Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 18935

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

O Regulamento (UE) nº 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, supón un cambio substancial na PAC, que pasa a ser unha política orientada á consecución de resultados concretos, vinculados aos tres obxectivos xerais do artigo 5 do regulamento, isto é, fomentar un sector agrícola intelixente, competitivo, resiliente e diversificado que garanta a seguridade alimentaria a longo prazo; apoiar e reforzar a protección do ambiente, incluída a biodiversidade, e a acción polo clima e contribuír a alcanzar os obxectivos ambientais e climáticos da Unión, entre eles os compromisos contraídos en virtude do Acordo de París, e fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais.

Esta nova orientación articúlase sobre unha maior subsidiariedade aos Estados membros, que deberán ser quen, sobre a base da situación e necesidades específicas, de deseñar as súas propias intervencións. Con este novo enfoque, España, tras unha análise rigorosa da situación de partida, que permitiu identificar e priorizar as necesidades vinculadas a cada un destes obxectivos, propuxo un Plan estratéxico 2023-2027 nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, que ten como obxectivo o desenvolvemento sustentable da agricultura, a alimentación e as zonas rurais para garantir a seguridade alimentaria da sociedade a través dun sector competitivo e dun medio rural vivo.

Co fin de poder realizar unha correcta implantación e xestión do conxunto de intervencións que se inclúen no Plan estratéxico 2023-2027 nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, faise necesario dispoñer das adecuadas ferramentas xurídicas que permitan unha aplicación harmonizada de todas as medidas no territorio nacional. Para tal fin, durante os anos 2022 e 2023 veuse aprobando diversa normativa na que se establecen as regras para aplicar e as intervencións sectoriais da PAC e doutras disposicións concomitantes, composta por diversos reais decretos que regulan aspectos necesarios para a súa aplicación: normas para a aplicación das intervencións en forma de pagamentos directos, requisitos comúns e solicitude única; sistema de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade, regulación da condicionalidade reforzada e social; sistema integrado de xestión e control; e gobernanza dos fondos europeos agrícolas.

O título IV do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do Parlamento e do Consello, do 2 de decembro, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, conságrase aos sistemas de control e sancións, mantendo basicamente os principios xerais actuais. No que se refire ao sistema integrado de xestión e control, os devanditos principios xerais desenvólvense no Regulamento delegado (UE) nº 2022/1172 da Comisión, do 4 de maio de 2022, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común e a aplicación e o cálculo das sancións administrativas no marco da condicionalidade, e no Regulamento de execución (UE) nº 2022/1173, da Comisión, do 31 de maio, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común. Tamén se regulan aspectos específicos do control do cánabo e do algodón no Regulamento delegado (UE) nº 2022/126 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027 en virtude do devandito regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1 das boas condicións agrarias e ambientais (BCAM). Todo isto constitúe fundamentalmente o marco da Unión Europea con base no cal esta orde desenvolve os principios da xestión e control das intervencións do Plan estratéxico 2023-2027 e do resto de medidas financiadas con cargo aos fondos agrícolas en Galicia.

De acordo con a normativa citada nos parágrafos anteriores, para protexer os intereses financeiros do orzamento da Unión é necesario implantar sistemas para asegurarse de que as intervencións financiadas polo Feaga e o Feader se levan efectivamente a cabo e se executan correctamente, ao mesmo tempo que se mantén o sólido marco de boa xestión financeira vixente.

Procede manter os principais elementos xa existentes do sistema integrado e, en particular, as disposicións relativas a un sistema de identificación de parcelas agrícolas, un sistema de solicitudes xeoespaciais e un sistema de solicitudes baseado nos animais, un sistema de identificación e rexistro de dereitos de pagamento, un sistema de rexistro da identidade das persoas beneficiarias e un sistema de control e sanción. É necesario seguir utilizando os datos ou produtos de información proporcionados polo programa Copernicus, ademais de tecnoloxías da información tales como os sistemas Galileo e EGNOS (European Geostationary Navigation Overlay Service), co fin de garantir que se dispoña de datos exhaustivos e comparables para efectuar o seguimento da política agroambiental e climática, que inclúa as repercusións da PAC, o rendemento ambiental e o progreso cara aos obxectivos da Unión Europea, e impulsar a utilización de datos e información completos, gratuítos e abertos recompilados polos satélites Sentinel e os servizos de Copernicus. Para tal fin, o sistema integrado debe incluír tamén un sistema de monitorización de superficies.

O sistema de xestión e control, como o seu propio nome indica, debe incluír a realización de controis nos cales se avalíe o cumprimento dos criterios de subvencionabilidad e doutras condicións, así como as obrigacións que figuren nos plans estratéxicos da PAC e as normas aplicables da Unión Europea. Mantense un sistema de controis administrativos á totalidade dos expedientes, complementado cun sistema de controis por monitorización para as intervencións baseadas en superficies, e un sistema de controis sobre o terreo para as intervencións baseadas nos animais.

Os pagamentos directos permiten estabilizar a renda das persoas agricultoras e compensalas pola prestación de servizos públicos de valor incalculable como a protección do ambiente, o benestar dos animais e os alimentos seguros e de calidade. Estes servizos públicos son aínda máis importantes se se ten en conta que as normas europeas son exixentes. Isto encarece a produción de alimentos en Europa con respecto á doutros países non comunitarios que impoñen normas menos rigorosas. Sen os pagamentos directos, as persoas agricultoras europeas non poderían competir cos doutros países e, pola súa vez, atender as exixencias específicas das persoas consumidoras de Europa.

Doutra banda, os pagamentos a zonas con limitacións naturais e as axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas teñen o carácter de pagamentos compensatorios, ben pola zona en que exercen a actividade as persoas agricultoras ou ben polos custos adicionais e as perdas de ingresos derivados dos compromisos asumidos por elas en relación co sistema de produción agrícola ou gandeiro adoptado para a mellora do ambiente e do ámbito natural.

Polo tanto, os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, os pagamentos a zonas con limitacións naturais, as axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas reguladas por esta orde deben considerarse incluídas no artigo 52.d) da Ley 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, e as persoas beneficiarias non terán a obriga de achegar os xustificantes de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, que será substituída pola declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Ademais, os expedientes do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) nos que se exerza función de intermediación na xestión do Feaga serán xestionados como operacións extra orzamentarias consonte o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confiren a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

CAPÍTULO I

Obxecto e definicións

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) indicadas no artigo 2, do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), e convocar:

– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027(PEPAC), anualidade de 2023.

– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2023 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2023 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da anualidade de 2023).

2. En relación coa xestión e control das intervencións indicadas no artigo 2, é de aplicación directa o disposto na normativa indicada no anexo I.

3. Os procedementos administrativos regulados nesta orde son os seguintes:

a) MR250A. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría, e axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (solicitude única).

b) MR239K. Solicitude de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas (Sixpac).

c) MR239G. Comunicación de cesión das axudas con cesión da explotación.

d) MR239O. Recoñecemento como entidade colaboradora.

e) MR240D. Solicitude de modificación da solicitude única.

f) MR241C. Solicitude de asignación de dereitos da reserva nacional.

g) MR241D. Comunicación de cesión de dereitos.

Artigo 2. Axudas directas e axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control

1. Axudas directas á agricultura e á gandaría:

a) Axuda básica á renda para a sustentabilidade.

b) Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade.

c) Axuda complementaria á renda para persoas agricultoras mozas.

d) Réximes en favor do clima, o ambiente e o benestar animal (ecorréximes) de acordo coas seguintes prácticas:

– Pastoreo extensivo.

– Illas de biodiversidade en superficies de pastos ou sega sostible.

– Rotación de cultivos con especies mellorantes.

– Sementeira directa.

– Cuberta vexetal espontánea ou sementada.

– Cuberta inerte.

– Establecemento de illas de biodiversidade.

e) Axudas asociadas:

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de vacún de carne en extensivo.

– Axuda asociada para a engorda de tenreiros na explotación de nacemento.

– Axuda asociada para a engorda sustentable de tenreiros.

– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún de carne en extensivo e semiextensivo.

– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún en extensivo sen pastos, que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.

– Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.

– Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor ambiental.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.

2. As axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) son as seguintes:

– Medidas do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020:

a) Submedida 08.10 Prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

b) Submedida 08.20 Prima anual de mantemento asociada ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

c) Medida 13 Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, cofinanciadas nun 75 % con Feader.

• Submedida 13.10: pagamentos compensatorios en áreas de montaña.

• Submedida 13.20: pagamentos compensatorios en áreas con limitacións naturais.

– Intervencións do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

a) Intervención 65012 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65012.02: extensivos.

• Subintervención 65012.03: leñosos.

• Subintervención 65012.04: economía circular.

b) Intervención 65013 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65013.01: extensificación de prados.

• Subintervención 65013.02: extensificación pastos arbustivos e arborizados.

• Subintervención 65013.03: complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros.

c) Intervención 65014 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade.

d) Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

– Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos.

• Subintervención 65030.17: conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.

• Subintervención 65030.18: mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.

– Liña: Viñedos para vinificación ecolóxica.

• Subintervención 65030.19: conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.

• Subintervención 65030.20: mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.

– Liña: gandaría ecolóxica.

• Subintervención 65030.21: conversión de gandaría ecolóxica.

• Subintervención 65030.22: mantemento de gandaría ecolóxica.

– Liña: apicultura ecolóxica.

• Subintervención 65030.23: conversión de apicultura ecolóxica.

• Subintervención 65030.24: mantemento de apicultura ecolóxica.

e) Intervención 65051 Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIXC, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65051.01: razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.

• Subintervención 65051.02: conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

Artigo 3. Definicións

1. Ademais das definicións establecidas na normativa indicada no anexo I, serán de aplicación as seguintes definicións:

a) Razas bovinas de aptitude eminentemente leiteira: consideraranse como tales as seguintes: Angler Rotvieh (Ageln)-Rød dansk mælkerace (RMD)-German Red-Lithuanian Red, Ayreshire, Armoricaine, Bretonne Pie-noire, Frisona, Groninger Blaarkop, Guernsey, Jersey. Malkeborthorn, Reggiana, Valdostana nera, Itäsuomenkarja, Länsisuomenkarja, Pohjoissuomenkaja.

Tamén terán esa condición as razas Fleckvieh, Montebeliard e Parda e o conxunto mestizo dunha explotación bovina inscrita no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de leite».

2. Para os efectos das axudas de desenvolvemento rural reguladas nesta orde, tamén serán aplicables as seguintes definicións:

a) Carga gandeira da explotación: a relación entre o número de unidades de gando maior correspondentes e as superficies de pastos permanentes e herbas e outras forraxes da explotación, incluídas as de aproveitamento comunal ás cales teña dereito.

b) Unidade de gando maior para as axudas a razas autóctonas en risco de erosión xenética e as axudas en zonas con limitacións naturais (PDR 2014-2020): a conversión das seguintes categorías de animais:

1ª. Touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e équidos de máis de seis meses 1,0 UGM.

2ª. Animais da especie bovina de seis meses a dous anos 0,6 UGM.

3ª. Animais da especie bovina de menos de seis meses 0,4 UGM.

4ª. Ovinos e cabrúns 0,15 UGM.

5ª. Porca de cría > 50 kg 0,5 UGM.

6ª. Outros porcos 0,3 UGM.

7ª. Galiñas poñedoras 0,014 UGM.

CAPÍTULO II

Disposicións xerais

Artigo 4. Actividade agraria e cumprimento das obrigacións

1. As persoas solicitantes deben declarar de forma expresa e veraz na súa solicitude que os cultivos e aproveitamentos, así como as actividades de mantemento declaradas, constitúen un fiel reflexo da súa actividade agraria. Se, con motivo dun control, se comproba que non se realizaron os cultivos ou aproveitamentos ou as actividades de mantemento, con declaración falsa, inexacta ou neglixente e que, ademais, a dita falta de concordancia condicionou o cumprimento dos requisitos sobre a actividade agraria, poderase considerar que se trata dun caso de creación de condicións artificiais para obter o beneficio das axudas e estarán suxeitas ás penalizacións correspondentes.

2. Para determinar a existencia de pastoreo, terase en conta a carga gandeira exixida na axuda e os indicios de actividade gandeira como vexetación transitada e camiños feitos polo gando, mato comido, dexeccións, peches, comedeiros, bebedeiros, mangada de manexo ou outras instalacións.

Poderá considerarse que unha superficie de pasto está abandonada cando se determine que, pola densidade de vexetación, non é posible o tránsito de animais.

3. Nos recintos en que se declare unha actividade de mantemento nos pastos permanentes, a dita actividade realizarase anualmente e deberase conservar á disposición do Fogga, se é o caso, toda a documentación xustificativa dos gastos e pagamentos en que se encorren na realización destas.

4. No caso dos pastos de uso en común en recintos ficticios a que se fai referencia no artigo 5, non se admitirán as actividades de mantemento. Só está permitida a actividade de pastoreo con animais da propia explotación do solicitante.

5. Ningunha superficie forestal (uso forestal no Sixpac) será admisible para recibir pagamentos de axudas directas.

6. As persoas solicitantes declararán responsablemente estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esa declaración producirá efectos para a obtención da condición de persoa beneficiaria e para a realización dos pagamentos das axudas.

Calquera variación no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou de non ter débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, posterior á data de presentación da solicitude, deberá ser notificada pola persoa solicitante ao Fogga no prazo máximo de dez días desde a data desa variación, empregando o procedemento xenérico PR004A que está accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A inexactitude, o erro, a falsidade ou non notificación da declaración responsable ou a non notificación do cambio das circunstancias recollidas na declaración responsable, poderá dar lugar á tramitación dun procedemento de reintegro, perda de dereito e/ou procedemento sancionador e á exixencia das demais responsabilidades que poidan derivar da normativa vixente en materia de subvencións e de loita contra a fraude en materia de axudas públicas e subvencións.

Artigo 5. Declaración de pastos permanentes utilizados en común en recintos ficticios

1. As superficies de pastos permanentes utilizados en común declararanse mediante referencias identificativas das parcelas agrícolas distintas das establecidas no Sixpac, que o Fogga poñerá en coñecemento das entidades xestoras dos pastos antes de que finalice o período de presentación da solicitude única, para os efectos de que poidan ser utilizadas polas persoas agricultoras na declaración de superficies. A persoa agricultora declarará a superficie neta que lle foi asignada pola entidade xestora do pasto, é dicir, a superficie admisible unha vez aplicado o coeficiente de subvencionabilidade dos pastos que corresponda.

2. As entidades xestoras dos pastos de uso en común deberán presentar unha declaración gráfica en que delimiten as superficies correspondentes aos pastos declarados en común dentro dos recintos reais que compoñen a superficie total do comunal.

3. O dereito de uso dos pastos en común será comprobado polo Fogga nos rexistros correspondentes.

Artigo 6. Condicionalidade reforzada

1. As persoas beneficiarias das intervencións indicadas no punto 1 e na medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e nas intervencións do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 indicadas no artigo 2 deberán observar a condicionalidade reforzada definida nos requisitos legais de xestión (RLX) e as boas condicións agrarias e ambientais (BCAM).

2. As obrigas concretas de condicionalidade reforzada que se deberán cumprir e a avaliación da gravidade, alcance e persistencia no caso de incumprimento, publicarase na normativa da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente.

Artigo 7. Flexibilidades na xestión das intervencións do Plan estratéxico da PAC 2023-2027

1. Con respecto ás prácticas dos ecorréximes nas axudas directas:

– Pastoreo extensivo: redúcese a 90 días o período mínimo non continuo de pastoreo.

– Sega sostible: o período de non aproveitamento das superficies de pastos permanentes ou temporais obxecto de sega, establécese nos meses de xullo e agosto.

– Cubertas vexetais espontáneas ou sementadas: establécese un período obrigatorio de 4 meses, que vai do 1 de decembro ao 31 de marzo, en que a cuberta vexetal debe permanecer viva.

2. Con respecto ás axudas asociadas, establécese que poderán ser persoas beneficiarias das axudas asociadas para as explotacións de ovino e/ou para as explotacións de cabrún as persoas titulares de explotacións que conten cun censo de femias elixibles igual ou superior a 10.

3. Con respecto á condicionalidade reforzada:

– Na BCAM 4 establécese que o ancho das franxas de protección dos leitos sexa de 5 metros, e no caso das canles de rega, sexa de 1 metro.

– Na BCAM 7.1 establécese que durante o ano 2023 unicamente terán que cumprir con ela os solicitantes dos ecorréximes que teñan que cumprir coa práctica de rotación de cultivos ou de sementeira directa.

– Na BCAM 7.2 establécese que durante o ano 2023 non será necesario cumprir coa práctica de diversificación de cultivos.

O período no cal se levará a cabo a verificación do número de cultivos e o cálculo das súas correspondentes porcentaxes para os efectos da diversificación, en función das características agroclimáticas e das prácticas tradicionais na rexión, irá do 15 de xaneiro ao 30 de abril, de xeito que os cultivos declarados se encontren no terreo durante a maior parte dese período.

– En relación coa utilización de barbeitos para xustificar a rotación de cultivos recollida na BCAM 7 e como superficie non produtiva na BCAM 8, considéranse barbeitos aquelas superficies que non se dediquen á produción agrícola durante polo menos seis meses consecutivos, para contabilizar dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro do ano de solicitude. Non obstante, no caso da BCAM6 e da BCAM 8, durante este período é posible realizar pastoreo.

– Na BCAM 8.1 durante o ano 2023 nicamente terán que cumprir con ela os solicitantes da práctica do ecorréxime de establecemento de illas de biodiversidade.

– Na BCAM 8.3 establécese a prohibición de cortar sebes e árbores entre os meses de marzo a agosto.

Artigo 8. Fotografías xeorreferenciadas

1. As persoas solicitantes que presenten solicitudes de modificación do Sixpac, coas excepcións dos tipos 2 e 4 (cambios no sistema de explotación secaño/regadío en recintos completos ou en partes dela), deberán achegar, para acreditar os cambios solicitados, un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas por cada un dos recintos, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto e a dirección coa que foron tomadas.

Non obstante, no caso de recintos contiguos co mesmo uso e produto que superen en conxunto as 5 hectáreas, só será necesario achegar unha fotografía por hectárea.

2. As persoas solicitantes que presenten solicitudes de axuda de produción sostible de proteínas de orixe vexetal durante o período principal de cultivo (do 15 de xaneiro ao 30 de abril) e solicitude de axudas en recintos con cultivos baixo plástico, deberán achegar un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas por recinto, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto e a dirección coa que foron tomadas.

Así mesmo, no caso que sexa requirido pola Administración para xustificar a admisibilidade dunha axuda, a persoa solicitante deberá achegar as fotografías solicitadas.

3. A presentación das fotografías constitúe documentación mínima imprescindible para a admisión dos recintos das solicitudes indicadas nos puntos 1 e 2. A non presentación das fotografías suporá que os recintos non se considerarán admisibles para as axudas solicitadas.

4. As fotografías deberán cumprir coas especificacións técnicas e a calidade indicada no anexo XXV do Real decreto 1048/2022 e deberán realizarse preferentemente coa aplicación para o móbil SGA Foto e SGA App. Na web do Fogga está dispoñible unha guía coas directrices para a realización de fotografías xeorreferenciadas:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Artigo 9. Penalizacións e Intencionalidade

1. Será de aplicación o establecido na normativa da Comunidad Autónoma de Galicia correspondente. Así mesmo, no caso de incumprimento de requisitos de admisibilidade ou compromisos nas axudas relativas a intervencións ambientais e climáticas, terase en conta a normativa estatal e galega de aplicación.

2. Con base no establecido no artigo 3 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico 2023-2027 e outras axudas da política agrícola común, adicionalmente, poderán ser consideradas como creación de condicións artificiais para acceder ás axudas os seguintes casos:

• A declaración reiterada pola mesma persoa da mesma superficie en dúas campañas consecutivas que foran rexeitadas como consecuencia de duplicidades detectadas en controis administrativos, superficie non admisible por controis de monitorización ou por alegacións ao Sixpac relacionadas coa solicitude da PAC, cando supere en total as 2 hectáreas.

• O aproveitamento gandeiro en parcelas de pastos non incluidas na solicitude única que estean afectadas por incendios forestais desde a data deste ata o 31 de decembro dos dous anos seguintes, salvo casos autorizados polo artigo 50 do Decreto 73/2020.

CAPÍTULO III

Entidades colaboradoras

Artigo 10. Entidades colaboradoras

Poderán acceder á condición de entidade colaboradora recoñecida polo Fogga na presentación e modificación da solicitude única, así como doutras solicitudes relacionadas con ela que tamén se regulan nesta orde:

1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma.

3. As entidades de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) con data do 31 de xaneiro de 2023.

Artigo 11. Requisitos das entidades colaboradoras

1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de persoal cualificado e suficiente para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela, desde o inicio do prazo de presentación ata o final do prazo de modificación da solicitude única ante posibles cambios tras os controis por monitorización.

b) Dispoñer de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fogga.

c) Dispoñer de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.

d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.

Artigo 12. Solicitude, prazo de presentación e resolución do recoñecemento como entidade colaboradora (procedemento MR239O)

1. As entidades interesadas en adquirir a condición de colaboradoras deberán dirixir a súa solicitude, segundo o modelo do anexo II, á persoa titular da Dirección do Fogga.

2. Esta solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento MR239O).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

4. Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

5. A persoa titular da Dirección do Fogga será a competente para resolver as solicitudes.

6. O prazo máximo para ditar as resolucións das solicitudes previstas neste artigo será de 3 meses contados desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro electrónico da Xunta. Transcorrido o devandito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, a persoa interesada poderá entender estimada a súa solicitude por silencio administrativo.

7. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

9. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

10. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

11. Se o envío da notificación electrónica non forposible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

12. As resolucións das solicitudes recollidas neste artigo non poñen fin á vía administrativa e, de conformidade co artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderán ser impugnadas en alzada ante a persoa titular da Presidencia do Fogga, no prazo dun mes.

Artigo 13. Convenio de entidade colaboradora

1. A persoa titular da Dirección do Fogga e a persoa representante da entidade colaboradora formalizarán o convenio de entidade colaboradora.

2. O convenio de entidade colaboradora terá o contido previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e quedará automaticamente revogado cando se produzan cambios normativos que afecten substancialmente as disposicións vixentes no momento da súa sinatura.

Artigo 14. Habilitación para a presentación das solicitudes en representación de terceiros

1. A formalización do convenio comportará a habilitación para a presentación na Comunidade Autónoma de Galicia da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela que tamén se regulan nesta orde, en representación de terceiros por medios telemáticos.

2. As entidades colaboradoras deberán ter a representación necesaria nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O Fogga poderá requirirlles en calquera momento ás entidades habilitadas a acreditación da representación que desempeñen. A falta de representación suficiente das persoas en cuxo nome se tiver presentado a documentación dará lugar á exixencia das responsabilidades pertinentes.

4. A habilitación só confire á entidade autorizada a representación para intervir na presentación da solicitude da campaña en curso a través da aplicación informática SGA.

5. De acordo co anterior, o solicitante será o único responsable do contido da súas solicitudes.

6. Na web do Fogga publicarase para cada campaña a relación das entidades colaboradoras recoñecidas: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

TÍTULO II

Dos procedementos

CAPÍTULO I

Tramitación dos procedementos

Artigo 15. Órganos competentes

A subdirección xeral de xestión da PAC do Fogga será o órgano competente para a instrución dos procedementos indicados no artigo 1 e correspóndelle á persoa titular da Dirección do Fogga ditar as correspondientes resolucións, coa excepción das submedidas 08.10 e 08.20 indicadas no artigo 2.2 e incluidas no procedemento MR250A, onde a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenacion Forestal será o órgano competente e a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Ordenacion Forestal ditará as correspondientes resolucións.

Artigo 16. Solicitude única (procedemento MR250A)

1. As persoas que desexen obter algunha das intervencións citadas no artigo 2 deberán presentar unha solicitude única.

2. A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia, dirixida á persoa titular da Dirección do Fogga cando:

a) A explotación estea situada completamente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou.

b) A explotación está situada en máis dunha comunidade autónoma e a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais (no caso de non dispoñer de superficie) se encontra na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A presentación da solicitude única realizarase electronicamente mediante a aplicación SGA: https://sgapac.xunta.es

4. As persoas solicitantes poderán optar por:

a) Realizar persoalmente a súa solicitude, para o cal precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.

b) Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.

5. O prazo de presentación da solicitude única iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de maio, ambos incluídos. Non obstante, admitiranse solicitudes ata a data de finalización do prazo de modificación da solicitude única de acordo coas condicións establecidas no artigo 108.3 do Real decreto 1048/2022.

Artigo 17. Modificación da solicitude única (procedemento MR240D)

1. Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 15 de xuño incluído.

2. As solicitudes de modificación deberán presentarse, conforme o indicado no artigo 22.

3. A modificación da solicitude única no caso de expedientes con control por monitorización, terá en conta a clasificación das parcelas en tres cores distintas, co seguinte significado:

a) Cor verde: coincidencia entre o declarado pola persoa solicitante na súa solicitude e o identificado polo sistema de monitorización.

b) Cor amarela: dúbida da coincidencia entre o declarado pola persoa solicitante na súa solicitude e o identificado polo sistema de monitorización.

c) Cor vermella: falta de coincidencia entre o declarado pola persoa solicitante na súa solicitude e o identificado polo sistema de monitorización.

O Fogga realizará comunicacións específicas (comunicación activa) das parcelas clasificadas coas cores amarela e vermella, para poder modificar a solicitude ata o 15 de setembro. Finalizado o dito prazo, emitirase un informe de control para os expedientes suxeitos á monitorización. Este informe notificarase conforme o indicado no artigo 26. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días a partir do día seguinte ao da notificación dos informes de control para formular as alegacións ou presentar os documentos que xulguen pertinentes, consonte o que dispón o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento de administrativo común das administracións públicas.

Artigo 18. Alegacións ao Sixpac (procedemento MR239K)

1. No caso de que a información recollida no Sixpac non coincida coa realidade da súa explotación, as persoas interesadas deberán presentar as alegacións para a modificación que correspondan sobre o uso, a delimitación ou outra información existente no Sixpac, conforme se indica no anexo IV. É responsabilidade das persoas interesadas comprobar que a información contida no Sixpac referida aos recintos que compoñen as súas parcelas agrícolas é correcta; en concreto, deberán comprobar que a delimitación gráfica e o uso asignado aos seus recintos é correcto. Así mesmo, deberán asegurarse de que os seus recintos non conteñen elementos non elixibles, en particular, camiños e edificacións.

2. No caso de que unha mesma persoa agricultora presente varias alegacións sobre un mesmo recinto, para o estudo delas só se considerará a última presentada.

3. Non se admitirán alegacións que comporten a partición dun recinto por unha superficie menor de 100 m².

4. No que se refire ás alegacións ao coeficiente de subvencionabilidade de pastos (CSP) en Galicia, as persoas solicitantes da solicitude única poderán propoñer modificacións ao CSP global, sen distinguir os factores que o compoñen (solo, pendente ou vexetación). As persoas interesadas poderán diferenciar sectores dun mesmo recinto nos cales estimen un grao de admisibilidade substancialmente diferente, pero só se admitirán as solicitudes para incrementar o CSP global cando o incremento proposto sexa superior ao 20 % ou, se é inferior, o CSP final sexa 100 e, ademais, o novo valor proposto na alegación sexa algún dos seguintes: 25, 35, 45, 55, 65, 75, 85 ou 100; no caso de propoñer un valor distinto, axustarase de oficio á baixa, e serán aplicables as reducións e sancións correspondentes por sobredeclaración de superficies.

Non se considerarán pastos arbustivos ou con arboredo os límites dos recintos (particularmente os de terras de cultivo, pasteiros ou cultivos permanentes) nin tampouco recintos ou partes de recintos inferiores a 0,30 ha, agás que estean unidos a outras superficies de pasto da explotación con actividade de pastoreo e que, en conxunto, superen ese límite.

5. Todo recinto inactivo que sexa declarado nesta campaña deberá presentar unha alegación ao Sixpac e acreditar o seu dereito de uso cando a súa superficie sexa maior de 2 ha.

Así mesmo, calquera propietario de parcelas poderá comunicar ao Fogga, mediante o procedemento PR004, aquelas parcelas que non poden ser solicitadas por non estaren arrendadas. Para iso, deberá acreditar a súa titularidade e indicar as súas referencias no Sixpac.

6. Os cambios que afecten o uso forestal constatados polo Fogga serán comunicados á unidade competente de acordo cos artigos 60 a 62 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. De xeito excepcional para o ano natural 2023, utilizaranse obrigatoriamente as referencias oficiais identificativas de concentración parcelaria nas áreas indicadas no documento da web do Fogga:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

7. As solicitudes de modificación ao Sixpac dos recintos situados na Comunidade Autónoma de Galicia dirixiranse á persoa titular da Dirección do Fogga.

8. O prazo de presentación iniciarase na data de comezo do prazo para a presentación da solicitude única e rematará o 31 de outubro incluído. Non obstante, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies declaradas na solicitude única do ano 2023, o prazo rematará co fin do prazo de modificación da solicitude única.

9. As solicitudes de modificación deberán presentarse, conforme o indicado no artigo 22.

Artigo 19. Solicitude de dereitos de axuda básica á renda da reserva nacional (procedemento MR241C)

1. As solicitudes de dereitos de axuda básica á renda da reserva nacional na Comunidade Autónoma de Galicia presentaranse ante a persoa titular da Dirección do Fogga.

2. O prazo de presentación será o mesmo que o da solicitude única.

3. A presentación destas solicitudes realizarase conforme o indicado no artigo 22.

Artigo 20. Cesións de dereitos de axuda básica á renda (procedemento MR241D)

1. O cedente de dereitos de axuda básica á renda comunicará á persoa titular da Dirección do Fogga a cesión dos dereitos de axuda básica á renda sempre e cando a súa última solicitude única a presentase na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O prazo de presentación será o mesmo que o da solicitude única.

3. A presentación destas comunicacións realizarase conforme o indicado no artigo 22.

Artigo 21. Cesión das axudas con cesión da explotación (procedemento MR239G)

1. Despois de presentarse unha solicitude única e antes de que se cumpran todas as condicións para a súa concesión, cando unha explotación sexa cedida por unha persoa beneficiaria a outra na súa totalidade, non se concederá axuda ningunha á persoa cedente en relación coa explotación cedida.

2. As axudas solicitadas pola persoa cedente concederanse á persoa cesionaria sempre:

a) Que persoa cedente presente despois da data do fin do prazo de presentación da solicitude única, e ata o 15 de setembro de 2023 incluído, unha comunicación, segundo o modelo do anexo III, dirixida á persoa titular da Dirección do Fogga.

Esta comunicación presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (procedemento MR239G).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Neste procedemento, os trámites administrativos posteriores ao de presentación desta comunicación deberán ser realizados a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Xunto con esta comunicación, a persoa cedente deberá presentar:

– Documento de cambio de titularidade da ou das explotacións cedidas á persoa cesionaria conforme o regulado polo procedemento MR408C.

– Acordo de cesión asinado entre as persoas cedente e cesionaria segundo o modelo do anexo III-A.

– De ser o caso, documento de autorización de sinatura.

A documentación complementaria deberá presentarse conforme o indicado no artigo 22.

b) Que se cumpran todas as condicións para a concesión da axuda respecto da explotación cedida.

3. Unha vez que a persoa cedente faga a comunicación indicada ao Fogga e a persoa cesionaria solicite o pagamento das axudas para ser beneficiaria, produciranse os seguintes efectos:

a) Todos os dereitos e as obrigas da persoa cedente que deriven da relación xurídica xerada pola solicitude de axuda ou a solicitude de pagamento entre a dita persoa cedente e a autoridade competente transferiranse á persoa cesionaria.

b) Todas as actuacións necesarias para a concesión da axuda e todas as declaracións realizadas pola persoa cedente antes da cesión asignaranse á persoa cesionaria para os efectos da aplicación da normativa pertinente da Unión Europea.

4. No caso das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas, a concesión da axuda á persoa beneficiaria estará supeditada á transferencia e á comprobación dos compromisos da explotación.

5. En ningún caso serán de aplicación as disposicións sinaladas neste artigo cando a transferencia só afecte unha parte da explotación.

Artigo 22. Emprego de medios electrónicos e consulta das solicitudes

1. Para os procedementos MR250A, MR240D, MR239K, MR241C e MR241D as solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través da aplicación informática SGA: https://sgapac.xunta.es

Todos os trámites posteriores destes procedementos que as persoas interesadas deban realizar deberán ser efectuados electronicamente a través do portal de axudas PAC: https://portal-axudaspac.xunta.gal

No caso que non exista expediente electrónico no SXA, para o procedemento MR241D utilizarase o procedemento xenérico PR004A.

2. Para os procedementos MR239O e MR239G as solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Para a consulta e a xestión das solicitudes, as persoas interesadas poderán utilizar as seguintes ferramentas electrónicas:

– Aplicación para o móbil Sga@pp, que permite a consulta de solicitudes da PAC e alegacións ao Sixpac.

– Aplicación para o móbil SGAFoto, para realizar fotografías xeorreferenciadas.

– Aplicación para o móbil InfoPac, con información sobre dereitos, preguntas de usuarios, normativa e noticias.

– Portal de axudas PAC, que permite achegar información e realizar alegacións na solicitude da PAC: https://portal-axudaspac.xunta.gal

– Páxina web do FEGA, para coñecer o número e valor dos dereitos de axuda básica á renda: https://www.fega.gob.es/es

Artigo 23. Comprobación de datos

1. A tramitación dos procedementos regulados nesta orde require a incorporación de datos en poder das administracións públicas, consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control, entidades asociativas ou entidades de asesoramento. De conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase consultar información das persoas solicitantes.

2. Para os procedementos MR250A, MR240D, MR239K, MR241C e MR241D consultarase automaticamente a seguinte información:

– NIF da entidade solicitante. DNI ou NIE, se o solicitante é persoa física.

– De ser o caso, DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado acreditativo de estar ao día das obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

– Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.

– Os datos de renda (IRPF) dos dous últimos exercicios fiscais vencidos.

– A vida laboral dos últimos 12 meses, da persoa solicitante e/ou da persoa cesionaria, se for o caso.

– A procedencia dos rendementos do traballo da persoa declarante, cónxuxe ou de ambas, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estas (persoas físicas solicitantes e/ou cesionarias).

– A declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas do último exercicio fiscal vencido, no caso de ser persoas xurídicas con forma de sociedade civil ou comunidade de bienes.

– A declaración do imposto de actividades económicas (IAE), de ser o caso.

– O nivel de renda, de ser o caso.

– Os datos do Sistema Integral de Rastrexabilidade Animal (Sitran).

– Certificación oficial de rendemento leiteiro, no caso da axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.

– Os datos Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) relativos aos custos laborais realmente pagados no ano anterior incluídos os impostos e cotizacións sociais.

– Os datos relativos á inhabilitación para recibir subvencións públicas.

– Título ou documento oficial acreditativo da capacitación agraria, no caso da axuda a persoas agricultoras mozas.

– Certificado de inscrición no Rexistro de Explotacións Prioritarias.

– Certificado de inscricións ou cumprimentos legais, como toda a información que conste no expediente de inscrición ás entidades, consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas (IXP), do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Agroseguro ou asociacións.

– Os datos acreditativos da realización de vendas directas e/ou entregas de leite de vaca a compradores durante polo menos 6 meses ao ano.

– Os datos acreditativos do número de socios pertencentes á sociedade cooperativa agraria/SAT que solicita a axuda.

– Os datos acreditativos de entregas de leite de ovino/cabrún.

– Os datos acreditativos do asesoramento recibido, realizado por unha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega).

– Os datos acreditativos de pertenza á Asociación Xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida que teña como obxectivo a mellora e conservación da raza pola que se solicita a axuda.

– Os datos relativos ao Rexistro de Explotacións Agrarias (Reaga) e Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega).

– Os datos do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac).

– Os datos de Agader no caso de solicitantes de Reserva Nacional do artigo 25 do Real decreto 1045/2022.

– Os datos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal no caso de superficies en montes comunais.

– Os datos de pertenza a un grupo de empresas conforme co establecido no artigo 44.1 do Regulamento (UE) nº 2022/128.

– Calquera outro dato que sexa obligatorio por normativa comunitaria e/ou nacional para a xestión e control das axudas reguladas nesta orde.

3. Para a tramitación do procedemento MR239G consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– NIF da persoa cedente. DNI ou NIE se a persoa cedente é persoa física.

– NIF da persoa cesionaria. DNI ou NIE se a persoa cesionaria é persoa física.

– De ser o caso, DNI ou NIE da persoa representante da persoa cedente e/ou cesionaria.

– Datos do IRPF correspondente á última campaña vencida no caso de que a persoa cesionaria sexa persoa física.

– Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas do último exercicio fiscal vencido no caso de que a persoa cesionaria sexa persoa xurídica con forma de sociedade civil ou comunidade de bens.

Ademais, no caso do cesionario poderase consultar: 

– Certificado acreditativo de estar ao día das obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

– Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.

– Os datos de renda (IRPF) dos dous últimos exercicios fiscais vencidos.

– A vida laboral dos últimos 12 meses, se for o caso.

– A declaración do imposto de actividades económicas (IAE), de ser o caso.

– O nivel de renda, de ser o caso.

– Os datos relativos á inhabilitación para recibir subvencións públicas.

4. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo nas solicitudes e achegar os documentos correspondentes. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a de obtención de información, poderase requirirlle á persoa solicitante a presentación dos documentos correspondentes ou a documentación complementaria de acordo co indicado no anexo IV.

5. Coa presentación das solicitudes as persoas interesadas autorizan que os datos recollidos nestas sexan incluídos noutros ficheiros informatizados para o seu tratamento coa finalidade de que sexan empregados pola Xunta de Galicia no ámbito das súas competencias. De acordo co establecido no artigo 14, punto 1.k), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias e as entidades colaboradoras teñen a obrigación de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas función de fiscalización e control do destino das subvencións.

CAPÍTULO II

Resolucións

Artigo 24. Resolución e pagamento das solicitudes

1. A subdirección xeral de xestión da PAC do Fogga e a subdirección xeral de recursos forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, nas súas condicións de órganos instrutores dos procedementos, propoñerán no ámbito das súas competencias, para cada unha das solicitudes presentadas, as superficies, o número de animais con dereito a recibir as axudas e os importes que lles corresponden.

2. A persoa tiular da Dirección do Fogga resolverá estas solicitudes, coa excepción das submedidas 08.10 e 08.20 indicadas no artigo 2.2 e incluídas no procedemento MR250A onde o órgano competente e a persoa titula da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal que ditará as correspondientes resolucións.

3. A dita resolución non pon fin á vía administrativa e, de conformidade co disposto no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderá ser impugnada en alzada, ante a persoa titular da Presidencia do Fogga, no prazo dun mes.

4. As persoas interesadas poderán consultar as resolucións das súas solicitudes de axudas se acceden ao Portal de axudas PAC na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac), así como a través da aplicación móbil Sga@pp. Tamén estarán dispoñibles, de ser o caso, as resolucións de compensación.

5. As contas bancarias indicadas nas solicitudes únicas deben estar operativas e activas ata a finalización do exercicio financeiro que remata o 15 de outubro de 2024.

6. Así mesmo, poderase realizar unha devolución voluntaria dos pagamentos antes do 15 de outubro de 2024, utilizando o modelo da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

Artigo 25. Prazo para resolver

O prazo máximo para ditar as resolucións de todos os procedementos salvo o MR239O, será de nove meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

De conformidade co disposto no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa solicitante ou outras posibles interesadas poderán interpor recurso de alzada en calquera momento a partir do día en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Artigo 26. Notificacións das resolucións

Coa excepción do procedemento MR239O, que remata coa sinatura do convenio indicado no artigo 13, as notificacións das resolucións dos restantes procedementos contidos nesta orde faranse de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. De conformidade co establecido no artigo 45 da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga. Nesta notificación especificaranse a convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará, ademais, os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial ante o cal se deben presentar e o prazo para interpoñelos.

As persoas interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a aceptación da resolución. Transcorrido o dito prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada e non será admisible a renuncia posterior.

TÍTULO III

Intervencións de desenvolvemento rural no ámbito do SIXC

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 27. Obxecto e ámbito

Este título ten por obxecto a regulación das solicitudes das axudas as desenvolvemento rural e de ser o caso, das solicitudes de pagamento, de acordo co establecido no artigo 1, no ámbito do Sistema integrado de xestión (SIXC) e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II

Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (medida 13)

Artigo 28. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as que cumpran os requisitos de persoa agricultora activa.

Ademais, estas axudas só se concederán ás persoas agricultoras non pluriactivas definidas como:

a) No caso de persoas físicas, serán aquelas que cumpran a condición de agricultor a título principal (ATP) ou explotación prioritaria de acordo coa normativa vixente.

b) No caso de persoas xurídicas ou de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as que cumpran a condición de explotación prioritaria.

Artigo 29. Requisitos de admisibilidade

1. Será elixible a superficie agraria útil (SAU) situada en concellos de Galicia clasificados como zonas con limitacións naturais de montaña e/ou zonas con limitacións naturais distintas de montaña. Estes concellos pódense consultar no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

2. Poderán acceder a estas axudas as explotacións cun mínimo de 2 ha de superficie indemnizable (SI) para cada submedida, nos concellos a que se refire o punto anterior. Así mesmo a superficie forraxeira só será elixible nas explotacións cunha carga gandeira de explotación maior ou igual a 0,7 UGM/ha nas zonas con limitacións naturais de montaña e maior ou igual a 0,9 UGM/ha nas zonas con limitacións naturais distintas de montaña.

3. No caso de superficies de pastos só se considerarán aquelas que se atopan no concello onde esta localizada a explotación e colindantes.

Artigo 30. Importe da axuda

1. O importe da axuda será de ata 280 €/ha de SI nas zonas con limitacións naturais de montaña e de ata 210 €/ha de SI nas zonas con limitacións naturais distintas de montaña.

Estes importes serán decrecentes en función da superficie indemnizable, segundo se indica:

a) Ás primeiras 5 ha, correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre máis de 5 ha e 25 ha incluída, o 75 %.

c) Entre máis de 25 ha e 100 ha incluída, o 50 %.

d) A partir de máis de 100 ha non se concede axuda.

2. A SI determinarase a partir da SAU situada no concello da explotación ou nos concellos adxacentes que estean clasificados como zona de montaña e/ou zona distinta de montaña. Para o seu cálculo terase en conta o seguinte:

a) As superficies forraxeiras só se computarán nas explotacións que cumpran a condición de elixibilidade da carga gandeira.

b) Ás superficies de pastos arbustivos ou pastos arborizados, aplicaráselles un coeficiente redutor do 0,30.

c) Establécese un máximo de SI de 100 ha.

3. No caso de que o orzamento dispoñible sexa insuficiente para cubrir os pagamentos en cada submedida a todas as persoas beneficiarias co importe máximo indicado no punto 1, realizarase un rateo proporcional para axustar os pagamentos ao dito orzamento.

CAPÍTULO III

Axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do
Plan estratéxico da PAC 2023-2027

Artigo 31. Aspectos xerais

1. Estas axudas concederanse ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

2. As axudas son as seguintes:

a) Intervención 65012 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65012.02: extensivos.

• Subintervención 65012.03: leñosos.

• Subintervención 65012.04: economía circular.

b) Intervención 65013 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65013.01: extensificación de prados.

• Subintervención 65013.02: extensificación pastos arbustivos e arborizados.

• Subintervención 65013.03: complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros.

c) Intervención 65014 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

• Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade.

d) Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

– Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos.

• Subintervención 65030.17: conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.

• Subintervención 65030.18: mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.

– Liña: viñedos para vinificación ecolóxica.

• Subintervención 65030.19: conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.

• Subintervención 65030.20: mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.

– Liña: gandaría ecolóxica.

• Subintervención 65030.21: conversión de gandaría ecolóxica.

• Subintervención 65030.22: mantemento de gandaría ecolóxica.

– Liña: apicultura ecolóxica.

• Subintervención 65030.23: conversión de apicultura ecolóxica.

• Subintervención 65030.24: mantemento de apicultura ecolóxica.

e) intervención 65051 Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIXC, cofinanciadas nun 80 % co Feader.

a. Subintervención 65051.01: razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.

b. Subintervención 65051.02: conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

3. As incompatibilidades das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas identifícanse no anexo VI.

4. Nos casos que as persoas beneficiarias das axudas indicadas no punto 1 deste artigo dispoñan dun servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento recoñecida, a dita entidade deberá remitir a información indicada no anexo V antes do 31 de xullo de 2023. No caso de modificación, a dita información deberá remitirse antes do 30 de setembro de 2023.

Artigo 32. Criterios para o outorgamento das axudas

1. No caso de que os importes das solicitudes admisibles superen as dispoñibilidades orzamentarias aplicarase o sistema de rateo, de acordo co previsto no artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A axuda proposta, calculada como resultado do rateo sinalado no punto anterior, terá como límite inferior o 60 % do importe máximo a percibir. En consecuencia, se, unha vez aplicado o rateo, o importe resultante fose inferior ao 60 % do dito importe máximo, a axuda proposta para cada solicitante fixarase no umbral indicado do 60 % e, para determinar os solicitantes que perciben a axuda, serán de aplicación os seguintes criterios de priorización ambientais, aplicados a cada intervención ou subintervención das sinaladas no artigo 31, punto 2:

a) Persoas solicitantes cuxas explotacións teñan superficie, animais e/ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en zonas declaradas como Rede Natura 2000. A puntuación calcularase ao multiplicar a porcentaxe da superficie da explotación situada en Rede Natura 2000 con respecto á totalidade da superficie da explotación, pola puntuación máxima asignada a este criterio. Puntuación máxima 2 puntos.

b) Persoas solicitantes cuxas explotacións teñan superficie, animais e/ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en zonas declaradas como pastos ambientalmente sensibles. A puntuación calcularase ao multiplicar a porcentaxe da superficie da explotación situada en pastos ambientalmente sensibles con respecto á totalidade da superficie da explotación, pola puntuación máxima asignada a este criterio. Puntuación máxima 2 puntos.

c) Persoas solicitantes cuxas explotacións teñan superficie, animais e/ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en zonas declaradas como ZLN de montaña. A puntuación calcularase ao multiplicar a porcentaxe da superficie da explotación situada en ZLN de montaña con respecto á totalidade da superficie da explotación, pola puntuación máxima asignada a este criterio. Puntuación máxima 2 puntos.

d) Persoas solicitantes cuxas explotacións teñan superficie, animais e/ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en zonas declaradas como ZLN distinta de montaña. A puntuación calcularase multiplicando a porcentaxe da superficie da explotación situada en ZLN distinta de montaña con respecto á totalidade da superficie da explotación, pola puntuación máxima asignada a este criterio. Puntuación máxima 1 punto.

No caso de igualdade de puntos terán preferencia as persoas solicitantes con maior porcentaxe de superficie da explotación situada en Rede Natura 2000. No caso de empate na anterior porcentaxe terán preferencia as persoas solicitantes con maior porcentaxe de superficie da explotación situada en pastos ambientalmente sensibles. No caso de empate na anterior porcentaxe terán preferencia as persoas solicitantes con maior porcentaxe de superficie da explotación situada en ZLN de montaña.

Sección 1ª. Intervención 65014 Compromisos agroambientais
en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade

Artigo 33. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas apicultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte.

Artigo 34. Requisitos de admisibilidade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) á data de fin do prazo da modificación da solicitude única.

• As explotacións estarán situadas en concellos de Galicia clasificados como zonas con limitacións naturais. Estes concellos pódense consultar no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

2. Os compromisos desta axuda son os seguintes:

• Manter un mínimo de 80 colmeas en municipios de Galicia designados como zonas con limitacións naturais e distribuídas, polo menos, en 2 alvarizas, cun mínimo de 20 colmeas por alvariza.

• Manter as colmeas comprometidas durante os 5 anos que dura o compromiso. Para estes efectos, considéranse comprometidas e primables un máximo de 80 colmeas por alvariza.

• A distancia entre os alvarizas da mesma persoa beneficiaria será, polo menos, de 1 km. Ademais, para ser primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pagamento e deberán constar na base de datos oficial do Rega.

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. Non é posible incrementar o número de colmeas comprometidas.

Artigo 35. Importe da axuda

O importe desta axudas será de 20 €/ha. Estímase unha superficie pecorxada por colmea de 1 ha.

Sección 2ª. Intervención 65051 compromisos de conservación
de recursos xenéticos SIXC

Subsección 1ª. Subintervención 65051.01: razas gandeiras autóctonas
en risco de erosión xenética

Artigo 36. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as persoas agricultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte.

Artigo 37. Requisitos de elixibilidade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) á data de fin do prazo da modificación da solicitude única.

2. Os compromisos desta axuda son os seguintes:

• Dispor dun mínimo de 5 UGM primables de unha ou varias das razas autóctonas en risco de erosión de bovino (cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa) e equino (cabalo de pura raza galega), e/ou dun mínimo de 2,5 UGM primables de unha ou varias de las razas autóctonas en risco de erosión distintas do bovino e equino (ovella galega, cabra galega, porco celta e galiña de Mos).

• Manter as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en risco de erosión durante os 5 anos que dura o compromiso.

• Participar no programa de mellora xenética da raza.

• Ter inscrito ao gando no libro oficial de rexistro xenealóxico da raza.

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. Non é posible incrementar o número de animais comprometidos.

Artigo 38. Importe da axuda

O importe desta axudas será de 200 €/UGM.

Subsección 2ª. Subintervención 65051.02: conservación de variedades
autóctonas vexetais en risco de erosión xenética

Artigo 39. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as persoas agricultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte.

Artigo 40. Requisitos de admisibilidade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) á data de fin do prazo da modificación da solicitude única.

• Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

2. Os compromisos desta axuda son os seguintes:

• Dispor dunha superficie mínima de 2 hectáreas de trigo autóctono en risco de erosión xenético das variedades Callobre ou Caaveiro.

• Manter a superficie inicialmente comprometida durante os 5 anos que dura o compromiso.

• Emprego de semente rexistrada acreditada mediante factura ou reemprego da mesma na mesma explotación, durante un máximo de 3 anos.

• Manter o caderno de explotación actualizado. Este caderno terá o contido indicado na web do Fogga https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. A posible redución de superficie non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida e debe manter sempre a superficie mínima correspondente.

Non é posible incrementar a superficie comprometida.

Artigo 41. Importe da axuda

O importe desta axudas será de 320 €/ha.

Sección 3ª. Intervención 65013 compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos

Subsección 1ª. Subintervención 65013.01: extensificación de prados, subintervención 65013.02: extensificación pastos arbustivos e arborizados, e subintervención 65013.03: complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros

Artigo 42. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas agricultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte.

Artigo 43. Requisitos de admisibilidade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) a data fin do prazo da modificación da solicitude única.

• Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

2. Os compromisos destas axudas son os seguintes:

A. Extensificación das explotacións gandeiras:

• Dispor dunha superficie mínima de 5 hectáreas de superficie indemnizable. Considérase superficie indemnizable a superficie neta de pastos temporais e permanentes que non sexan de uso en común, agás as Comunidades de Montes Vecinais en Man Común (CMVMC) titulares de explotación agraria.

• A superficie dedicada a pastos temporais e/ou permanentes deberá supoñer polo menos o 70 % da superficie total da explotación, debiendo manter esta porcentaxe durante todos os anos do compromiso.

• Non labrar, agás renovación de pradarías que compren o seu ciclo produtivo.

• Fertilización exclusivamente orgánica.

• Non aplicar herbicidas, agás nos casos autorizados pola autoridade competente.

• Manter unha carga gandeira de explotación mínima de 0´4 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha calculada sobre o total de superficie da explotación.

• Manter o caderno de explotación actualizado. Este caderno terá o contido indicado na web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

B. Complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros nas parcelas situadas en concellos do anexo III e V da Orde do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2023. Estes concellos pódense consultar no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• Cumprir os compromisos da axuda de extensificación das explotacións gandeiras.

• Realizar pastoreo.

• Dipor dun mínimo de 15 UGM na explotación.

• Dispor de sistemas de vixilancia e/ou coidado do gando ante o risco de interacción con grandes carnívoros e mantelos durante todo o período de compromiso: dispositivos de xeolocalización alomenos no 20 % dos animais da explotación e/ou alomenos dous cans de garda por explotación (mastín español, mastín do Pirineo e/ou can de palleiro inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía). Estes sistemas vixilancia e/ou coidado do gando deben estar dispoñibles a data fin do prazo de modificación da solicitude única de 2023.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. A posible redución de superficie non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, debendo manter sempre a superficie mínima correspondente.

Non é posible incrementar a superficie comprometida.

Así mesmo só se considerarán aquelas superficies de pastos que se atopan no concello onde este ubicada a explotación e colindantes.

Artigo 44. Importe da axuda

Na axuda por extensificación das explotacións gandeiras establécese os seguintes importes:

• Prados temporais e permanentes: 110 €/ha.

• Pastos arbustivos e pastos arborados: 80 €/ha.

Estas axudas serán decrecentes en función da superficie admisible:

a) Ás primeiras 40 ha, correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre máis de 40 ha e 80 ha incluída, o 60 %.

c) Entre máis de 80 ha e 200 ha incluída, o 30 %.

d) A partir de máis de 200 ha non se concede axuda.

Na axuda complementaria en zonas con presenza de grandes carnívoros establécense os seguintes importes:

• Prados temporais e permanentes e pastos arbustivos e pastos arborados: 75 €/ha.

Esta axudas está limitada a 50 ha.

Sección 4ª. Intervención 6503 compromisos agroambientais
en agricultura ecolóxica

Subsección 1ª. subintervención 65030.17: conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos, Subintervención 65030.18: mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos, subintervención 65030.19: conversión de viñedos para vinificación ecolóxica, subintervención 65030.20: mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica, subintervención 65030.21: conversión de gandaría ecolóxica, subintervención 65030.22: mantemento de gandaría ecolóxica, subintervención 65030.23: conversión de apicultura ecolóxica e subintervención 65030.24: mantemento de apicultura ecolóxica

Artigo 45. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as persoas agricultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita nos rexistros de explotacións correspondentes, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte, ademais de adoptar ou manter as prácticas e métodos de agricultura ecolóxica definidos no Regulamento (UE) nº 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello sobre Produción Ecolóxica e Etiquetado dos produtos ecolóxicos, así como as técnicas específicas sobre produción ecolóxica.

Artigo 46. Requisitos de admisibilidade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• Estar inscrito no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) cunha solicitude presentada antes do 1 de xaneiro de 2023. O Craega remitirá ao Fogga información en formato dixital das unidades (parcelas e colmeas) e das persoas inscritas antes do 1 de abril de 2023. Non obstante as ditas unidades estarán inscritas como moi tarde a data fin do prazo da modificación da solicitude única.

• Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

2. Os compromisos desta axuda son os seguintes:

• Empregar técnicas de produción ecolóxica de acordo coa normativa vixente. Para estes efectos deberá cumprir con todos os requisitos establecidos para que sexa certificado como produción ecolóxica.

• Comercializar unha parte ou toda a produción como ecolóxica unha vez pasado o período obrigatorio de conversión de acordo co certificado do Craega, agás que non sexa posible por causas xustificadas alleas ao solicitante.

• Manter unha carga gandeira de explotación maior ou igual a 0,4 UGM/ha.

• Manter, como mínimo, a superficie inicialmente comprometida durante os anos que dura o compromiso.

• No caso das axudas na apicultura ecolóxica, considéranse indemnizables un máximo de 80 colmeas por alvariza, e soamente serán indemnizables as alvarizas do mesmo apicultor separadas polo menos 1 km. Deberanse manter durante os 5 anos que dure o compromiso un mínimo de 80 colmeas que estean distribuídas, polo menos, en 2 alvarizas cun mínimo de 20 colmeas por alvariza. Ademais, para ser primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pagamento e deberán constar na base de datos oficial do Rega.

• No caso das axudas á gandaría ecolóxica, soamente se terá en conta a superficie neta de pastos que non sexa de uso en común e situada no concello da explotación e colindantes.

• Manter o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica actualizado.

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos en parcelas fixas. A posible redución das unidades comprometidas non poderá ser superior ao 10 % das unidades inicialmente comprometidas, e deberá manter sempre as unidades mínimas correspondente. Non é posible incrementar as unidades comprometidas.

O período de conversión terá unha duración máxima de dous anos en cultivos anuais e pastos e de tres anos en cultivos permanentes.

Só poderán recibir as axudas de conversión as persoas beneficiarias con unidades de produción, superficie ou colmeas, cando o período de conversión remate despois do 1 de xullo de 2023.

Artigo 47. Importe da axuda

Para agricultura, gandaría e apicultura ecolóxica, establécese unha axuda en €/ha excepto para a apicultura ecolóxica, que se establece en €/colmea (estímase unha superficie pecoreada por colmea de 1 ha).

Producións ecolóxicas

Conversión

Mantemento

Cultivos herbáceos (agricultura)

326

275

Cultivos hortícolas (agricultura)

662

560

Froitos de pebida e óso (agricultura)

505

426

Froitos secos e oliveiral (agricultura)

265

224

Viñedo para vinificación (agricultura)

996

916

Pastos e cultivos forraxeiros (gandaría)

433

361

Pastos arbustivos e pastos arborados (gandaría)

122

107

Apicultura ecolóxica (apicultura)

40

35

Estas axudas serán decrecentes en función da superficie ou colmenas admisibles:

Agricultura ecolóxica:

a) Ás primeiras 20 ha, correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre máis de 20 ha e 40 ha incluída, o 60 %.

c) Entre máis de 40 ha e 80 ha incluída, o 30 %.

d) A partir de mais de 80 ha non se concede axuda.

Gandaría ecolóxica:

a) Ás primeiras 40 ha, correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre máis de 40 ha e 80 ha incluída, o 60 %.

c) Entre máis de 80 ha e 200 ha incluída, o 30 %.

d) A partir de mais de 200 ha non se concede axuda.

Apicultura ecolóxica:

a) Ás primeiras 450 colmeas, correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre máis de 450 ha e 900 colmeas incluída, o 60 %.

c) Entre máis de 900 ha e 1.500 colmeas incluída, o 30 %.

d) A partir de mais de 1.500 colmeas non se concede axuda.

Sección 5ª. Intervención 65012 compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles.

Subsección 1ª. Subintervención 65012.02: extensivos e subintervención
65012.03: leñosos

Artigo 48. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as persoas agricultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Agrícolas de Galicia (Reaga) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte.

Artigo 49. Requisitos de admisibilidade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de asesoramento específico dunha entidade de asesoramento, inscrita antes do 1 de xaneiro de 2023 no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega). No caso contrario deberán realizar a formación establecida no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027

• As explotacións estarán dadas de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) á data de fin do prazo da modificación da solicitude única.

• Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

2. Os compromisos desta axuda son os seguintes:

A. Cultivos extensivos.

• Dispor dunha superficie mínima de 5 hectáreas.

• Rotación nun período de tres anos consecutivos con tres cultivos diferentes nas mesmas parcelas. Cada cultivo debe pertencer a un grupo de cultivo diferente:

– Grupo 1: pataca.

– Grupo 2: cereal (agás millo).

– Grupo 3: hortícolas (agás solanáceas), oleaxinosas, proteaxinosas, leguminosas e/ou barbeito con cuberta vexetal.

• Non aplicar herbicidas, agás casos autorizados pola autoridade competente.

• O emprego de insecticidas do solo e nematicidas débese xustificar con analíticas ou trampas.

• Dispor dun plan de fertilización específico que incúa o uso de fertilizantes orgánicos.

• Manter o caderno de explotación actualizado. Este caderno terá o contido indicado na web do Fogga https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

B. Cultivos leñosos:

B1.Viñedo en pendente > 20 %.

• Dispor dunha superficie mínima de 0,5 hectáreas.

• Os recintos sitúanse en zonas de pendente > 20 %.

• Compromiso de mantemento de muros, terrazas, bancais ou outros sistemas de protección contra a erosión do solo.

• Non labrar a favor da pendente.

• Non aplicar herbicidas, agás casos autorizados pola autoridade competente.

• Manter o caderno de explotación actualizado. Este caderno terá o contido indicado na web do Fogga https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

B2. Froiteiras (oliveira, maceira, castiñeiro).

• Dispor dunha superficie mínima de 1 hectárea.

• Non labrar a favor da pendente.

• Mantemento da cuberta vexetal entre liñas de plantación (espontánea ou cultivada).

• Non aplicar herbicidas, agás nos casos autorizados pola autoridade competente.

• Non aplicar fitosanitarios no cultivo, agás nos casos autorizados pola autoridade competente.

• Manter o caderno de explotación actualizado. Este caderno terá o contido indicado na web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. A posible redución de superficie non poderá ser superior ao 10 % da superficie inicialmente comprometida, e deberanse manter sempre a superficie mínima correspondente.

Non é posible incrementar a superficie comprometida.

Artigo 50. Importe da axuda

O importe desta axudas será de:

A. Cultivos extensivos: 180 €/ha.

B. Cultivos leñosos: 200 €/ha.

Subsección 2ª. Subintervención 65012.04: economía circular

Artigo 51. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas agricultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias (Reaga), na sección específica de explotacións acollidas ao réxime de venda directa (Sevedi) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados no artigo seguinte.

Artigo 52. Requisitos de admisibildade e compromisos

1. Os requisitos desta axuda son os seguintes:

• Poderán acollerse a estas axudas as explotacións para a produción de cultivos de horta e froita inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) na sección específica de explotacións acollidas ao réxime de venda directa (Sevedi) que realicen venda directa nas cantidades máximas indicadas no anexo II do Decreto 125/2014.

• A persoa titular da explotación debe estar dada de alta na Seguridade Social nas condicións establecidas no artigo 37 do Real decreto 1047/2022, na data do fin do prazo de modificación da solicitude única ou a explotación debe xerar 1 unidade de traballo agrario (UTA).

• A explotación terá unha dimensión mínima de 0,5 ha e máxima de 3 ha dos cultivos de horta e froita, e estará declarada na solicitude única.

2. Os compromisos desta axuda son os seguintes:

• Prohibición de queima de restos de cultivos coa excepción de queimas por motivos fitosanitarios.

• Compostaxe dos restos de cultivo no caso de producións agrícolas.

• Prohibición do uso de herbicidas, agás casos autorizados pola autoridade competente.

• Manter o caderno de explotación actualizado. Este caderno terá o contido indicado na web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

• Presentar anualmente unha solicitude de pagamento.

• Presentar un rexistro anual de asistencia a mercados, venda in situ na explotación ou venda a establecementos polo miúdo.

• Cumprir as condicións de venda sinaladas no Decreto 125/2014.

• Comercialización in situ da explotación produtora, en mercados locais, directamente en establecementos de venda polo miúdo que venden á persoa consumidora final.

Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos.

Artigo 53. Importe da axuda

O importe desta axudas será de 1.500 €/explotación.

CAPÍTULO IV

Axudas forestais do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020

Sección 1ª. Prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais (submedida 8.1)

Artigo 54. Ámbito de aplicación

As persoas beneficiarias que se indican no artigo seguinte poderán solicitar o pagamento dunha prima destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada en terreos non agrícolas.

Artigo 55. Persoas beneficiarias

No ano 2023 poderán solicitar o pagamento da prima de mantemento as persoas que cumpran a seguinte condición:

Ter concedida a prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Sección 2ª. Prima anual de mantemento asociada ás axudas para o establecemento
de sistemas agroforestais (submedida 8.2)

Artigo 56. Ámbito de aplicación

As persoas beneficiarias que se indican no artigo seguinte poderán solicitar o pagamento dunha prima destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación do castiñeiro para froito que son necesarios para o logro da plantación realizada.

Artigo 57. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias da prima as que cumpran a seguinte condición:

Ter concedida a prima de mantemento ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, ou da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desarrollo rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais ou da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

CAPÍTULO V

Orzamento

Artigo 58. Dotación orzamentaria

1. No que respecta aos réximes de axudas directas á agricultura e á gandaría recollidos no punto 1 do artigo 2 desta orde están financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ó Fogga exercerá como intermediario na súa xestión, polo que, en aplicación da disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, en relación coa disposición derradeira segunda desa lei, na cal se establece o carácter permanente da disposición décimo oitava da dita lei, os expedientes correspondentes aos réximes indicados serán xestionados como operacións extraorzamentarias, conforme o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Non obstante o anterior, todos os actos e documentos de xestión deses expedientes serán obxecto de fiscalización previa nos termos establecidos no artigo 95.1.a) do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

2. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo IV do título III desta orde, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do PDR 2014-2020, a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Aplicación 14.03.713B.770.0, C.P. 2016 00207, compromisos da anualidade 2023 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas á creación de superficies forestais, por un importe de dous millóns douscentos cincuenta mil (2.250.000,00) euros, co código de proxecto 2016 00207.

b) Aplicación 14.03.713B.770.0, C.P. 2016 00208, compromisos da anualidade 2023 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, por un importe de catro mil cincocentos (4.500,00) euros, co código de proxecto 2016 00208.

3. No que respecta aos réximes de axuda recollidos nos capítulos II e III do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga, na aplicación orzamentaria 14.80.712B.772.1:

a) Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020:

– 12.000.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña, co código de proxecto 2016.00001.

– 6.000.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, co código de proxecto 2016.00002.

Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Feader.

b) Axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027:

Denominación

Código do proxecto

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Subintervención 65014.01: Apicultura para a biodiversidade

2023.00002

1.200.000 €

1.200.000 €

1.200.000 €

1.200.000 €

1.200.000 €

Subintervención 65051.01: razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética

2023.00009

1.600.000 €

1.600.000 €

1.600.000 €

1.600.000 €

1.600.000 €

Subintervención 65051.02: Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética

2023.00008

160.000 €

160.000 €

160.000 €

160.000 €

160.000 €

Subintervención 65012.02: Extensivos

2023.00003

360.000 €

360.000 €

360.000 €

360.000 €

360.000 €

Subintervención 65012.03: Leñosos

2023.00015

500.000 €

500.000 €

500.000 €

500.000 €

500.000 €

Subintervención 65013.01: Extensificación de prados

2023.00004

11.588.150 €

11.588.150 €

11.588.150 €

11.588.150 €

11.588.150 €

Subintervención 65013.02: extensificación de pastos arbustivos e arborizados

2023.00013

561.850 €

561.850 €

561.850 €

561.850 €

561.850 €

Subintervención 65013.03: Complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros

2023.00014

1.500.000 €

1.500.000 €

1.500.000 €

1.500.000 €

1.500.000 €

Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos

2023.00005

456.396 €

456.396 €

456.396 €

456.396 €

456.396 €

Liña: viñedos para vinificación ecolóxica

2023.00006

67.104 €

67.104 €

67.104 €

67.104 €

67.104 €

Liña: gandaría ecolóxica

2023.00012

8.141.300 €

8.141.300 €

8.141.300 €

8.141.300 €

8.141.300 €

Liña: apicultura ecolóxica

2023.00011

335.200 €

335.200 €

335.200 €

335.200 €

335.200 €

Subintervención 65012.04: Economía circular

2023.00010

300.000 €

300.000 €

300.000 €

300.000 €

300.000 €

As cantidades inicialmente asignadas a cada un dos anteriores códigos de proxecto teñen carácter estimativo. A súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde.

De ser o caso, o previsto neste punto requerirá a tramitación das preceptivas modificacións de crédito de acordo coa regulación prevista na normativa vixente.

Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Feader.

Disposición adicional primeira. Incremento das dotacións previstas

De acordo co previsto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as dotacións orzamentarias indicadas na disposición anterior poderán incrementarse, sen necesidade dunha nova convocatoria, cando se produza un incremento dos créditos derivado de:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación do crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Disposición adicional segunda. Obriga de información

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir os órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima, as persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Servizo de Auditoría Interna dos fondos agrarios europeos do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Así mesmo, as persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar ao organismo pagador, á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do PDR 2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC.

De acordo co establecido no artigo 59.4 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021 sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 e no artigo 44.1 do Regulamento de execución (UE) nº 2022/128, da Comisión, do 21 de decembro de 2021 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, os beneficiarios facilitarán nas solicitudes de axudas e nas solicitudes de pagamento a información necesaria para a súa identificación, incluída, de ser o caso, a identificación do grupo en que participen. A dita información deberá conter, como mínimo:

• Nome da entidade.

• Número de identificación fiscal.

• Nome da entidade matriz y número de identificación fiscal.

• Matriz última e número de identificación fiscal.

• Filiais e números de identificación fiscal.

Disposición adicional terceira. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional cuarta. Transmisión de información á Base de datos nacional de subvencións (BDNS)

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional quinta. Modificación do Plan estratéxico 2023-2027 da PAC

1. O disposto nesta orde, naqueles elementos dela que se vexan afectados pola modificación do PEPAC, queda condicionado a que a Comisión Europea dite a decisión de aprobación da dita modificación.

2. Non obstante o establecido no punto 1, no caso de que, analizados os expedientes das intervencións ou subintervencións sinaladas no artigo 31, punto 2, e feitos os controis correspondentes, aínda non se tivese ditado a decisión de aprobación da modificación do PEPAC por parte da Comisión Europea, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC do Fogga poderá solicitar un informe á autoridade rexional de Xestión do PEPAC, que determinará se, atendendo ao estado de tramitación da dita modificación, resulta posible a aplicación dos elementos aos que se refire o punto 1 desta disposición na elaboración da proposta de resolución de concesión das axudas.

Disposición adicional sexta. Modificación do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020

O disposto nesta orde, no referente á medida 13 «Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas», queda condicionado a que a Comisión Europea dite a decisión de aprobación da modificación do PDR de Galicia 2014-2020.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual rango ou inferior a esta orde en todo aquilo no que non estean de acordo co establecido nela.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

1. Facúltase a persoa titular da Dirección do Fogga, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta orde.

2. Facúltase a persoa titular da Dirección do Fogga para modificar os anexos contidos nesta orde. Tal modificación deberá ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Fogga.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Normativa de aplicación segundo indicado no punto 2 do artigo 1

• Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

• Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da política agrícola común.

• Real decreto 1046/2022, do 27 de decembro, polo que se regula a gobernanza do Plan estratéxico 2023-2027 da política agrícola común en España e dos fondos europeos agrícolas Feaga e Feader.

• Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico 2023-2027 e outras axudas da política agrícola común.

• Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagamentos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan estratéxico 2023-2027 da política agrícola común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control.

• Real decreto 1049/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación da condicionalidad reforzada e da condicionalidad social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas no marco da política agrícola común que reciban pagamentos directos, determinados pagamentos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de opcións específicas pola distancia e a insularidade (POSEI).

• Real decreto 1050/2022, do 27 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, que establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

• Real decreto 1051/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas para a nutrición sustentable nos solos agrarios.

• Real decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas.

• Real decreto 1054/2022, do 27 de decembro, polo que se establece e regula o Sistema de información de explotacións agrícolas e gandeiras e da produción agraria, así como o Rexistro Autonómico de Explotacións Agrícolas e o Caderno dixital de explotación agrícola.

• Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Adicionalmente para os efectos da tramitación das primas anuais indicadas no capítulo IV do título III, será de aplicación o establecido:

• Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2021).

• Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 242, do 20 de decembro).

• Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 227, do 29 de novembro).

• Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2021).

• Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro).

• Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (DOG núm. 235, do 13 de decembro).

• Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015 pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020 e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C (2023) 1540 final, do 28 de febreiro de 2023.

• Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, pola que se aproba o Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Documentación complementaria

A. Para todos os procedementos (excepto o procedemento MR239O):

– Documento de autorización de sinatura en caso de que a persoa solicitante, cedente e/ou cesionaria non sexa a que asina a solicitude ou a comunicación.

B. Solicitude única e modificación (procedementos MR250A e MR240D).

1. Pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.

– Cando a persoa solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos exercen o control efectivo da persoa xurídica. A súa participación no capital social é o mesmo co socio maioritario e tomará parte no órgano do goberno con igual ou maior poder de voto.

– Cando a persoa solicitante non sexa responsable dunha explotación recoñecida como explotación agraria prioritaria ou non sexa beneficiaria dun plan de incorporación de mozos, documentación que acredite posuír un nivel de capacitación agraria suficiente.

2. Para as axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Intervención 65014 Compromisos agroambientais en superficies agrarias: apicultura para a biodiversidade, Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica e Intervención 65051 Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIXC):

– Certificado asinado pola persoa técnica responsable do programa de mellora xenética de participación da persoa solicitante no citado programa.

C. Alegacións ao Sixpac (procedemento MR239K).

Deberase presentar a seguinte documentación en función do tipo de alegación solicitada.

1. Alegacións principais:

Tipo

Definición

1

Cambio de uso nun recinto completo

2

Cambio de sistema de explotación (secaño/regadío) para todos os usos Sixpac, agás os usos non agrarios nun recinto completo

3

Partición dun recinto para cambiar o uso dunha parte deste

4

Partición dun recinto para cambiar o sistema de explotación (secaño/regadío) dunha parte deste

5

Existencia de parcela localizada en zona urbana que ten uso agrícola

9

Cambio do CSP nun recinto completo de pastos

11

Elementos da paisaxe: inclusión, eliminación, cambio de tipoloxía e/ou modificación de xeometría

12

Reinicio da actividade agraria nun recinto por algunha destas circunstancias:

– Recinto con cultivo abandonado. Incidencia 117

– Barbeito de máis de 5 anos. Incidencia 158

– Superficie queimada. Incidencia 159

– Cultivo permanente con actividade de mantemento 5 anos consecutivos. Incidencia 177

– Pasto permanente con actividade de mantemento 5 anos consecutivos. Incidencia 186

– Recinto inactivo. Incidencia 199

13

Outras non previstas anteriormente

14

Partición dun recinto de pastos para cambiar o CSP nunha parte deste

30

Franxas de proteción de leitos

2. Documentación para cada tipo de alegación.

Tipo de documentación

Obriga de presentala segundo o tipo de alegación

Delimitación gráfica da liña de declaración das superficies da solicitude única ou a saída gráfica obtida a través do visor Sixpac. Delimitando por medio de bosquexo acoutado ou en formato electrónico WKT ou shape o cambio proposto sobre o recinto afectado

Sempre

Acreditación da autoridade competente en materia hidráulica

Para os tipos 2 e 4 se o cambio é de secaño a regadío

Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente

Para os tipos 2 e 4 sempre

Saída gráfica do Catastro de urbana coa parcela catastral obxecto da alegación

Para o tipo 5 sempre

Memoria descritiva que xustifique a necesidade da eliminación ou modificación do elemento estrutural

Para o tipo 11 cando se trate dunha alteración dun elemento da paisaxe existente

Autorización do organismo competente no ámbito forestal, ambiental, hidráulico, etc., en caso de que sexa necesaria

Para o tipo 11 cando se trate dunha alteración dun elemento da paisaxe existente

Un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto onde se tomaron e a orientación

Obrigatorio para todas excepto os tipos 2 e 4

Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere conveniente (por exemplo: fotografías datadas, indicando sobre a saída gráfica o punto onde se tomaron e a orientación)

D. Solicitude de asignación de dereitos de axuda básica á renda da reserva nacional (procedemento MR241C).

– Deberase presentar a documentación que se indica no anexo IV do Real decreto 1045/2022.

E. Comunicación de cesións de dereitos de axuda básica á renda (procedemento MR241D).

– Deberase presentar a documentación necesaria para xustificar o tipo de cesión solicitado de acordo co indicado no anexo V do Real decreto 1045/2022.

– Nos contratos de arrendamento de dereitos cuxa vixencia recolla a posibilidade de prórroga, a persoa arrendadora e a persoa arrendataria deberán presentar, antes do fin do prazo de comunicación de cesión de dereitos, unha declaración responsable conxunta na que se indique que, de ser o caso, está prórrogado e o tempo de duración desa prórroga.

F. Primas anuais indicadas no capítulo II do título III: coa solicitude de pagamento das primas indicadas deberase presentar a seguinte documentación:

a) No caso de cesión do dereito de cobramento da prima cun terceiro, deberase presentar a seguinte documentación:

– Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura como anexo VI nos procedementos MR670C e/ou MR674B, que está accesible na sede electrónica (https://sede.xunta.gal).

– Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, deberase achegar a xustificación da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).

b) Xustificantes de gasto. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Unión Europea, co que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto correspondente a aquelas e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberase consignar por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

– A factura da planta utilizada ten que estar expedida por un viveiro autorizado e tamén se admitirán as facturas emitidas por comercializadores que veñan acompañadas da copia cotexada da factura do viveiro autorizado ao comercializador. No caso de enxertado, na factura figurará a procedencia da variedade empregada para o enxertado.

c) Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase con copia dalgún documento dos que se relacionan a seguir:

– Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa beneficiaria que paga e da persoa destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, estará selado pola entidade bancaria.

– Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota provisoria, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil e coa documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

– No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberanse identificar no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

– No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

– No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberase identificar claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

– No caso de facturas en moeda estranxeira, deben achegarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

d) Declaración doutras axudas segundo o modelo do web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027/pac_2023

ANEXO V

Informe e ficheiro informático que deben remitir as entidades de asesoramento

Informe

……………………………………….......……………………, con NIF ………………………, que actúa en representación da entidade ……..............……………………………………., con NIF………………, e enderezo en …………………………………………………, inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (Resaxega), co número de rexistro............................................................................................................

Informa:

Que no ficheiro denominado ……………….. se inclúe unha relación de ……….. persoas solicitantes das axudas agroambientais que actualmente reciben un asesoramento especializado por persoal técnico desta entidade.

Que para cubrir a solicitude única deste ano se lles prestou asesoramento sobre os requisitos e condicións de elixibilidade, compromisos, liñas de base e condicionalidade aplicables ás axudas solicitadas.

Que durante o ano en curso se visitaron as explotacións destes asesorados e se existían deficiencias nos elementos destas (superficies, animais, instalacións, etc.) para os efectos das axudas solicitadas, fixéronse as oportunas recomendacións para a súa mellora ou emenda entregando os correspondentes informes aos asesorados.

……………………………, ………. de ……………………………………. de 202X

Sinatura

Ficheiro

O ficheiro informático remitirase ao e-mail sac.Fogga@xunta.gal, terá formato Excel ou Access, en calquera das súas versións, e incluirá os seguintes campos:

– Razón social ou nome e apelidos da entidade de aconsellamento.

– NIF da entidade de aconsellamento.

– Razón social ou nome e apelidos do solicitante.

– NIF do solicitante.

– Nº da solicitude da PAC do solicitante.

– Nome e apelidos da persoa técnica que fai o asesoramento.

– NIF da persoa técnica que fai o asesoramento.

ANEXO VI

Incompatibilidades entre as axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027

Intervención/subintervención

Incompatibilidades

Subintervención 65012.02 Extensivos*

Subintervención 65012.03 Leñosos

Subintervención 65012.04 Economía circular

Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica

Subintervención 65012.04 Economía circular

Subintervención 65012.02 Extensivos

Subintervención 65012.03 Leñosos

Intervención 65013 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos

Subintervención 65014.01 Apicultura para a biodiversidade

Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica

Subintervención 65051.02 Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética

Intervención 65013 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos

Subintervención 65012.04 Economía circular

Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica

Subintervención 65014.01 Apicultura para a biodiversidade

Subintervención 65012.04 Economía circular

Intervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica

Subintervención 6503 Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica

Subintervención 65012.02 Extensivos

Subintervención 65012.03 Leñosos

Subintervención 65012.04 Economía circular

Intervención 65013 Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos

Subintervención 65014.01 Apicultura para a biodiversidade

Subintervención 65051.01 Razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética

Subintervención 65051.02 Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética

Subintervención 65012.04 Economía circular

* A subintervención 65012.02 Extensivos é incompatible, a nivel parcela solicitada, cos ecorreximes rotación de cultivos con especies mellorantes e sementeira directa.