Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23645

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia onde se aproban as táboas salariais para 2021-2022.

Visto o texto da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia onde se aproban as táboas salariais para 2021-2022, subscrito, o 16 de marzo de 2023, entre a representación da organización empresarial AERGAG e os representantes das organizacións sindicais UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia

En Santiago de Compostela o 16 de marzo de 2023, ás 12.00 horas, reúnense as persoas que a seguir se mencionan, que conforman a Comisión Paritaria do Convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia.

Parte sindical:

Pedro Beade Roel (CC.OO.).

Martín Martínez Figueiro (UGT).

Parte empresarial:

Saturnino Balderrábano Mayo.

Miguel Galego Castro.

José Carlos García Cumplido.

Xúntase a comisión paritaria para o efecto de contestar o requirimento efectuado pola autoridade laboral o 14 de marzo de 2023 (expediente: 82/01/0024/2023) respecto do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia. Logo das oportunas deliberacións e debate sobre a cuestión obxecto da xuntanza, esta comisión paritaria acorda:

Primeiro. Ratificar o acordado na xuntanza do 29 de marzo de 2022, reproducido literalmente nos puntos que seguen, e modificar a linguaxe utilizada nas táboas salariais.

Segundo. As táboas salariais do ano 2022 actualizaranse cun incremento do 6,5 %, que se corresponde co incremento do IPC real do ano 2021. Acórdase tamén, por non producir lagoas na publicación, publicar as táboas de 2021, as cales quedan invariables, manténdose as de 2020. As ditas táboas, debidamente actualizadas, achéganse como anexo á presente acta.

Terceiro. Delegar, na persoa funcionaria do Consello Galego de Relacións Laborais que estes designen, a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

Cuarto. A representación patronal comunica a súa vontade de ter por denunciada a totalidade do texto do convenio, así como o inicio de negociacións, dándose a representación sindical por notificada, polo que se procederá a convocar a mesa de negociación do convenio con vistas á súa actualización e adecuación á normativa vixente.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza ás 12.45 horas e as partes asinan a presente acta en proba de conformidade.

CC.OO., Pedro Beade Roel
UGT, Martín Martínez Figueiro
AERGAG, José Carlos García Cumplido
AERGAG, Saturrnino Balderrábano Mayo
AERGAG, Miguel Galego Castro

Convenio de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia
Táboas salariais 2021 (actualización do 0 %-IPC real 2020-0,5 %)

ANO 2021

Persoal de produción:

Salario base:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t

1.314,69 €

De 51 t a 130 t

1.372,44 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

1.518,51 €

De máis de 500 t

1.664,60 €

Persoal condutor operador de guindastre articulado

1.314,69 €

Persoal axudante

1.183,34 €

Persoal condutor

1.408,11 €

Persoal mecánico oficial 2ª

1.183,34 €

Persoal mecánico oficial 1ª

1.183,34 €

Persoal xefe de taller

1.585,32 €

Persoal axudante

1.131,95 €

Ordenanza

1.123,72 €

Persoal de limpeza

1.123,72 €

Complemento de posto de traballo:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t

157,40 €

De 51 t a 130 t

212,89 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

293,29 €

De máis de 500 t

458,62 €

Persoal condutor de guindastre articulado (sobre camión)

157,40 €

Complemento de posto de traballo:

Persoal mecánico oficial 2ª

177,50 €

Persoal mecánico oficial 1ª

236,67 €

Persoal técnico e de administración:

Persoal titulado de grao superior

1.454,28 €

Persoal titulado de grao medio

1.263,81 €

Persoal xefe de administración

1.296,18 €

Persoal oficial administrativo

1.193,67 €

Persoal auxiliar administrativo

1.113,42 €

Persoal comercial

1.193,67 €

Persoal telefonista

1.102,32 €

Importe das axudas de custo

En Galicia:

Comida

10,58 €

Cea

10,58 €

Pernoita (incluído almorzo)

26,44 €

Resto de España e Portugal:

Comida

12,69 €

Cea

12,69 €

Pernoita (incluído almorzo)

31,73 €

Convenio de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia
Táboas salariais 2022 (actualización ao 6,5 %-IPC real 2021 6,5 %)

Ano 2022

Persoal de produción:

Salario base:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t

1.400,14 €

De 51 t a 130 t

1.461,65 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

1.617,22 €

De máis de 500 t

1.772,79 €

Persoal condutor operador de guindastre articulado

1.400,14 €

Persoal axudante

1.260,26 €

Persoal condutor

1.499,64 €

Persoal mecánico oficial 2ª

1.260,26 €

Persoal mecánico oficial 1ª

1.260,26 €

Persoal xefe de taller

1.688,37 €

Persoal axudante

1.205,53 €

Ordenanza

1.196,76 €

Persoal de limpeza

1.196,76 €

Complemento de posto de traballo:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t

167,63 €

De 51 t a 130 t

226,73 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

312,35 €

De máis de 500 t

488,43 €

Persoal condutor de guindastre articulado (sobre camión)

167,63 €

Complemento de posto de traballo:

Persoal mecánico oficial 2ª

189,04 €

Persoal mecánico oficial 1ª

252,05 €

Persoal técnico e de administración:

Persoal titulado de grao superior

1.548,81 €

Persoal titulado de grao medio

1.345,96 €

Persoal xefe de administración

1.380,43 €

Persoal oficial administrativo

1.271,26 €

Persoal auxiliar administrativo

1.185,80 €

Persoal comercial

1.271,26 €

Persoal telefonista

1.173,97 €

Importe das axudas de custo

En Galicia:

Comida

10,58 €

Cena

10,58 €

Pernoita (incluído almorzo)

26,44 €

Resto de España e Portugal:

Comida

12,69 €

Cea

12,69 €

Pernoita (incluído almorzo)

31,73 €