O artigo 28.2 da Constitución española recoñece o dereito á folga como dereito fundamental da persoa.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se encontra a sanidade.
O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.
O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros e conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.
As organizacións sindicais UGT, USO, CC.OO. e CIG comunicaron a convocatoria dunha folga dirixida a todo o persoal das empresas e centros de traballo afectados polo Convenio colectivo para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia, que se levará a efecto entre as 0.00 horas do día 6 de xullo do 2023 e as 23.59 horas do día 7 de xullo do 2023, e entre as 0.00 horas do día 19 de xullo de 2023 e as 23.59 horas do día 21 de xullo de 2023.
Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
1. A convocatoria de folga dirixida ao persoal das empresas e centros de traballo afectados polo Convenio colectivo de transporte de persoas enfermas e accidentadas en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia, que se levará a efecto entre as 0.00 horas do día 6 de xullo do 2023 e as 23.59 horas do día 7 de xullo do 2023, e entre as 0.00 horas do día 19 de xullo de 2023 e as 23.59 horas do día 21 de xullo de 2023, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde.
2. O ámbito da folga abrangue:
1) Transporte sanitario urxente, organizado e xestionado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 (en diante, FPUSG-061) a través da Rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG, no sucesivo). O servizo préstase mediante:
– Ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (AA-SVA) medicalizadas, é dicir, ambulancias tipo C concertadas pola FPUSG-061, que se corresponden cun total de doce unidades, situadas en doce bases. O horario de servizo é de 24 horas.
– Ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (AA-SVA) con enfermaría, é dicir, ambulancias tipo C concertadas pola FPUSG-061, que se corresponden cun total de catro unidades, situadas en catro bases. O horario de servizo é de doce horas diúrnas.
– Ambulancias asistenciais de soporte vital básico (AA-SVB), é dicir, ambulancias tipo B concertadas pola FPUSG-061, que se corresponden cun total de 107 unidades.
O número de bases por provincia é o seguinte: 32 bases na provincia da Coruña, con 38 vehículos; 19 bases na provincia de Lugo, con 20 vehículos; 13 bases na provincia de Ourense, con 17 vehículos, e 24 bases na provincia de Pontevedra, con 32 vehículos.
– Ambulancias no asistenciais (ANA-AC), é dicir, ambulancias tipo A1 concertadas pola FPUSG-061, que se corresponden cun total de dúas unidades, situadas en dúas bases. O horario de servizo é de 24 horas.
2) Transporte sanitario non urxente, tanto ambulatorio como hospitalario, e o hospitalario urxente organizado e xestionado polo Servizo Galego de Saúde. As modalidades de transporte sanitario que inclúe esta prestación son:
a) Transporte programado: traslados de enfermos/as ambulatorios/as aos centros sanitarios.
b) Transporte hospitalario: onde se recollen os ingresos hospitalarios, as altas hospitalarias, traslados interhospitalarios de consultas, probas e/ou tratamentos, traslados interhospitalarios para ingresos hospitalarios e o transporte interhospitalario urxente.
c) Traslados entre comunidades autónomas.
3) Transporte sanitario prestado polas empresas que afecte enfermos/as ou accidentados/as na Comunidade Autónoma, non incluído nos puntos anteriores.
Polo que atinxe nomeadamente á realización do servizo de transporte sanitario organizado polo Servizo Galego de Saúde, este ten contratados unha serie de recursos á disposición das distintas xerencias de área sanitaria. De xeito que as necesidades do transporte sanitario xestionado polo organismo canalízanse mediante sucesivos concertos de xestión de servizos públicos, cuxa cuantificación se realiza dun xeito aproximado ou estimado, pois a demanda está subordinada ás necesidades reais en cada área.
En concreto, os servizos anuais estimados no vixente concerto, nas diferentes áreas, son os seguintes:
– Área Sanitaria da Coruña e Cee: 130.697.
– Área Sanitaria de Ferrol: 72.000.
– Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza: 150.000.
– Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: 155.000.
– Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 174.000.
– Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: 125.000.
– Área Sanitaria de Vigo: 250.000.
Para realizar este número estimado de servizos, nos pregos que rexen a contratación do transporte o Servizo Galego de Saúde estableceu o seguinte parque móbil (sen prexuízo de que, de sobrevir unha maior demanda respecto á estimada, deberá facerse fronte a esta incrementando a correspondente dotación):
– Área Sanitaria da Coruña e Cee: 41 vehículos de transporte sanitario dispoñibles (5 do tipo A1, 32 do tipo A2 e 4 tipo C).
– Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza: 45 (6 A1, 37 A2 e 2 C).
– Área Sanitaria de Ferrol: 29 vehículos (2 A1, 25 A2 e 2 C).
– Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: 54 (11 A1, 38 A2 e 5 C).
– Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 53 (8 A1, 40 A2 e 5 C).
– Área Sanitaria de Pontevedra e Salnés: 38 (4 A1, 31 A2 e 3 C).
– Área Sanitaria de Vigo: 75 (9 tipo A1, 62 tipo A2 e 4 tipo C).
Así as cousas, coa dotación de vehículos exposta cómpre fundamentar o número dos que resultarán necesarios para garantir os servizos básicos durante a vindeira folga, realizando un cálculo dos traslados e servizos de transporte sanitario que poidan resultar inaprazables en cada área sanitaria.
Para tal fin empregáronse as ferramentas informáticas que rexistran as prescricións de ambulancias, consignadas de forma telemática, no conxunto de xerencias do organismo.
Nese senso, a media diaria de desprazamentos (comunicados polas empresas contratadas) nos diferentes tipos de vehículos sanitarios, realizados polas devanditas causas urxentes ou inaprazables e desagregada por áreas, é a seguinte:
– Área Sanitaria da Coruña e Cee: 297 servizos diarios.
– Área Sanitaria de Ferrol: 91.
– Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza: 281.
– Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: 37.
– Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 275.
– Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: 120.
– Área Sanitaria de Vigo: 350.
Así pois, a dotación de ambulancias e vehículos de transporte sanitario que o Servizo Galego de Saúde precisa como servizo esencial para os días da folga, tendo en conta os criterios reitores que logo se expresarán, é a seguinte:
– Área Sanitaria da Coruña e Cee: 20 vehículos (2 tipo A1, 15 tipo A2 e 3 tipo C). Para estes efectos, inclúense as necesidades de dispoñibilidade de transporte sanitario para traslado urxente do Hospital Público de Cee.
– Área Sanitaria de Ferrol: 14 vehículos (12 tipo A2 e 2 tipo C).
– Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza:
Xoves 6.7.2023 e xoves 20.7.2023: 21 vehículos (3 tipo A1, 16 tipo A2 e 2 tipo C).
Venres 7.7.2023, mércores 19.7.2023 e venres 21.7.2023: 29 vehículos (3 tipo A1, 24 tipo A2 e 2 tipo C).
Inclúense as necesidades de dispoñibilidade de transporte sanitario para traslado urxente do Hospital Público da Barbanza.
– Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: 31 vehículos (8 tipo A1, 20 tipo A2 e 3 tipo C). Recóllense as necesidades de dispoñibilidade de transporte sanitario para traslado urxente dos hospitais públicos da Mariña e Monforte, nunha área con elevada dispersión xeográfica.
– Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 33 vehículos (4 tipo A1, 25 tipo A2 e 4 tipo C*). Inclúense as necesidades de dispoñibilidade de transporte sanitario para traslado urxente dos hospitais públicos de Verín e O Barco de Valdeorras, nunha área con elevada dispersión xeográfica.
* Tres en quenda de 24 horas (un por cada hospital da área) e outro de 8.00 a 22.00 horas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
– Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: 24 vehículos (3 tipo A1, 18 tipo A2 e 3 tipo C).
– Área Sanitaria de Vigo: 47 vehículos (8 tipo A1, 35 tipo A2 e 4 tipo C).
3. A RTSUG está organizada en razón a unha superficie, unha poboación e un complexo mapa de isócronas, onde cada recurso garante o servizo a unha poboación nunha área determinada, cun persoal especificamente formado para este tipo de asistencia, e sobre a base de que poden ocorrer accidentes e darse situacións de urxencia de difícil resolución se non están dispoñibles todos os recursos de transporte urxente, dado que non se pode prever a demanda. O número de ambulancias contratadas está axustado a esa finalidade. En consecuencia, para garantir a protección á saúde da poboación e dar resposta ao 100 % dos servizos solicitados pola FPUSG-061, neste ámbito imponse unha cobertura do 100 % das unidades.
O resto dos traslados que se recollen como esenciais, nos cales é necesario establecer o 100 % dos servizos solicitados, xustifícase no suposto do transporte inter e intrahospitalario cando as persoas enfermas se atopen nunha situación de urxencia que implique risco vital ou dano irreparable para a saúde, así como o traslado ao centro hospitalario das patoloxías tempo-dependentes que, de non ser tratadas nun corto prazo de tempo, poden implicar un risco para a vida do/a paciente ou o seu estado funcional posterior, tal como se reflicte en programas tales como o Código Ictus, Código Sepse, Progaliam ou calquera outros programas de patoloxías tempo-dependentes, ademais dos casos de atención a pacientes críticos/as (como politraumatizados ou neurocirúrxicos).
Resulta necesario o 100 % dos servizos solicitados nos supostos en que a morbilidade e o prognóstico de determinados pacientes poden agravarse de forma significativa se se modifica a planificación asistencial. A historia natural de moitas enfermidades graves, como a insuficiencia renal crónica ou os procesos oncolóxicos, pode evitarse dando a resposta más áxil posible. Dada a gran variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de realización ineludible o criterio do/a facultativo/a responsable da asistencia de persoas enfermara. Con isto garántese a necesaria asistencia sanitaria inaprazable nos casos de urxencia e que debe prestarse ás persoas doentes para tentar evitar complicacións e manter o seguimento necesario das súas patoloxías, tanto no transporte interhospitalario urxente, como nas consultas externas urxentes e probas diagnósticas do mesmo carácter.
Así pois, os servizos mínimos que se propoñen resultan totalmente imprescindibles para manter a necesaria cobertura asistencial respecto ao transporte sanitario a través das empresas e entidades afectadas pola folga, coa finalidade de evitar que se produzan prexuízos graves para a saúde da cidadanía.
Os citados servizos mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa adecuada atención ás persoas enfermas e accidentadas, que baixo ningún concepto poden quedar desasistidas, dadas as características do servizo dispensado.
4. Os criterios reitores para a determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais na folga referida, en consonancia coa anterior fundamentación son os seguintes:
1) Unha cobertura do 100 % das unidades respecto da atención urxente prestada a través do 061, e do transporte interhospitalario urxente.
2) O 100 % dos servizos de transporte para persoas enfermas que requiran tratamentos continuados de oncoloxía, o que inclúe a aplicación de radioterapia e diálise, así como o transporte inter e intrahospitalario urxente, as consultas externas urxentes e as probas diagnósticas urxentes.
Inclúese nesta epígrafe, polo seu carácter clínico inaprazable, o traslado dos/das pacientes ingresados/as por algún dos procesos cualificados como de prioridade 1 nos protocolos asistenciais das xerencias de área sanitaria, consonte o establecido no Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas- en particular: procesos oncolóxicos, patoloxías severas de válvulas cardíacas, aneurismas cerebrais, obstrucións ou estenoses arteriais graves, desprendementos de retina e hidrocefalias-, incluíndo os traslados interhospitalarios para probas diagnósticas, consultas ou cirurxías.
Considérase igualmente inaprazable, segundo a priorización asemade establecida nos protocolos de cada xerencia, o traslado das altas hospitalarias das persoas ingresadas e afectadas por enfermidades que cursen con inmunosupresión, para as cales o risco de permanecer ingresadas nun centro hospitalario é elevado, sendo pola contra prioritario o traslado ao seu domicilio, debido ao estado de inmunodeficiencia que presentan.
Os vehículos que resulten precisos para o mantemento dos servizos mínimos, consonte os anteriores criterios reitores, contarán coa dotación mínima de persoal establecida na normativa vixente, nomeadamente, no anexo II do Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.
Artigo 2
Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllense as bases e o número de recursos da RTSUG xestionados pola FPUSG-061 precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga.
A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.
A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.
O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios da correspondente empresa ou entidade con antelación ao comezo da folga.
A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será realizada pola dirección da empresa e notificada ao persoal designado.
O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.
Artigo 3
Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos establecidos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).
Artigo 4
O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías á poboación e ás persoas usuarias dos servizos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.
Disposición derradeira
A presente orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023
Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Bases e número de recursos da RTSUG precisos para cubrir
os servizos mínimos durante a folga
– Provincia da Coruña.
Municipio |
Bases |
Recursos (ambulancias) |
Arzúa |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Arteixo |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Betanzos |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Boiro |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cambre |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Carballo |
1 |
2 AA-SVB 24 h |
Cariño |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cee |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cedeira |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cerceda |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Coruña, A |
3 |
2 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVA con enfermaría 3 AA-SVB 24 h 1 AA-SVB 12 h |
Curtis |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ferrol |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 2 AA-SVB 24 h |
Mazaricos |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Melide |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Muros |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Narón |
1 |
1 AA-SVB 12 h |
Negreira |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Noia |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Oleiros |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ordes |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ortigueira |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Padrón |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ponteceso |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Pontedeume |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Pontes, As |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Rianxo |
1 |
1 AA-SVB 12 h |
Ribeira |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Sada |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Santa Comba |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Santiago de Compostela |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVA con enfermaría 2 AA-SVB 24 h |
Vimianzo |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Total provincia da Coruña: 36 bases/44 ambulancias.
– Provincia de Lugo.
Municipio |
Bases |
Recursos (ambulancias) |
Becerreá |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Burela |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Chantada |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Corgo, O |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Folgoso do Courel |
1 |
1 ANA-AC |
Fonsagrada, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Foz |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVB 12 h |
Guitiriz |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Lugo |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 2 AA-SVB 24 h |
Mondoñedo |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Monforte de Lemos |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVB 24 h |
Meira |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Navia de Suarna |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Palas de Rei |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Pedrafita do Cebreiro |
1 |
1 ANA-AC |
Pontenova, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Quiroga |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ribadeo |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Sarria |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Vilalba |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Viveiro |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Total provincia de Lugo: 24 bases/25 ambulancias.
– Provincia de Ourense.
Municipio |
Bases |
Recursos (ambulancias) |
Allariz |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Bande |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Barco de Valdeorras, O |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Carballiño, O |
1 |
1 AA-SVB 24 h 1 AA-SVB 12 h |
Castro Caldelas |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Celanova |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Gudiña, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Maceda |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ourense |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 2 AA-SVB 24 h 1 AA-SVB 12 h |
Pobra de Trives, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ribadavia |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Verín |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Viana do Bolo |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Xinzo de Limia |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Total provincia de Ourense: 15 bases/18 ambulancias.
– Provincia de Pontevedra.
Municipio |
Bases |
Recursos (ambulancias) |
Arbo |
1 |
1 AA-SVB 12 h |
Baiona |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Bueu |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Caldas de Reis |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cambados |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cangas |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Cañiza, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Estrada, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Grove, O |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Guarda, A |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Lalín |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Marín |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Moaña |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Mos |
1 |
1 AA-SVA medicalizada |
Nigrán |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Ponteareas |
1 |
2 AA-SVB 24 h |
Pontevedra |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVA con enfermaría 2 AA-SVB 24 h |
Porriño, O |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Redondela |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Silleda |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Sanxenxo |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVB 24 h |
Tomiño |
1 |
1 AA-SVB 12 h |
Tui |
1 |
1 AA-SVB 24 h |
Vigo |
2 |
1 AA-SVA medicalizada 1 AA-SVA con enfermaría 3 AA-SVB 24 h 3 AA-SVB 14 h |
Vilagarcía de Arousa |
1 |
1 AA-SVB 24 h 1 AA-SVB 12 h |
Total provincia de Pontevedra: 28 bases/38 ambulancias.
Total Galicia: 103 bases/125 ambulancias.