Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40797

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 23 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 e 12 de maio de 2021.

Polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 e 12 de maio de 2021, que se recollen no anexo I da presente orde, convocáronse varios procesos de funcionarización.

Unha vez rematados os procesos antes indicados, procede ditar a presente orde, coa finalidade de regular varios aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.

De conformidade co artigo 72 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o principio de simplificación administrativa, procede acordar unha única orde para regular as cuestións derivadas do cambio do vínculo xurídico das persoas afectadas polo dito proceso de funcionarización.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto regular o cambio do vínculo xurídico do persoal recollido no anexo II desta orde que superou o correspondente proceso de funcionarización.

2. Así mesmo, a presente orde ten por obxecto regular o prazo de toma de posesión como persoal funcionario de carreira do dito persoal.

3. Finalmente, esta orde ten por obxecto regular outros aspectos ligados ao cambio do vínculo xurídico coa Administración do persoal que superou o devandito proceso de funcionarización.

Artigo 2. Prazo para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. A data de sinatura deste acordo de extinción será o 30 de xuño de 2023.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Artigo 3. Prazo para o cambio do vínculo xurídico coa Administración

Os efectos administrativos da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicarán o cambio do vínculo xurídico coa Administración, serán o 1 de xullo de 2023.

Artigo 4. Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas, incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto

No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte día hábil ao da sinatura do dito acordo. Nos supostos de incapacidade temporal ou de incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.

Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Artigo 5. Efectos do incumprimento dos prazos

O incumprimento dos prazos antes indicados, agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral da Función Pública, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, mantendo a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes a dita condición.

Artigo 6. Excedencias

Segundo o establecido no artigo 8.2 do Decreto 165/2019, o/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 7. Trienios

Segundo o artigo 9.3 do Decreto 165/2019 o persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.

Percibiranse os trienios recoñecidos valorados na contía que corresponda ao corpo, subgrupo, escala ou especialidade do posto equivalente.

As diferenzas de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario percibirase nun concepto na nómina nos termos recollidos no artigo seguinte.

O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior á que se percibiría como laboral.

Artigo 8. Complemento de funcionarización

Segundo o establecido no artigo 9.2 do Decreto 165/2019, a diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización

Este complemento dividirase en dúas partes:

Parte a) funcionarización-persoal: comprende a diferenza de retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, percibidas como persoal laboral fixo, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as percibidas como persoal funcionario. Este complemento percibirase en 12 mensualidades. Este complemento non é compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Parte b) funcionarización-antigüidade: recollerá a diferenza de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario. Este complemento percibirase en 14 mensualidades e non será compensable nin absorbible.

Artigo 9. Consolidación do grao persoal

A consolidación do grao persoal realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Artigo 10. Persoal en adscrición temporal

O persoal que no momento da toma de posesión se atope en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.

Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Artigo 11. Compatibilidades

As persoas que, ao abeiro da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles, contado desde o seguinte ao da toma de posesión, para solicitar ante a Consellería de Facenda e Administración Pública a compatibilidade conforme a nova condición, que se entende prorrogada mentres non se dite a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto. 

Artigo 12. Mantemento das interinidades

Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Artigo 13. Reducións de xornada

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio do vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Convocatorias dos procesos de funcionarización obxecto da presente orde

Resolución do 7 de febreiro de 2020 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 32, do 17.2.2020).

Resolución do 7 de febreiro de 2020 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. (DOG núm. 32, do 17.2.2020).

Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 94, do 21.5.2021).

ANEXO II

Persoal nomeado funcionario de carreira

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido na presente orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que aquí se relacionan.

– Corpo superior de Administración xeral, subgrupo A1.

Categoría 31 (titulado/a superior de formación ocupacional)

Nome

NIF

Posto

Carácter

Parra Contreras, Santiago

***5468**

EIC991000032001500

Definitivo

– Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.

Categoría 03 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a)

Nome

NIF

Posto

Carácter

Fraga Haz, Victoria

***1751**

PSC994080115570169

Definitivo

– Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, escala de persoal subalterno.

Categoría 03 (ordenanza, celador/a..)

Nome

NIF

Posto

Carácter

Ansoar Fernández, María Libia

***5024**

PSC994020127160006

Definitivo

Armesto Yáñez, Ana Isabel

***5867**

PSC994070115570004

Definitivo

Candame Veiras, Purificación

***7557**

PSC994030115001071

Provisional

Canitrot Fidalgo, Concepción

***5378**

PSC994080036560729

Definitivo

Chao Victorino, María Teresa

***1426**

PSC994080227001142

Provisional

Cochón Carballo, María Ana

***0644**

PXA291000036001100

Definitivo

Cubiella Granda, Rubén

***5397**

PEC994020136600070

Definitivo

Docal Fernández, María José

***9412**

PSC994080127085070

Definitivo

Feijoo Ferro, José Luis

***5190**

PSC994080132001157

Definitivo

Fernández Albela, María del Carmen

***1508**

PX1010000115770032 

Definitivo

Fernández Ares, José Luis

***5860**

PSC994010115080047

Definitivo

Fernández González, María del Carmen

***0217**

PSC994080132230037

Definitivo

Fernández Pérez, Dorinda

***3919**

PSC994080227300045

Definitivo

García Folgueira, María Isabel

***1497**

EDC994090127001050

Definitivo

González Expósito, Orlando

***2228**

PSC994060132001011

Definitivo

González Río, María Asunción

***0902**

PSC994030127550060

Provisional

Limia Domínguez, Juan Carlos

***9742**

PSC994080132190049

Definitivo

López Caneiro, José Heriberto

***5298**

PSC993020127650006

Definitivo

Meizoso Rodríguez, María Carmen

***5122**

EDC995020115001058

Definitivo

Prieto Cacabelos, Diana

***6059**

PSC994080036560385

Definitivo