Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21234

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Negociadora do VII Convenio autonómico de Pompas Fúnebres de Galicia en que acordan prorrogar o convenio colectivo ata o 31 de decembro de 2023.

Visto o texto da acta da Comisión Negociadora do VII Convenio autonómico de Pompas Fúnebres de Galicia en que acordan prorrogar o Convenio colectivo de Pompas Fúnebres de Galicia ata o 31 de decembro de 2023, que se subscribiu con data do 2 de febreiro de 2023 entre a representación de Agesef e Fegaserfu e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade,

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da Comisión Negociadora do VII Convenio autonómico
de Pompas Fúnebres de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 2 de febreiro de 2023, na sede de Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que a seguir se sinalan.

Representación empresarial:

Pedro de Diego Olavarrieta (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios (Agesef)

Juan Carballido Engroba, representado por José Luis Varela Tabarés (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios (Agesef)

José Luis Varela Tabarés (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios (Agesef)

José Becerra Vázquez (Federación Galega de Servizos Funerarios (Fegaserfu)

Jorge Balado Blanco (Federación Galega de Servizos Funerarios (Fegaserfu)

Representación sindical:

Óscar Souto Collazo (UGT)

Óscar Jiménez Oliveira (UGT)

Miguel Ángel Soto García (UGT)

Serafín Álvarez Seoane (UGT)

Jaime Cachorreiro García (CIG)

Juan Carlos Carreiro Pardo (CIG)

Adolfo Naya Fernández (asesor CIG)

José Manuel Castro Jardón (CC.OO.)

Óscar Cereijo Limeres (asesor CC.OO.)

O motivo da xuntanza é continuar a negociación do VII Convenio colectivo autonómico de Pompas Fúnebres de Galicia.

Logo das oportunas deliberacións e debate, procede reflectir en acta o seguinte acordo:

As representacións de Agesef e Fegaserfu, pola parte empresarial, e as representacións de UGT e CC.OO., pola parte sindical, acordan prorrogar o Convenio colectivo de Pompas Fúnebres de Galicia ata o 31 de decembro de 2023, coa suba salarial dun 6,2 %.

As partes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación oficial deste acordo.

A representación sindical da CIG non asina o presente acordo ao entender que resulta insuficiente xa que, despois de varios anos en que os traballadores viviron unha pandemia e cunha gran carga de traballo tanto física como psíquica, considera necesario abordar a negociación dun novo convenio na súa totalidade.

Ao non ter máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza, no lugar e na data arriba sinalados, ás 12.00 horas.