DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2023/306-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CTC Broullón.

Situación: Moaña.

Características técnicas:

Desmontaxe do centro de transformación intemperie Broullón (36AM31), situado sobre o apoio 9GTM98J//60-13-8CT.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 115 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9GTM98J//60-13-8CT, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no novo centro de transformación proxectado Broullón.

Centro de transformación compacto (CTC) a 250 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36029A019000280000IQ, no lugar de Broullón.

A instalación está situada no lugar de Broullón, parroquia de San Martiño, no municipio de Moaña (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/306-4.

Denominación: LMTS, CTC Broullón.

Concello: Moaña.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub

m2 sub

1

Broullón, S. Martiño

Urbano

36029A019000280000IQ

Descoñecido/a

15

2

Broullón, S. Martiño

Viña secaño

36029A017000440001OH

Descoñecido/a

3,00

6,00