BDNS (Identif.): 682290.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
– Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (medida 13) recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.
– O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.
– Os pagamentos das axudas forestais do Programa de desenvolvemento rural indicadas no capítulo IV do título III desta orde só se concederán:
• Ás persoas que teñan concedida a prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
• Ás persoas que teñan concedida a prima de mantemento ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, ou da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais ou da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.
Segundo Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular no ano 2023, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control indicadas no artigo 2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027(PEPAC), anualidade de 2023.
– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2023 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2023 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da anualidade 2023).
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).
Cuarto. Contía
1. No que respecta aos réximes de axudas directas á agricultura e á gandaría recollidos no punto 1 do artigo 2 desta orde están financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fogga exercerá como intermediario na súa xestión, polo que, en aplicación da disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, en relación coa disposición derradeira segunda desa lei, na cal se establece o carácter permanente da disposición décimo oitava da devandita lei, os expedientes correspondentes aos réximes indicados serán xestionados como operacións extraorzamentarias, conforme o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Non obstante o anterior, todos os actos e documentos de xestión deses expedientes serán obxecto de fiscalización previa nos termos establecidos no artigo 95.1.a) do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
2. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo IV do título III desta orde, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do PDR 2014-2020, a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, nas seguintes aplicacións orzamentarias:
a) Compromisos da anualidade de 2023 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas á creación de superficies forestais, por un importe de dous millóns douscentos cincuenta mil (2.250.000) euros.
b) Compromisos da anualidade de 2023 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, por un importe de catro mil cincocentos (4.500) euros.
3. No que respecta aos réximes de axuda recollidos nos capítulos II e III do título III cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga, na aplicación orzamentaria:
a) Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020:
– 12.000.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña.
– 6.000.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña.
Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Feader.
b) Axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027:
Denominación |
Anualidade 2023 |
Anualidade 2024 |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Anualidade 2027 |
Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade |
1.200.000 € |
1.200.000 € |
1.200.000 € |
1.200.000 € |
1.200.000 € |
Subintervención 65051.01: razas en risco de erosión xenética |
1.600.000 € |
1.600.000 € |
1.600.000 € |
1.600.000 € |
1.600.000 € |
Subintervención 65051.02: cultivos en risco de erosión xenética |
160.000 € |
160.000 € |
160.000 € |
160.000 € |
160.000 € |
Subintervención 65012.02: extensivos |
360.000 € |
360.000 € |
360.000 € |
360.000 € |
360.000 € |
Subintervención 65012.03: leñosos |
500.000 € |
500.000 € |
500.000 € |
500.000 € |
500.000 € |
Subintervención 65013.01: extensificación de prados |
11.588.150 € |
11.588.150 € |
11.588.150 € |
11.588.150 € |
11.588.150 € |
Subintervención 65013.02: extensificación de pastos arbustivos e arborizados |
561.850 € |
561.850 € |
561.850 € |
561.850 € |
561.850 € |
Subintervención 65013.03: convivencia co lobo |
1.500.000 € |
1.500.000 € |
1.500.000 € |
1.500.000 € |
1.500.000 € |
Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos |
456.396 € |
456.396 € |
456.396 € |
456.396 € |
456.396 € |
Liña: viñedos para vinificación ecolóxica |
67.104 € |
67.104 € |
67.104 € |
67.104 € |
67.104 € |
Liña: gandaría ecolóxica |
8.141.300 € |
8.141.300 € |
8.141.300 € |
8.141.300 € |
8.141.300 € |
Liña: apicultura ecolóxica |
335.200 € |
335.200 € |
335.200 € |
335.200 € |
335.200 € |
Subintervención 65012.04: economía circular |
300.000 € |
300.000 € |
300.000 € |
300.000 € |
300.000 € |
As cantidades inicialmente asignadas a cada código de proxecto das recollidas no capítulo III do título III teñen carácter estimativo. A súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde.
O previsto neste punto requirirá, de ser o caso, a tramitación das preceptivas modificacións de crédito de acordo coa regulación prevista na normativa vixente.
Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Feader.
Quinto. Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2023, iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos.
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 15 de xuño incluído.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural