Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela 3.2 do Plan parcial do sector SUD-11 (2022/PLANEAM/000019 - FG nº 706).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela 3.2 do Plan parcial SUD-11, Dorneda-Campo de Golf (Documento R.E. nº 2022021594, do 30.11.2022).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello, www.oleiros.org

Oleiros, 1 de marzo de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente