Expediente: IN407A 2022/297-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación LAMT PED-706 Goimil 6 entre os apoios AU0BBQ5E//68 e AUD2L2H2//74.
Concello: Irixoa.
Características técnicas:
Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña PED-706 rexistrada no expediente 50.781, de 1.014 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios núm. 68 (matrícula AU0BBQ5E) metálico tipo A-AL-Torre-Cr. triángulo-6×CA(CS)-Cr. derivada recta-3×CA e núm. 74 (matrícula AUD2L2H2) metálico tipo A-AG-Torre-Cr. en triángulo-6×CA, consistente en:
– Instalación na parcela con referencia catastral 15040B50301166, de xeito intercalado entre o apoio núm. 69 (matrícula AU0U1SEI) metálico tipo A-AL-Torre-Cr. triángulo-6×CA(CS)-XS(15HBHH) e o apoio núm. 70 (matrícula AU4EI3K) metálico tipo A-AG-Torre-Cr. bóveda-6×CA, dun novo apoio que se identificará co núm. 69.bis, metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-H35-6×CA(CS).
– Substitución, respectando o seu actual lugar cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 73 (matrícula AUB397W0) de formigón A-AL-Cr. bóveda-3×CS(xugos)-Cr. derivadas recta-6×CA(CS), do apoio núm. 72 (matrícula AU8S6LOH) metálico de celosía con cruceta recta-6×CA(CS), polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AG-C-3000/16-H35-6×CA(CS).
– Regulación do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans da liña PED-706 anterior e posterior ao novo apoio metálico núm. 69.bis proxectado, de 179 e 101,4 metros de lonxitude, respectivamente.
– Regulación do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans da liña PED-706 anterior e posterior ao novo apoio metálico núm. 72 proxectado, de 228,2 e 174,9 metros de lonxitude, respectivamente.
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 3 de maio de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Denominación: regulamentación LAMT PED-706 Guimil 6 entre os apoios AU0BBQ5E//68 e AUD2L2H2//74.
Concello: Irixoa.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Núm. do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Descoñecido |
15040B50301166 Polígono 503, parcela 1166 |
Cortiña |
Novo apoio núm. 69.bis |
2 |
Urbana |