Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40804

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 16 de maio de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

En virtude da Resolución do 16 de maio de 2023 (DOG núm. 99, do 26 de maio) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño).

DISPÓN:

Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***0011**

Castro Pampín, Marta

Estimación de recurso administrativo

A persoa anteriormente indicada queda excluída da relación definitiva de aspirantes excluídos ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública