Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23650

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 29 de marzo de 2023 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2023 e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, sobre asunción de competencias en materia de cultura, a Consellería de Política Social e Xuventude inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a oferta de prazas xuvenís dentro da programación da Campaña de verán.

Mediante a oferta da devandita campaña, a Consellería de Política Social e Xuventude ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.

A Campaña de verán da Xunta de Galicia é un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas, que lles permite beneficiarse dun espazo de ocio favorable para as súas emocións e sentimentos.

Ademais, a Consellería de Política Social e Xuventude, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Neste sentido cómpre tamén sinalar que a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008, recoñece no seu artigo 30 o dereito das persoas con discapacidade a participar, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas actividades recreativas e de lecer e tempo libre. Así mesmo, o artigo 7 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, versa exclusivamente sobre o dereito á igualdade das persoas con discapacidade.

Con base no exposto, a Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acorda integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de maneira que as persoas mozas con discapacidade, poidan participar en condicións de igualdade e ademais ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar, ao procedemento xeral ou ao procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das persoas mozas con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social e Xuventude oferta as prazas para actividades xuvenís dentro da programación da Campaña de verán para o ano 2023 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina web xuventude.xunta.es

Artigo 2. Servizos ofertados

1. A participación na oferta de prazas para actividades xuvenís da Campaña de verán 2023 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple, neste último caso para os supostos de que a devandita solicitude se realice por dúas ou máis persoas, todas elas irmás, de conformidade co artigo 4.

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da persoa moza.

b) O aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) A manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para o desenvolvemento da actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con discapacidade que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.

f) A atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata a mesma localidade.

3. Sen prexuízo do establecido na letra g) do número 2, a incorporación e a recollida das persoas participantes nas actividades en Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que se indiquen pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es

No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C, será por conta da persoa interesada tanto o traslado ata Santiago de Compostela o día de saída como o traslado para a recollida do/da menor, no mesmo lugar, o día de retorno.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade das persoas proxenitoras ou titoras legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Artigo 3. Persoas participantes

1. Poderán solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2023, as persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no seu anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

Para facilitar a selección das actividades e instalacións máis axeitadas ás condicións das persoas solicitantes, a programación de actividades e as características das instalacións nas que se desenvolve cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude, xuventude.xunta.es

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.

As persoas solicitantes con discapacidade deben optar, de conformidade co artigo seguinte, polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Artigo 4. Tipos de solicitude e forma de presentación

1. As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade, de ser o caso, como se indica nos números seguintes.

2. As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (código de procedemento BS303A).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude individual a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A, campamentos que se desenvolven en Galicia, excluíndose, polo tanto, os intercambios para campamentos noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C.

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (código de procedemento BS303G).

3. Poderase presentar unha solicitude múltiple para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás, tanto no procedemento xeral como no de inclusión. Poderanse incluír na solicitude múltiple as persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, equiparándose a súa situación á de persoas irmás.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica instalación, quenda e actividade, identificada co mesmo código. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións, quendas e actividades solicitadas.

As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (código de procedemento BS303F).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude múltiple a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A. campamentos que se desenvolven en Galicia, excluíndose, polo tanto, os intercambios para campamentos noutras comunidades autónomas relacionados no anexo I C.

As persoas con discapacidade que presenten unha solicitude múltiple e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (código de procedemento BS303H).

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude múltiple, só o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

Estas solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.

4. De acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Os anexos de solicitude deben ser cubertos de acordo co seguinte réxime:

a) Cada persoa moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A , B e C.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da persoa moza que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras das persoas menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra da adxudicación.

6. Na páxina web xuventude.xunta.es habilitarase unha ligazón para consultar o número de expediente asignado á persoa menor solicitante e os datos da solicitude. Para ter acceso á consulta de datos deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a solicitude, así como a data de caducidade dese DNI.

Se na consulta se detecta algún erro ou non consta a solicitude que a persoa interesada presentou en forma e prazo, debe chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo IX, de información sobre a convocatoria.

