Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23643

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 23 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2023 (código de procedemento PR935A).

BDNS (Identif.): 686588.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras desta convocatoria.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar axudas de emerxencia social para o ano 2023, de acordo coas bases previstas na Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social, publicada no DOG núm. 58, do 26 de marzo (código de procedemento PR935A).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social (código de procedemento PR935A).

Resolución do 23 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2023 (código de procedemento PR935A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 50.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023. Este importe poderá ser ampliado en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na dita aplicación e á vista do número de solicitudes presentadas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de novembro de 2023.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración