Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes denominados A Poza do Frade, O Canto do Regueiro, Valdapalla, Cons 5, Cons 6, Cons 7 e Cons 8, a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, na parroquia de Mourente, concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra reuniuse en sesión que tivo lugar o 1 de marzo de 2023, baixo a presidencia de Antonio Crespo Iglesias, xefe territorial, coa asistencia dos seguintes vogais: Amalia Elsa Pazos Pintos, xefa do Servizo de Montes; Xosé Carlos Morgade Martínez, representante das comunidades de montes veciñais en man común da provincia e representante da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente; Xesús Santaló Ríos, representante do Colexio de Avogados da provincia; Paula Nieto Grande, letrada da Xunta de Galicia, e como secretario do Xurado José Alberto Cousido Fernández, funcionario adscrito ao Servizo Xurídico-Administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado adoptou a seguinte resolución:

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 16.6.2019 a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Mourente, concello de Pontevedra, solicita a clasificación como monte veciñal en man común (en diante, MVMC) das parcelas A Poza do Frade, O Canto do Regueiro, Valdapalla, Cons 5, Cons 6, Cons 7 e Cons 8, a favor dos veciños da parroquia de Mourente, concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra:

Parcela: A Poza do Frade.

Referencia catastral: 36900A13000073.

Superficie: 2.042 m2.

Linde norte: José Antonio Pereira Seijas, Bernardo Loira Araújo, Vicente Villaverde Portela e Benito Cobas.

Linde sur: Rosa Riveiro Lage, Manuel Sanmartín Moreira e Benito Cobas.

Linde leste: María Elisa Fontán Varela.

Linde oeste: Francisco Rey, Mª Carmen Riveiro Otero, Maximino Otero Rey e Mª Carmen Riveiro Otero.

Parcela: O Canto do Regueiro.

Referencia catastral: 36900A13700039.

Superficie: 2.433 m2.

Linde norte: Margarita López Piedras e Mª Teresa Couto Pereira.

Linde sur: vía pública.

Linde leste: Dolores Regueira Pereira, Mª Teresa Couto Pereira, Alfredo López Roel, Celia González Couto e Manuel Fortes.

Linde oeste: vía pública.

Parcela: Valdapalla.

Referencia catastral: parte 36900A16000528 (CSV:JNN4PHNGZ2NQBT7D).

Superficie: 527 m2.

Linde norte: Aurelio López Pérez e Juan Manuel Estévez Durán.

Linde sur: Teresa Pece Montenegro e Juan Manuel Estévez Durán.

Linde leste: Mª Obdulia Mendoza Villaverde e José Benjamín Pastoriza Fandiño.

Linde oeste: Mª Obdulia Mendoza Villaverde e camiño público (segundo o Catastro, Casino Mercantil e Industrial).

Parcela: Cons 5.

Referencia catastral: 2398801NG3929N.

Superficie: 494 m2.

Linde norte: vía pública e Comunidade de Montes de Mourente.

Linde sur: concello de Pontevedra.

Linde leste: Comunidade de Montes de Mourente.

Linde oeste: vía pública.

Parcela: Cons 6.

Referencia catastral: 2298907NG3929N.

Superficie: 330 m2.

Linde norte: Abigail Pastoriza Fandiño.

Linde sur: vía pública.

Linde leste: vía pública.

Linde oeste: Abigail Pastoriza Fandiño.

Parcela: Cons 7.

Referencia catastral: 2296001NG3929N.

Superficie: 319 m2.

Linde norte: vía pública.

Linde sur: Isabel Cochón Palmás.

Linde leste: vía pública.

Linde oeste: vía pública.

Parcela: Cons 8.

Referencia catastral: 2297201NG3929N0001PS.

Superficie: 294 m2.

Linde norte: vía pública.

Linde sur: Manuel Leiro Torres.

Linde leste: vía pública.

Linde oeste: vía pública.

Coa solicitude xúntase a seguinte documentación:

• Escrito do 30.4.2019, do presidente da CMVMC de Mourente, que expón de xeito detallado, por cada parcela, os aproveitamentos que os veciños veñen gozando e aproveitando.

• Informe técnico da solicitude de clasificación das parcelas A Poza do Frade e outras, parroquia de Mourente, concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra. Asinado en setembro de 2018 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 503. A memoria contén medición topográfica, reportaxe fotográfica das parcelas, fichas catastrais e documentación que acredita o uso comunal dos veciños de Mourente.

• Informe de validación gráfica catastral da parcela Valdapalla co CSV JNN4PHNGZ2NQBT7D.

Durante a tramitación do expediente non achegan documentación para acreditar o aproveitamento veciñal en man común por parte dos veciños da parroquia de Mourente.

Segundo. O 19.12.2019 o xefe da Sección de Topografía informa da posibilidade de identificación das parcelas obxecto de clasificación e que se encontra fóra do deslindamento do monte da CMVMC de Mourente executado pola Administración forestal no ano 2013.

Terceiro. O 27.2.2020 o Xurado de MVMC de Pontevedra acorda incoar expediente de clasificación das parcelas A Poza do Frade, O Canto do Regueiro, Valdapalla, Cons 5, Cons 6, Cons 7 e Cons 8. Noméase instrutora a Amalia Elsa Pazos Pintos. Este acordo notifícaselle o 5.3.2020 á CMVMC de Mourente e o 6.3.2020, ao Concello de Pontevedra.

Cuarto. O 27.5.2021 a xefa da Área de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra emite informe preceptivo do Servizo de Montes:

«(…) 1. A Poza do Frade: 36900A13000073, de 2.042 m2.

1. Corresponde na súa totalidade coa parcela 36900A13000073, de 2.042 m2, que se encontra en investigación.

2. Accédese por un camiño de terra, non catastrado, que atravesa a parcela. Aprécianse restos de muro e marcos que a delimitan.

3. Esta parcela forestal está poboada por carballo e plantada con freixos e castiñeiros de 1,5 a 2 m de altura e unha vexetación subarbustiva de fentos.

4. A parcela, como se informa no punto 2, está plantada e contén un cartel informativo da comunidade de prohibición de verter lixo.

2. O Canto do Regueiro: 36900A13700039, de 2.433 m2.

1. Corresponde na súa totalidade coa parcela 36900A13700039, de 2.433 m2, que se encontra en investigación.

2. Accédese pola vía asfaltada catastrada como 36900A13709001, que delimita a parcela polo oeste, e a vía asfaltada 36900A13709003, polo sur. Polo leste está delimitada por un muro de pedra e polo norte por marcos de pedra. A parcela atravésaa unha senda, que non está catastrada, de norte a sur.

3. Esta parcela forestal é unha ladeira, orientada ao oeste, onde se aprecian restos de corta de acacia negra, que están substituíndo por castiñeiros de 2 zumes. Obsérvase un estrato arbóreo de carballos e castiñeiros adultos, cun estrato subarbustivo de fentos.

4. Hai un cartel da comunidade de montes situado no terzo sur da parcela e un pozo situado ao carón da estrada 9001, tamén no terzo sur.

Existe unha liña de postes de luz ao longo da estrada 9001 e, como se resalta no punto 3, unha plantación de castiñeiros despois da corta de acacia negra.

3. Valdapalla, de 527 m2.

1. É un anaco (527 m2) da parcela catastral 36900A16000528, que ten unha superficie total de 91.033 m2, a nome de Granja Vista Real, S.A.

2. Accédese por un camiño de terra, situado na parte suroeste da parcela, que non está catastrado.

Encóntrase delimitada polos muros de pedra das propiedades lindeiras situadas ao noroeste e sueste e por un camiño de terra situado ao suroeste.

3. Encóntrase plantada con diversas especies forestais, como castiñeiro, carballo do xénero rubra e bidueiro. A parcela foi desbarbada e agora está poboada por estrato subarbustivo de herbas.

4. Cons 5 (2398801NG3929N), de 494 m2.

Cons 5 linda ao noroeste con vía asfaltada, ao sur coa casa da comunidade (parcela non clasificada) e ao leste con terreo clasificado á comunidade, segundo o deslindamento.

É unha parcela de viñedo sen ningún uso forestal, delimitada por diferentes elementos como somieres e arames e atravesada por unha liña eléctrica de media tensión, onde se sitúa un apoio desta liña.

5. Cons 6 (2298907NG3929N), de 330 m2.

Esta parcela residual é lindeira polo nordés co monte veciñal de Mourente. Está situada entre vías asfaltadas, que a separan do resto do monte veciñal, e o cerramento da propiedade contigua, de referencia 2298906NG3929N0001LS, á cal se accede a través da parcela catastral 2298907NG3929N.

No ten ningún uso forestal e a única vexetación existente é herba cortada e un abeto adulto de gran tamaño.

Contén un apoio dunha liña eléctrica de media tensión e dous pasos asfaltados, únicos accesos para as vivendas da parcela 298906NG3929N0001LS.

6. Cons 7 (2296001NG3929N), de 319 m2.

Esta parcela residual está situada entre vías asfaltadas, que a separan do resto do monte veciñal clasificado, e o cerramento da propiedade contigua, de referencia 2296002NG3929N0001YS.

Non ten ningún uso forestal. A vexetación arbórea consiste nun abeto adulto e dúas cerdeiras plantados duns 2 m de altura. No momento da visita a herba non estaba cortada.

Obsérvase un cartel da Comunidade de Mourente, bloques de granito tirados na parcela e un poste da liña de baixa que atravesa a parcela polo límite noroeste, a carón da vía asfaltada.

7. Cons 8 (2297201NG3929N), de 294 m2.

Esta parcela residual está delimitada polo norte por unha vía asfaltada, que a separa do monte veciñal clasificado 2299006NG3929N0001AS, e o cerramento das parcelas lindeiras polo sur.

No ten ningún uso forestal. No momento da visita a herba non estaba cortada, polo que non se visualizan os 3 bancos instalados pola comunidade. Contén un poste da luz e a única vexetación arbórea existente é unha cerdeira adulta».

Quinto. O 1.7.2021 o Rexistro da Propiedade de Pontevedra número 1 certifica que os predios dos cales se insta a clasificación non están inscritos no Rexistro. Ordénanse as anotacións preventivas no Rexistro da Propiedade de Pontevedra número 1, notifícase o trámite de audiencia, publícase o edicto no Concello de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG), o anuncio do 18 de novembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación dos montes A Poza do Frade e outros, a favor da CMVMC de Mourente, do concello de Pontevedra (DOG núm. 235, do 19 de decembro).

Sexto. Dentro do período do trámite de audiencia non se reciben alegacións.

Fundamentos de dereito

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. O artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, define o monte veciñal en man común:

«Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Deste xeito, para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só no pasado, senón tamén no presente e de forma continuada. Así o establecen o antedito artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, polo que se conclúe que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditada a constante posesión do aproveitamento dos montes por parte dos veciños promotores e de xeito continuado.

Terceiro. Revisada a documentación existente no expediente, acredítase de forma sólida e fidedigna o aproveitamento consuetudinario en man común das parcelas por parte da agrupación veciñal.

A Poza do Frade. Declaración de veciños do aproveitamento comunal; declaración dun madeireiro dos lindes; escritura dunha propiedade privada de que é lindeira co monte. Segundo un informe do Servizo de Montes, posúe un cartel da CMVMC de Mourente e plantación de frondosas. Factura do ano 2017 de eliminación de especies invasoras. Factura do ano 2018 de roza. Factura do ano 2019 de plantación de castiñeiros, carballos e freixos. Venda de madeira e transferencia do ano 2016.

O Canto do Regueiro. Declaración de veciños do aproveitamento comunal. Factura do ano 2017 de eliminación de especies invasoras. Factura do ano 2019 de plantación de castiñeiros.

Valdapalla. Declaración do presidente do Liceo Casino de Pontevedra de que a parcela non lles pertence; medición topográfica e declaración de lindeiros. Factura do ano 2019 de preparación do terreo e plantación de castiñeiros, carballos e freixos.

Parcelas Cons. Declaración dos veciños; contrato de cesión en precario da CMVMC de Mourente a un veciño para horta. Factura do ano 2017 de eliminación de especies invasoras. Factura do ano 2018 de roza. Factura do ano 2019 de plantación de cerdeiras e camelias.

O informe de campo da xefa da Área de MVMC de Pontevedra concorda coa documentación presentada pola CMVMC de Mourente.

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados; a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como os demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o Xurado, por unanimidade,

ACORDA:

Clasificar como veciñais en man común os montes denominados A Poza do Frade, O Canto do Regueiro, Valdapalla, Cons 5, Cons 6, Cons 7 e Cons 8 a prol dos veciños da Comunidade de Montes de Mourente, do concello de Pontevedra, de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito primeiro e conforme a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición, con carácter potestativo, perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de acordo co disposto nos artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 5 de abril de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

missing image file