A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día non procederá reclamación ningunha.

7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

8. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria nos teléfonos relacionados no anexo IX e tamén de modo presencial nas dependencias sinaladas no citado anexo.

Artigo 5. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas, tanto no procedemento xeral como no de prazas reservadas para inclusión, realizarase da seguinte forma:

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo que se solicite, o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión.

Neste caso o sorteo realizarase ante notario/a. O día, a hora e o lugar de realización do sorteo anunciarase na páxina web de xuventude, xuventude.xunta.es

Mediante este sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I, alíneas A, B e C.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Incluirase a cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco quendas ou actividades. O número de reservas en cada quenda ou actividade será do 50 % das prazas convocadas. Xerarase a lista de espera tanto no sorteo de prazas do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.

c) A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado fará pública a resolución da persoa titular do dito órgano directivo, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, coa adxudicación directa ou co resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, de ser o caso, e confeccionará a correspondente lista de persoas admitidas para cada quenda e actividade.

O resultado do sorteo publicarase na páxina web xuventude.xunta.es no prazo máximo de 2 meses desde a publicación da convocatoria.

Para os efectos desta publicación, e en virtude da normativa de protección de datos persoais, as persoas admitidas virán identificadas exclusivamente polo número de expediente asignado pola aplicación informática de xestión do procedemento. Procederase do mesmo xeito respecto das persoas incluídas nas listas de espera. O número de expediente asignado á persoa menor solicitante poderase consultar conforme se indica no artigo 4.6.

Artigo 7. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa. Non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso, a partir do día seguinte ao da súa publicación. Transcorrido este prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se for o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se produza o acto presunto.

Artigo 8. Documentación complementaria para a adxudicación

1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte á súa notificación no suposto de adxudicación directa, de ser o caso, ou desde o día seguinte ao da publicación do resultado do sorteo, a seguinte documentación:

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non ten DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo VI). As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.

e) Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo VII).

2. No caso de persoas con discapacidade, ademais, deberán presentar un certificado acreditativo do grao de discapacidade, cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma, e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.

3. A documentación complementaria para a adxudicación deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 9. Comprobación de datos tras a adxudicación da praza

1. Para a tramitación destes procedementos e tras a adxudicación da praza, de ser o caso, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa titular da conta, no caso de solicitude de devolución de cota prevista no artigo 15.

c) Certificado de residencia da persoa solicitante.

2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

d) Carné xove.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Adxudicación de prazas ás listas de espera

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación referenciada no artigo 8, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas na fase de reservas dos respectivos procedementos, xeral ou de prazas reservadas para inclusión, ás persoas solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes.

No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou o servizo de xuventude correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, coas persoas da lista de espera mediante chamada telefónica ao número de teléfono indicado no formulario de solicitude, na epígrafe do representante legal.

Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e as 14.00 horas, que serán rexistradas para a constancia da súa realización. De non contactar coa persoa interesada esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de espera.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada, na mesma chamada telefónica, a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 8 nun prazo de dous días hábiles a partir da chamada telefónica. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da lista de espera.

Para a presentación desta documentación estarase ao establecido no artigo 8.3.

Será de aplicación o disposto no artigo 9 en canto á comprobación de datos.

2. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de xuventude, xuventude.xunta.es

Artigo 11. Adxudicación das prazas de resultas

1. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 6 e 10 serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande e reúna as condicións e requisitos exixidos nesta orde para participar na convocatoria.

2. Estas prazas estarán expostas na páxina web xuventude.xunta.es, onde se anunciará a apertura da fase de resultas. A oferta de prazas actualizarase en tempo real na páxina web, en función das prazas que vaian quedando dispoñibles.

3. Para solicitar as prazas de resultas a persoa interesada deberá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, por medios electrónicos mediante a presentación dun formulario en liña, conforme se indicará na páxina web xuventude.xunta.es

As prazas de resultas adxudicaranse por orde de recepción da solicitude.

Se a persoa solicitante figurase na lista de espera dalgún campamento, deberá comunicalo na solicitude para, de ser o caso, dala de baixa nesa lista antes da adxudicación da praza solicitada en resultas.

A reserva de praza deberá facerse de maneira individual, para un único solicitante.

No caso de que cada solicitante poida optar a máis dun campamento, en función do ano de nacemento, poderá facer a reserva de, como máximo, tres prazas por orde de preferencia.

4. Unha vez comprobada na aplicación informática a dispoñibilidade da praza solicitada, asignarase esta á persoa interesada e comunicarase mediante correo electrónico ao enderezo indicado na solicitude, que disporá dun prazo máximo de dous días hábiles para presentar a documentación relacionada no artigo 8.

No caso de non aceptar a adxudicación, deberá indicalo contestando ao correo electrónico de comunicación da adxudicación, no prazo de dous días.

Para a presentación desta documentación estarase ao establecido no artigo 8.3.

Será de aplicación o disposto no artigo 9 en canto á comprobación de datos.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Prezos

1. Os prezos para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, alíneas A, B e C, fixados conforme o regulado na Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. De conformidade co disposto na Orde do 1 de abril de 2016, os membros de familias que teñan o título de numerosa e os membros de familias monoparentais terán un desconto do 50 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I. Neste último caso, para aplicar o desconto deberá acreditarse estar en posesión do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

3. Así mesmo, conforme o disposto na Orde do 1 de abril de 2016, as persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Para poder aplicar o desconto, a persoa beneficiaria deberá ser titular do Carné xove, vixente e activado, no momento de efectuar o pagamento.

4. Os descontos citados nos números anteriores en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando o recadro correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental ou o Carné xove, para a súa posterior comprobación pola Administración; no caso de que se opoñan a esta comprobación no formulario de solicitude, deberá achegarse a copia do título vixente de familia numerosa, do certificado de familia monoparental ou a do Carné xove, segundo o desconto aplicable.

5. O pagamento da cota efectuarase mediante impreso de autoliquidación e pagamento de taxas e prezos, conforme as indicacións que se publicarán na páxina web xuventude.xunta.es

Artigo 14. Obrigas das persoas adxudicatarias

As persoas adxudicatarias das prazas están obrigadas:

a) A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

b) A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia das persoas proxenitoras ou titoras, ou persoa debidamente autorizada por estas, e será responsabilidade delas o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.3.

c) A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións, as relativas ao cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención existentes no momento do desenvolvemento da actividade e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia.

Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cando o seu comportamento dificulte ou impida a convivencia, logo do trámite de audiencia da persoa interesada.

Artigo 15. Devolución de cota

1. Se unha vez obtida a praza, por calquera dos procedementos de adxudicación, directa, por sorteo ou fases de reserva e resultas, e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste nos casos e polas causas seguintes:

a) Renuncia á praza comunicada por escrito sempre e cando solicite a devolución da cantidade aboada polo menos sete días hábiles antes do inicio da actividade.

No caso de prazas adxudicadas en fase de reserva ou de resultas e cando non concorra ningunha das outras causas recollidas neste número, o prazo para comunicar a renuncia e solicitar a devolución da cota será de 5 días hábiles antes do inicio da actividade, e só se admitirá a devolución de cota cando a data de inicio do campamento permita presentar a solicitude de devolución con esta antelación mínima de 5 días hábiles.

b) Anulación da actividade ou non prestación do servizo por causas non imputables á persoa interesada.

c) Ingreso hospitalario ou causa médica grave que afecte á persoa menor e lle impida incorporarse ao campamento, que deberá acreditarse con informes médicos e/ou do hospital no que estea ingresada a persoa menor.

d) Falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

e) Abandono da actividade por calquera dos motivos recollidos na letra c), sempre e cando non teña transcorrido máis do 50 % dos días de duración do campamento.

2. Serán denegadas todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas coa antelación mínima sinalada na letra a) do número 1, cando non concorra ningunha das causas recollidas taxativamente no dito número 1.

3. Para estes efectos, as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo VIII), que se poderá obter na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.gal, indicando o código do procedemento no buscador.

Estas solicitudes presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme o sinalado no artigo 12.

4. As solicitudes de devolución de cota dirixiranse á xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude, para a súa resolución pola persoa titular da xefatura territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

No caso de intercambios para actividades noutras comunidades autónomas, a solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e será resolta pola persoa titular da dirección xeral, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

5. Coa solicitude deberá achegarse a copia do libro de familia e, de ser o caso, os xustificantes sinalados nas letras c) e d) do número 1.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Delegase na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a competencia para ditar as resolucións precisas no procedemento de adxudicación de prazas para actividades xuvenís dentro da programación da Campaña de verán convocado por esta orde, agás a competencia para resolver as solicitudes de devolución de cota das actividades desenvoltas en Galicia, que se delega na persoa titular da xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

A. Campamentos de verán 2023. Procedemento xeral

A Coruña

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

de nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. Marina Española (Bergondo e Sada)

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

12-13-14

148 €

150001

11-18 de xullo

12-13-14

148 €

150002

21-28 de xullo

12-13-14

148 €

150003

1-8 de agosto

12-13-14

148 €

150004

11-18 de agosto

12-13-14

148 €

150005

21-28 de agosto

12-13-14

148 €

150006

Alb. Xuv. Gandarío (Bergondo)

Actividades no mar

1-10 de xullo

08-09-10

193,30 €

150007

15-24 de xullo

05-06-07-08

193,30 €

150008

29 de xullo-7 de agosto

05-06-07-08

193,30 €

150009

12-21 de agosto

09-10-11

193,30 €

150010

26 de agosto-4 de setembro

08-09-10-11

193,30 €

150011

Creando o meu videoxogo

31 de agosto-7 de setembro

09-10-11

148 €

150012

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

31 de agosto-7 de setembro

09-10-11

148 €

150013

Adestrando o meu robot

31 de agosto-7 de setembro

09-10-11

148 €

150014

Camp. Xuv. Furelos (Melide)

Natureza no Camiño

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

150015

15-24 de xullo

05-06-07

146,70 €

150016

29 de xullo-7 de agosto

08-09

146,70 €

150017

12-21 de agosto

09-10

146,70 €

150018

26 de agosto-4 de setembro

05-06-07

146,70 €

150019

Camp. Xuv. Virxe de Loreto (Porto do Son)

Natureza xunto ao mar

1-10 de xullo

08-09

172,50 €

150020

15-24 de xullo

08-09

172,50 €

150021

29 de xullo-7 de agosto

05-06-07-08

172,50 €

150022

12-21 de agosto

05-06-07-08

172,50 €

150023

Camp. Xuv. Espiñeira (Boiro)

Candilexas

1-10 de xullo

11-12

146,70 €

150024

15-24 de xullo

11-12

146,70 €

150025

29 de xullo-7 de agosto

11-12

146,70 €

150026

12-21 de agosto

05-06-07-08

146,70 €

150027

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar (Vilasantar)

Saborea a vida do rural

10-17 de xullo

11-12-13-14

148 €

150028

20-27 de xullo

11-12-13-14

148 €

150029

Granxa Zoo Grixalba (Sobrado do Monxes)

A aldea perdida

30 de xullo-6 de agosto

11-12-13-14

148 €

150030

Aldea do Couto (Ponteceso)

Un país para pintores e poetas

2-9 de agosto

10-11-12-13-14

148 €

150031

Isidro Parga Pondal, ciencia e cultura

16-23 de agosto

10-11-12-13-14

148 €

150032

Centro Superior de Hostelería de Galicia (Santiago de Compostela)

O sabor do verán

11-18 de agosto

10-11-12-13

148 €

150033

20-27 de agosto

10-11-12-13

148 €

150034

Albergue municipal de Cabana de Bergantiños

Aventuras na praia e natureza

31 de xullo-7 de agosto

11-12-13-14

148 €

150035

Lugo

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

de nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. Area (Viveiro)

NaturArea: ambiente mariño e náutica

1-10 de xullo

08-09

193,30 €

270001

15-24 de xullo

05-06-07-08

193,30 €

270002

29 de xullo-7 de agosto

08-09

193,30 €

270003

12-21 de agosto

08-09

193,30 €

270004

26 de agosto-4 de setembro

05-06-07-08

193,30 €

270005

Alb. Xuv. Benigno Quiroga (Portomarín)

A miña primeira aventura

1-8 de xullo

12-13-14

148 €

270006

11-18 de xullo

12-13-14

148 €

270007

21-28 de xullo

12-13-14

148 €

270008

1-8 de agosto

12-13-14

148 €

270009

11-18 de agosto

12-13-14

148 €

270010

Camp. Xuv. A Devesa (Ribadeo)

Multiaventura: ambiente e mar

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

270011

Acampada a carón do mar

1-10 de xullo

11-12

146,70 €

270012

Multiaventura: ambiente e mar

15-24 de xullo

09-10

146,70 €

270013

Acampada a carón do mar

15-24 de xullo

11-12

146,70 €

270014

Multiaventura: ambiente e mar

29 de xullo-7 de agosto

09-10

146,70 €

270015

Acampada a carón do mar

29 de xullo-7 de agosto

11-12

146,70 €

270016

Endevésate co mar

12-21 de agosto

10-11-12

146,70 €

270017

Cam. Xuv. Os Chacotes (Palas de Rei)

Multiaventura nos Chacotes

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

270018

Aventura-T

15-24 de xullo

05-06-07-08

146,70 €

270019

29 de xullo-7 de agosto

05-06-07-08

146,70 €

270020

Multiaventura nos Chacotes

12-21 de agosto

09-10

146,70 €

270021

Concello de Carballedo ou limítrofes

Adventure Camp

1-8 de agosto

12-13-14

148 €

270022

11-18 de agosto

08-09-10-11

148 €

270023

21-28 de agosto

08-09-10-11

148 €

270024

Albergue Xuv. LUG II (Lugo)

O Musical

1-8 de xullo

05-06-07-08

148 €

270025

11-18 de xullo

05-06-07-08

148 €

270026

AYCH TECH&SPORTS

21-28 de xullo

05-06-07-08

148 €

270027

1-8 de agosto

05-06-07-08

148 €

270028

Design Camp. Deseña o teu futuro

11-18 de agosto

05-06-07-08

148 €

270029

21-28 de agosto

05-06-07-08

148 €

270030

Ourense

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

de nacemento

Importe

da praza

Código

Camp. Xuv. Penedos de Xacinto (Entrimo)

Teatro e aventura na natureza

1-10 de xullo

10-11-12-13-14

146,70 €

320001

15-24 de xullo

10-11-12-13-14

146,70 €

320002

29 de xullo-7 de agosto

10-11-12-13-14

146,70 €

320003

12-21 de agosto

10-11-12-13-14

146,70 €

320004

Estación de montaña

de Manzaneda

Manzaneda alta montaña

22-29 de xullo

11-12-13-14

148 €

320005

31 de xullo-7 de agosto

11-12-13-14

148 €

320006

9-16 de agosto

11-12-13-14

148 €

320007

18-25 de agosto

08-09-10

148 €

320008

27 de agosto-3 de setembro

08-09-10

148 €

320009

Albergue Equal (Coles)

Hípica e teatro

21-28 de xullo

11-12-13-14

148 €

320010

Complexo O Corgo

(Muíños)

Megalítico e arqueolóxico

16-24 de agosto

08-09-10-11

166,50 €

320011

Albergue municipal de Vilariño de Conso

Destino Vilariño

4-13 de xullo

11-12-13-14

185 €

320012

Albergue municipal de Bande-Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Explorando Rural

18-25 de xullo

11-12-13-14

148 €

320013

Residencia de T.L.

O Carballiño

Str2reamers polo cambio

1-8 de xullo

11-12-13-14

148 €

320014

11-18 de xullo

11-12-13-14

148 €

320015

Albergue A Fábrica da Luz

(Parada de Sil)

Buscando as orixes

1-8 de xullo

09-10-11-12

148 €

320016

11-18 de xullo

09-10-11-12

148 €

320017

Albergue Xuv. de Abeleda

(Xunqueira de Ambía)

Tocando o violín

15-22 de xullo

11-12-13-14

148 €

320018

Albergue Xuv. Montañas de Trevinca (A Veiga)

Os segredos do universo

9-16 de xullo

09-10-11-12

148 €

320019

Pontevedra

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

de nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. As Sinas (Vilanova de Arousa)

O mar que imaxinas

1-10 de xullo

08-09

193,30 €

360001

15-24 de xullo

08-09

193,30 €

360002

29 de xullo-7 de agosto

08-09

193,30 €

360003

12-21 de agosto

05-06-07-08

193,30 €

360004

26 de agosto-4 de setembro

05-06-07-08

193,30 €

360005

Camp. Xuv. Pontemaril (Forcarei)

Aventura na natureza

1-10 de xullo

11-12

146,70 €

360006

15-24 de xullo

09-10-11

146,70 €

360007

29 de xullo-7 de agosto

09-10-11

146,70 €

360008

Pequecho aventura

2-9 de xullo

12-13-14

117,36 €

360009

16-23 de xullo

12-13-14

117,36 €

360010

30 de xullo-6 de agosto

12-13-14

117,36 €

360011

Aventura na natureza

12-21 de agosto

09-10-11

146,70 €

360012

Camp. Xuv. Illa de Ons (Bueu)

Illa Marabilla

1-8 de xullo

10-11

117,36 €

360013

11-18 de xullo

11-12

117,36 €

360014

21-28 de xullo

09-10

117,36 €

360015

1-8 de agosto

11-12

117,36 €

360016

11-18 de agosto

11-12

117,36 €

360017

Albergue municipal Vicente Agulló (Lalín)

Aventura +

16-25 de xullo

11-12-13-14

185 €

360018

Concello de Mondariz-Balneario

Multiaventura

2-9 de xullo

05-06-07-08-09

148 €

360019

11-18 de xullo

05-06-07-08-09

148 €

360020

20-27 de xullo

05-06-07-08-09

148 €

360021

Multideporte

29 de xullo-5 de agosto

10-11-12-13-14

148 €

360022

7-14 de agosto

10-11-12-13-14

148 €

360023

16-23 de agosto

10-11-12-13-14

148 €

360024

Granxa Escola- Albergue Tomiño (Tomiño)

Aventura na granxa

20-27 de agosto

07-08-09-10

148 €

360025

Residencia de T.L. Panxón

Zerowaste

2-9 de xullo

07-08-09-10

148 €

360026

2-7 de setembro

07-08-09-10

111 €

360027

FervenzAventura (Silleda)

Aventura na fervenza

23-30 de xullo

05-06-07-08-09

148 €

360028

Centro Edc. ambiental El Kirico (Fornelos de Montes)

Kirico aventura

30 de xullo-6 de agosto

09-10-11-12

148 €

360029

Complexo cultural Illa de San Simón (Redondela)

A Illa das historias

3-10 de agosto

07-08-09-10

148 €

360030

B. Campamentos de verán 2023. Prazas reservadas para inclusión

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

de nacemento

Importe

da praza

Código

A. X. Marina Española (Bergondo e Sada)

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

12-13-14

148 €

150001

1-8 de agosto

12-13-14

148 €

150004

A. X. Gandarío (Bergondo)

Actividades no mar

1-10 de xullo

08-09-10

193,30 €

150007

15-24 de xullo

05-06-07-08

193,30 €

150008

29 de xullo-7 de agosto

05-06-07-08

193,30 €

150009

12-21 de agosto

09-10-11

193,30 €

150010

26 de agosto-4 de setembro

08-09-10-11

193,30 €

150011

C. X. Espiñeira (Boiro)

Candilexas

1-10 de xullo

11-12

146,70 €

150024

29 de xullo-7 de agosto

11-12

146,70 €

150026

C. X. Os Chacotes (Palas de Rei)

Multiaventura nos Chacotes

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

270018

Aventura-T

29 de xullo-7 de agosto

05-06-07-08

146,70 €

270020

A. X. As Sinas (Vilanova de Arousa)

O mar que imaxinas

1-10 de xullo

08-09

193,30 €

360001

15-24 de xullo

08-09

193,30 €

360002

29 de xullo-7 de agosto

08-09

193,30 €

360003

12-21 de agosto

05-06-07-08

193,30 €

360004

26 de agosto-4 de setembro

05-06-07-08

193,30 €

360005

C. X. Pontemaril (Forcarei)

Pequecho aventura

2-9 de xullo

12-13-14

117,36 €

360009

16-23 de xullo

12-13-14

117,36 €

360010

30 de xullo-6 de agosto

12-13-14

117,36 €

360011

Aventura na natureza

1-10 de xullo

11-12

146,70 €

360006

15-24 de xullo

09-10-11

146,70 €

360007

29 de xullo-7 de agosto

09-10-11

146,70 €

360008

12-21 de agosto

09-10-11

146,70 €

360012

C. Campamentos de verán 2023. Intercambios noutras comunidades autónomas

Comunidade Autónoma

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe

da praza

Código

País Vasco

(Álava)

Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz

Colonia de rock

1-12 de xullo

06-07-08

284,50 €

500001

Alb. Xuv. Isla de Zuhatza

Náutica

1-11 de agosto

07-08-09

275,13 €

500002

Estremadura

Albergue Sta. María de Guadalupe

(Valencia de Alcántara)

Multiaventura e Portugal

30 de xullo-8 de agosto

08-09

247,50 €

500003

Castela e León

Alb. Xuv. San Martín de Castañeda (Puebla de Sanabria)

Multiaventura e aire libre

21-30 de xullo

09-10

247,50 €

500004

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos (Ávila)

Multiaventura e aire libre

1-10 de agosto

09-10

247,50 €

500005

A Rioxa

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

30 xuño-9 de xullo

08-09

247,50 €

500006

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

3-12 de agosto

06-07-08

247,50 €

500007

Madrid

Alb. Xuv. Villa Castora (Cercedilla)

Danza urbana

7-17 de xullo

06-07-08

266,00 €

500008

Alb. Xuv. El Escorial (San Lorenzo de El Escorial)

Cine e aventura

31 de xullo-10 de agosto

10-11

266,00 €

500009

Cantabria

Alb. Xuv. Gerardo Diego (Solórzano)

Cine en Solórzano

16-30 de xullo

05-06-07-08-09

340,00 €

500010

Castela-

A Mancha

Campamento Xuvenil Riópar (Albacete)

Multiaventura

11-20 de xullo

08-09-10

209,20 €

500011

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Información sobre a convocatoria. Programa campaña de verán 2023

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social e Xuventude.

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 881 99 90 25/881 99 91 94/981 54 52 93/881 99 93 14.

Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2-4, 15011 A Coruña.

Teléfonos: 881 88 12 38/881 88 12 40/881 88 12 41.

Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social e Xuventude. Oficina Local de Ferrol.

Praza Camilo José Cela, s/n, 1º, 15403 Ferrol.

Teléfono: 981 33 72 90.

Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfonos: 982 29 42 24/982 29 45 99/982 29 49 23.

Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Celso Emilio Ferreiro, 27, 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 61 20/988 38 61 17.

Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo.

Teléfonos: 986 81 70 78/986 81 70 80/986 81 70 79/986 81 77 82.

Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social e Xuventude. Oficina Local de Pontevedra.

Avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º andar, 36003 Pontevedra.

Teléfonos: 886 20 63 95/986 80 55 31.