36019

Fornelos de Montes

15.588 €

29.317 €

44.905 €

36020

Agolada

28.712 €

54.002 €

82.714 €

36021

Gondomar

18.100 €

34.042 €

52.142 €

36022

Grove, O

16.308 €

30.673 €

46.981 €

36023

Guarda, A

16.417 €

30.878 €

47.295 €

36024

Lalín

40.016 €

75.262 €

115.278 €

36025

Lama, A

22.760 €

42.807 €

65.567 €

36026

Marín

15.988 €

30.072 €

46.060 €

36027

Meaño

17.043 €

32.055 €

49.098 €

36028

Meis

20.228 €

38.045 €

58.273 €

36029

Moaña

13.478 €

25.349 €

38.827 €

36030

Mondariz

19.118 €

35.958 €

55.076 €

36031

Mondariz-Balneario

10.154 €

19.099 €

29.253 €

36032

Moraña

14.423 €

27.126 €

41.549 €

36033

Mos

17.710 €

33.310 €

51.020 €

36034

Neves, As

20.789 €

39.101 €

59.890 €

36035

Nigrán

17.996 €

33.846 €

51.842 €

36036

Oia

18.090 €

34.024 €

52.114 €

36037

Pazos de Borbén

16.227 €

30.519 €

46.746 €

36038

Pontevedra

25.288 €

47.562 €

72.850 €

36039

Porriño, O

21.386 €

40.224 €

61.610 €

36040

Portas

18.816 €

35.389 €

54.205 €

36041

Poio

17.234 €

32.413 €

49.647 €

36042

Ponteareas

22.659 €

42.617 €

65.276 €

36043

Ponte Caldelas

15.101 €

28.401 €

43.502 €

36044

Pontecesures

15.791 €

29.700 €

45.491 €

36045

Redondela

19.481 €

36.641 €

56.122 €

36046

Ribadumia

18.090 €

34.024 €

52.114 €

36047

Rodeiro

28.997 €

54.537 €

83.534 €

36048

Rosal, O

15.172 €

28.536 €

43.708 €

36049

Salceda de Caselas

16.335 €

30.723 €

47.058 €

36050

Salvaterra de Miño

19.149 €

36.017 €

55.166 €

36051

Sanxenxo

18.567 €

34.922 €

53.489 €

36052

Silleda

33.144 €

62.337 €

95.481 €

36053

Soutomaior

14.455 €

27.186 €

41.641 €

36054

Tomiño

23.325 €

43.871 €

67.196 €

36055

Tui

19.800 €

37.239 €

57.039 €

36056

Valga

17.016 €

32.004 €

49.020 €

36057

Vigo

29.147 €

54.820 €

83.967 €

36058

Vilaboa

17.125 €

32.208 €

49.333 €

36059

Vila de Cruces

23.796 €

44.757 €

68.553 €

36060

Vilagarcía de Arousa

18.866 €

35.485 €

54.351 €

36061

Vilanova de Arousa

15.593 €

29.327 €

44.920 €

36901

Illa de Arousa, A

15.818 €

29.752 €

45.570 €

Totais

6.248.145 €

11.751.697 €

17.999.842 €

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file