Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 18931

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 16 de marzo de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais na Cidade da Cultura de Galicia durante a folga que afectará o persoal da empresa que presta servizos de limpeza, convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para o día 22 de marzo de 2023.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no eido e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

O artigo 3 deste decreto faculta as persoas titulares das consellerías competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determine o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como a fixación do persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

A Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicou a convocatoria de folga do persoal da empresa de Limpiezas Salgado, S.L., que presta o servizo de limpeza no centro de traballo da Cidade da Cultura de Galicia, que se desenvolverá desde as 00.00 horas ata as 24.00 horas do día 22 de marzo de 2023, e afectará as quendas de mañá, tarde e noite dese día.

Así pois, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obrigan esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais que se concretan nesta orde.

Preténdese dar a coñecer máis xustificadamente, se cabe, os criterios en virtude dos cales se procedeu a identificar os servizos mínimos como esenciais e a determinar os efectivos necesarios para aseguralos á luz da presente convocatoria de folga. Todo isto observando a necesaria proporción entre o sacrificio para o dereito dos traballadores e os bens e intereses que se teñen que salvagardar.

Neste sentido, cómpre ter en conta que a especial necesidade de protección das persoas usuarias, considerando tanto os usos administrativos das distintas entidades residentes (entidades públicas integradas na Xunta de Galicia, Universidades, CSIC...) como os propiamente culturais derivados do propio complexo, que exixen unha protección axeitada ás persoas visitantes e usuarias das distintas actividades do complexo. A limpeza tense a considerar servizo esencial para a comunidade, xa que a súa interrupción afectaría dereitos fundamentais como o da saúde, de acordo cos artigos 15 e 43 da Constitución.

Para as dependencias administrativas e culturais establécense, por tanto, uns servizos mínimos, consistentes en efectuar aqueles traballos que representen un risco para a seguridade e saúde das persoas, polo que se limitarían as tarefas ás limpezas da sala de vacinación, aseos exteriores e de uso público, aseos das zonas de oficinas nos distintos edificios da Cidade da Cultura, e as dependencias situadas na Cidade da Cultura de Galicia onde se está a desenvolver o xuízo oral do procedemento abreviado 463/2021, do Xulgado do Penal núm. 2 de Santiago de Compostela.

Prevense uns servizos mínimos de 32 horas para o mércores 22 de marzo de 2023.

A determinación concreta dos efectivos estritamente necesarios para garantir esa actividade mínima nos distintos edificios do complexo será realizada en cada caso pola empresa afectada pola folga en exercicio das súas facultades de dirección. Con todo, a empresa debería deixar constancia da súa motivación.

En consecuencia, por proposta da Xerencia da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, oído o Comité de Folga e en virtude das facultades que me confire o artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma,

DISPONSE:

Artigo 1. Obxecto

A convocatoria de folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento de servizos mínimos na Cidade da Cultura de Galicia, segundo a seguinte distribución horaria para cada edificio e dependencia:

Servizo de limpeza da Cidade da Cultura de Galicia. Expediente 2018-017-SER-AH.

Proposta de servizos mínimos para o día 22 de marzo de 2023.

Áreas para limpar

Nº operarios

Horario

Carga

6:00

7:00

8:00

9:00

10:00

11:00

12:00

13:00

14:00

15:00

16:00

17:00

18:00

19:00

20:00

21:00

22:00

23:00

Traballo
(horas)

Aseos exteriores

1

 

 

 

 

3

CEM. Aseos andar 0 (cafetaría e viveiro)
Locais (218 e 220)

1

 

 

 

 

1

CEM. Aseos andar 1 (oficinas INDRA)
Locais (205a e 205b)

1

 

 

 

 

0,5

CEM. Aseos andar -1 (oficinas Agadic)
Locais (112a e 112b)

1

 

 

 

 

0,5

CEM. Aseos andar -1 (coworking)
Locais (113 e 114)

1

 

 

 

 

1,5

BAG. Aseos andar 1 (oficinas Biblioteca)
Locais (335, 337, 305 e 306)

1

 

 

 

 

1

BAG. Aseos andar -1 (ofi. Arquivo e Consello)
Locais (128, 129, 141 e 142)

1

 

 

 

 

1,5

BAG. Aseos públicos
Locais (229 e 232)

1

 

 

 

 

1,5

FONTÁN Aseos públicos
Locais (257 e 258)

1

 

 

 

 

1

CINC Aseos públicos
Locais (109 e 110)

1

 

 

 

 

1

FONTÁN. Aseos de oficinas
Locais (109, 122, 206, 226, 233,320, 326,378,344, 419, 425, 440, 460, 529, 545)

2

 

 

 

 

4

CINC.
Xuízo ALVIA

2

 

 

 

 

8

CINC. Aseos oficinas
Locais (130, 131, 146, 147, 313, 314, 332, 404, 405)

2

 

 

 

 

3

Museo. Aseos públicos
Locais (227, 228, 407, 408, 505, 507)

1

 

 

 

 

3

Museo. Aseos oficinas
Locais (311, 312, 307, 133, 135)

1

 

 

 

 

1,5

Carga de traballo total diaria (22.3.2023)

32

Artigo 2. Designación de efectivos

A actual empresa adxudicataria do servizo determinará os efectivos e designará o persoal que debe cubrir os servizos mínimos en cada centro, fixando a súa xornada e horario de traballo. Para tal efecto, a empresa elaborará un expediente de determinación de efectivos de servizos mínimos, que se exteriorizará axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario, e no cal deberá quedar constancia da xustificación e criterios ponderados para determinar os ditos efectivos.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola empresa e notificada ao persoal designado.

O persoal designado que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3. Salvagarda dos dereitos

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades