Unha vez convocadas as probas selectivas para cubrir unha praza de xestor/a de documentación e unha praza de técnico/a superior diplomado en informática pola quenda de acceso libre do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) do marco de estabilización de emprego temporal mediante Resolución do 7 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), de conformidade coas bases da convocatoria, e por delegación da Xunta de Goberno, o presidente do CISUG resolve nomear o seguinte tribunal cualificador:
Praza de xestor/a de documentación:
– Tribunal titular.
• Presidente: Xaquín Lores Torres, funcionario de carreira da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da UDC.
• Vocal: María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC, especialidade de bibliotecas.
• Vocal: Marta Abad López, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC, especialidade de bibliotecas.
• Vocal: Teresita del Niño Jesús Aboal Somoza, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da UVigo.
• Secretario: Gerardo Marraud González, funcionario de carreira da escala superior de técnicos facultativos de biblioteca da Universidade Carlos III de Madrid.
– Tribunal suplente.
• Presidente: Pedro Incio Piñeiro, funcionario de carreira da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da UDC.
• Vocal: Mª Nieves Rodríguez Díez, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC, especialidade de bibliotecas.
• Vocal: Ana González da Costa, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC, especialidade de bibliotecas.
• Vocal: Héctor Carlos Castro Rey, funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da UVigo.
• Secretaria: Carmen Barros Otero, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da UVigo.
Praza de técnico/a superior en informática:
– Tribunal titular.
• Presidente: José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I, técnico superior en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC.
• Vocal: Alejandra María Rodríguez Fernández, funcionaria de carreira da escala técnica superior da UDC.
• Vocal: María Teresa Flores Arias, funcionaria de carreira do corpo de profesores titulares do Departamento de Física Aplicada da USC.
• Vocal: José María Fernández López, funcionario de carreira da escala técnica superior da UDC.
• Secretaria: María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC, especialidade de bibliotecas.
– Tribunal suplente.
• Presidente: Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo do grupo I, técnico superior en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC.
• Vocal: Alejandra Vilas Rodríguez, funcionaria de carreira da escala técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións da UVigo.
• Vocal: Ana Belén Moar Graña, funcionaria de carreira da escala técnica superior da UDC.
• Vocal: Francisco Pais Suárez, funcionario de carreira da escala técnica superior da UDC.
• Secretaria: Marta Abad López, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC, especialidade de bibliotecas.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023
Julio E. Abalde Alonso
Presidente do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia