Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2023-0332, do 16 de marzo de 2023, o Concello da Estrada resolveu o seguinte:

Primeiro. Nomear a Vanessa María Rodríguez Varela, con DNI ***7346**, funcionaria de carreira deste concello, para ocupar en propiedade unha praza de administrativo, integrada no grupo C, subgrupo C1, pertencente á escala de Administración xeral, incluída na OEP 2020.

Segundo. Publicar o nomeamento no DOG, de conformidade co disposto no artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Terceiro. Trasladar a resolución á interesada, que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. Indícaselle que, en caso de non o facer, poderá ser declarada en situación cesante e, consecuentemente, decaída no seu dereito.

A Estrada, 17 de marzo de 2023

José C. López Campos
Alcalde