DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44220

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

ANUNCIO do 10 de xullo de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 6 de xullo de 2023 polo que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisionais do baremo correspondente ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I categoría 4, grupo II categoría 7 e grupo III categoría 2 de persoal laboral fixo.

A Comisión de Selección, na súa reunión do 6 de xullo de 2023, acordou aprobar a baremación provisional e publicar as puntuacións resultantes correspondentes ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no grupo I categoría 4, grupo II categoría 7 e grupo III categoría 2 de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación (Resolución do 20 de decembro de 2022; DOG núm. 248, do 30 de decembro) que se poderá consultar no portal web corporativo da Axencia Galega de Innovación 2022-Axencia Galega de Innovación (xunta.gal).

Contra a baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante a propia Comisión de Selección, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no DOG da dita baremación.

Os escritos que presenten as persoas interesadas deberán ir dirixidos á Dirección da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, en Santiago de Compostela. O horario do rexistro presencial será das 9.00 ás 14.00 horas, en día hábil (de luns a venres).

Tamén se poderán presentar na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste caso, é aconsellable que a persoa aspirante notifique o envío da documentación á Axencia Galega de Innovación no enderezo de correo electrónico ope2022.gain@xunta.gal no mesmo día da presentación. A non remisión do correo electrónico non suporá en ningún caso a non presentación da reclamación.

Se se opta pola presentación de reclamacións por medios electrónicos, empregarase o procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e indicarase no asunto: reclamación baremación provisional proceso estabilización Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023

José María Pita Ponte
Presidente da Comisión de Selección