DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45899

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461H).

Con data do 5 de maio de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 86 a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

Con data do 23 de maio de 2023, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 19 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de provisión por mobilidade, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 17 de xullo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade
nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial convocado pola Orde do 19 de abril de 2023

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***9036**

De la Peña

Costas

Teodoro

1

***6118**

Domínguez

Fernández

Jaime Alberto

2, 3

Causas de exclusión

1

Solicitude incorrecta, se solicitan prazas que non aparecen na convocatoria

2

Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no punto 3.4.2.g) da convocatoria

3

Non presenta relación de méritos nin copias da documentación acreditativa segundo o establecido nos puntos 3.4.2.e) e f) da convocatoria