Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17497

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023 pola que se fan públicos os Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022.

No Diario Oficial de Galicia núm. 28, do pasado 9 de febreiro, publicouse a Orde do 2 de febreiro de 2023, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan os Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022.

Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas, o 7.3.2023 tivo lugar a sesión do xurado cualificador que emite o seu acordo de concesión dos Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022.

En virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar o acordo do xurado cualificador dos Premios do Deporte Galego do período 2019 a 2022.

Segundo. Esta lista expoñerase na páxina web https://deporte.xunta.gal e será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

Diego Calvo Pousa
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Categoría

Deporte

Propostas de premio

1

Mellor deportista feminina

Piragüismo e atletismo

María Teresa Portela Rivas e Ana Peleteiro Brión (ex aequo)

2

Mellor deportista feminina con discapacidade

Atletismo

Adiaratou Iglesias Forneiro

3

Mellor deportista masculino

Piragüismo

Carlos Arévalo López

4

Mellor deportista masculino con discapacidade

Tenis en cadeira de rodas

Martín de la Puente Riobó

5

Mellor deportista revelación

Piragüismo

Antía Jácome Couto

6

Mellor equipo feminino

Fútbol sala

C.D. Burela F.S.

7

Mellor equipo masculino

Tríatlon

Cidade de Lugo Fluvial

8

Mellor equipo de deportistas con discapacidade

Fútbol

C.D. Lugo e R.C. Deportivo de A Coruña (Genuine) (ex aequo)

9

Mellor entidade na promoción do deporte base

Baloncesto

Basquet Coruña

10

Mellor adestrador/a

Baloncesto

Miguel Martínez Méndez

11

Mellor xuíz/a-árbitro/a

Tenis

Manuel Franco Ojea

12

Mellor labor informativo

Varios

Galicia en Xogo Olímpico (RG)

13

Mellor evento deportivo

Loita e ciclismo

Mundiais Loita Pontevedra 2022 e O Gran Camiño (ex aequo)

14

Premio ao patrocinio deportivo

--

Recalvi

15

Premio ao xogo limpo

Balonmán

Balonmán Xiria e Bueu Atlético Balonmán (ex aequo)

Premio Galicia saudable á entidade destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa:

16

Entidade de carácter público

--

INIBIC-Sergas

17

Entidade de carácter privado

--

Fundación Abrente Equipo Enki

18

Entidade educativa

--

IES Manuel García Barros (A Estrada)