DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45901

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso.

A Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 246, do 28 de decembro) aproba as bases e convoca os procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 1.4 das bases que rexen os procesos selectivos, cómpre que a persoa titular da EPE Portos de Galicia aprobe as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, así como a listaxe de persoas aspirantes que, de ser o caso, deban realizar a proba de coñecemento de lingua galega requirida.

En consecuencia, esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, mediante o sistema de concurso, nos postos seguintes:

Denominación do posto

Grupo

Técnico en comunicación e relacións externas/grao ou licenciatura en Xornalismo

I

Xefe/a unidade/grao ou licenciatura en Dereito

I

Enxeñeiro/a camiños, canles e portos

I

Xefe/a Zona Sur/enxeñeiro/a camiños, canles e portos

I

Enxeñeiro/a técnico topografía

II

Celador/a gardapeiraos

III

Condutor/a conserxe/bacharelato FP2 ou equivalente

III

Condutor/a conserxe/ESO ou equivalente

III

Administrativo/a

III

Delineante/técnico/a ou equivalente

III

Técnico/a en seguridade//bacharelato

III

Axudante topógrafo/FP2/ técnico/a superior DPU e OT

III

Vixilante de obras/FP2

III

Auxiliar administrativo/ESO, técnico/a ou equivalente

IV

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas, con indicación da causa de exclusión, na páxina web https://portosdegalicia.gal

Así mesmo, e de conformidade co establecido no punto 1.4.1. das bases que rexen os procesos selectivos, nestas listaxes figuran as persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar que están en posesión do Celga requirido.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, se é o caso, presentaren xustificación de que están en posesión do Celga requirido.

As alegacións que se consideren oportunas ou a achega da documentación acreditativa requirida, presentaranse preferentemente nas dependencias da entidade, dirixidas á Presidencia de Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5A-6º, polígono das Fontiñas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Tamén se poderán presentar na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión provisional serán definitivamente excluídas. A estimación ou desestimación das alegacións presentadas entenderase implícita nunha nova resolución da Presidencia de Portos de Galicia, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

As persoas aspirantes que non acrediten estaren en posesión do Celga requirido terán que realizar a proba de coñecemento de lingua galega.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando, da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia