Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no polígono O30.1 e no PE O29, A Coruña (expediente 631/2019/273).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM no polígono O30.1 e no PE O29 da Coruña. Documento para aprobación definitiva. Setembro 2022», subscrito pola arquitecta municipal do Departamento de Planeamento, o xefe do Departamento de Planeamento e o xefe do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo municipais o 27.9.2022, coa emenda no plano O6 de ordenación introducida o 17.1.2023.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 199, 209 e 212 do Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior para a entrada en vigor do documento aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo aos departamentos municipais interesados na súa tramitación.

Cuarto. Facultar a Alcaldía Presidencia do Concello para a execución de cantos actos, trámites e xestións sexan procedentes para o bo fin dos acordos adoptados».

De conformidade co disposto na Resolución ambiental do 8 de abril de 2020, publicada no DOG núm. 77, do 22 de abril, non cabe esperar que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual, polo que non se establecen maiores medidas de seguimento que as incluídas no propio documento do PXOM vixente.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo. na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con natureza de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito.

A Coruña, 17 de febreiro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo