Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32546

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación na escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B; na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2; e no corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regula que o persoal laboral fixo das administracións públicas incluídas no ámbito da súa aplicación que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estea a realizar funcións ou desempeñe postos de traballo de persoal funcionario, ou pase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, poderá seguir a realizalas ou desempeñalas.

Así mesmo, esta disposición, no seu punto segundo, recolle que o Consello da Xunta de Galicia establecerá, a través das relacións de postos de traballo (RPT), a valoración, clasificación e determinación dos postos de traballo afectados por esta norma na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para dar cumprimento ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta administración incorporou as prazas obxecto de funcionarización no anexo V do Decreto 225/2020, do 23 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 (DOG núm. 260, do 29 de decembro).

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira por parte do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En desenvolvemento deste procedemento, a Dirección Xeral da Función Pública elaborou a presente modificación da relación de postos de traballo de Administración xeral e tamén de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, determinando previamente aqueles postos de persoal laboral da Xunta de Galicia afectados polo proceso de funcionarización.

Esta modificación de postos de traballo debe estar aprobada con anterioridade á toma de posesión do persoal que adquira a condición de funcionario de carreira, xa que serán estes postos de traballo os que figuren na orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regule o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización, convocados por resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 12 de maio e do 25 de agosto de 2021, respectivamente.

Cómpre sinalar que nesta relación de postos de traballo, ademais de recoller aqueles postos do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes, figuran tamén outros postos de persoal laboral tamén obxecto de funcionarización, e indicar que:

Os postos de traballo do persoal laboral fixo que non superou o proceso manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.

O persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará desempeñando as súas funcións nos postos que viñan ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo o establecido na disposición transitoria primeira bis da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, logo do remate dos procesos de funcionarización que se convoquen ao abeiro das ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Para a determinación dos postos que son susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario, tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado o seu anexo pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021 (DOG núm. 61, do 31 de marzo), que establece o seguinte:

«Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.

A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, na escala ou especialidade prevista como equivalente no mencionado anexo».

Así mesmo, tívose en conta o disposto na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece a equivalencia entre as correspondentes categorías profesionais do persoal laboral e as correspondentes escalas do persoal funcionario.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de xuño de 2023, por iso e co fin de que se cumpran os trámites oportunos, en canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta RPT entrará en vigor o 31 de maio de 2023.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 19 de maio de 2023, adoptou o seguinte

acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia e a clasificación na escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B; na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2; e no corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos de entrada en vigor o 31 de maio de 2023.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de maio de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia e da clasificación na escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B; na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2; e no corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020, DOG nº 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Clasificación de postos de traballo derivada da funcionarizacion de postos de persoal laboral na escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B; na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2; e no corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, en concordancia co contido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, a posibilidade de proceder á funcionarización do persoal laboral fixo nos corpos e nas escalas de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia. A este persoal garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo, se estas son superiores ás que lle correspondan como funcionario.

En desenvolvemento do anterior publicouse o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Referente ás cuestións retributivas establece, no seu artigo 9, que o persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización, a partir da toma de posesión como funcionario de carreira, pasará a devindicar todas as súas retribucións conforme ao sistema, os conceptos e as contías establecidos con carácter xeral para o persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma. Garantiránselle as retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, que estaba a percibir como laboral fixo, se estas fosen superiores ás que lle correspondan como persoal funcionario de carreira.

A Dirección Xeral da Función Pública elaborou unha modificación da relación de postos de traballo co obxecto de adaptar os postos, definidos actualmente como de adscrición de persoal laboral, á condición de persoal funcionario dentro dalgunha das categorías recollidas no anexo do Decreto 165/2019.

Ao abeiro deste proceso de funcionarización, mediante as resolucións do 12.5.2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio) e do 25.8.2021 (DOG nº 170, do 3 de setembro), convocáronse procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nos corpos, nas escalas e especialidades correspondentes do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Os postos correspondentes a estas categorías funcionarizadas son os que figuran na relación de postos de traballo a que fai referencia o parágrafo anterior.

Trátase dunha modificación derivada dun proceso de funcionarización no cal, por primeira vez, se establece unha clasificación dos postos de traballo correspondentes á escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B; escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2; e do corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2; escalas recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Para a determinación desta clasificación tivéronse en conta aqueles complementos salariais que figuraban na correspondente relación de postos de traballo, que retribuían as especiais dificultades materiais e técnicas que exixe o desempeño do posto de traballo.

Mentres non se acorde coas organizacións sindicais outro réxime de aboamento, o persoal funcionarizado afectado por esta modificación da RPT que teña quendas nocturnas seguirá a percibilas na cantidade que lle correspondería como persoal laboral conforme as condicións especiais de traballo do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia anexas ao Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Esta cantidade no réxime funcionarial terá a consideración de produtividade.

Por conseguinte, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, establécese a seguinte clasificación de postos de traballo na escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B; na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial, subgrupo C2; e do corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2.

Primeiro. Clasificación dos postos cos seguintes niveis de complemento de destino e específico:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

Subgrupo

Denominación

Niveis: destino e específico

C2

OPERADOR/A-CODIFICADOR/A DATOS

13

Consellería do Medio Rural:

Subgrupo

Denominación

Niveis: destino e específico

C1

BOMBEIRO/A FORESTAL XEFE/A BRIGADA HELITRANSPORTADA

Nivel 21, CE 22

C1

BOMBEIRO/A FORESTAL XEFE/A DE BRIGADA

Nivel 20, CE 21

C2

BOMBEIRO/A FORESTAL CONDUTOR/A DE MOTOBOMBA

Nivel 19, CE 20

C2

BOMBEIRO/A FORESTAL BRIGADA HELITRANSPORTADA

19

C2

BOMBEIRO/A FORESTAL

17

C2

EMISORISTA-VIXILANTE/A FIXO/A

14

C2

OPERADOR/A-CODIFICADOR/A DATOS

13

Segundo. Conforme o recollido na disposición transitoria única do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a funcionarización do persoal proposto para adquirir esa condición no dito grupo producirase no subgrupo C1.

Terceiro. Constituirase unha Comisión de Seguimento presidida polo director xeral da Función Pública e constituída por un membro vogal de cada organización sindical asinante e iguais membros por parte da Dirección Xeral da Función Pública que, ademais do establecido no punto anterior, será a encargada da vixilancia, interpretación e seguimento do establecido nesta clasificación.

Esta comisión será consultada sobre os complementos de funcionarización que se lles establezan aos laborais fixos con posto nesta RPT que se funcionaricen con posterioridade a súa entrada en vigor.