A Hermandad de Caballeros Apóstol Santiago presenta unha solicitude de modificación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 12 de maio de 2022, co obxecto de cambiar a denominación da entidade por Asociación Círculo Chileno de Amigos del Camino de Santiago de Compostela.
A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, de 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño, DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi presentada a documentación pertinente segundo o artículo 26 do citado decreto.
Fundamentos de dereito:
É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:
▪ Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.
▪ Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.
O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 2 de xuño de 2023 sobre a solicitude en que se constata que se cumpren os requisitos para o dito cambio.
A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,
RESOLVO:
Que se modifique a denominación Hermandad de Caballeros Apóstol Santiago por Asociación Círculo Chileno de Amigos del Camino de Santiago de Compostela no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago e quede inscrita co número 231.
Réxime de recursos:
A presente resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpoñer potestivamente un recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, ante esa orde xurisdicional.
En ningún caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de presentarse, sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. O anterior, de acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023
O conselleiro de Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
María Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural