Mediante a Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro) convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas vacantes da escala de xestión da USC pola quenda de acceso libre.
Con data do 21 de abril de 2023, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Mediante a Resolución reitoral do 12 de maio de 2023 (DOG do 26 de maio), noméanse funcionarios en prácticas as persoas seleccionadas propostas polo tribunal cualificador, con efectos económicos e administrativos do 1 de xuño de 2023, data de comezo do curso selectivo previsto na convocatoria das probas selectivas, que se desenvolveu ata o 26 do mesmo mes.
No curso selectivo, todas as persoas aspirantes foron declaradas aptas segundo a publicación do tribunal efectuada o día 30 de xuño de 2023.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base 9.2 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán os destinos ofertados por orde de prelación a través do formulario electrónico habilitado ao respecto que figura no Catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán as credenciais corporativas ou as facilitadas para a realización do curso selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos provisionais, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
2º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos provisionais que se ofertan tendo en conta que as persoas aspirantes deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia, que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao fixado no parágrafo anterior e non se lle adxudique ningún destino, ou non presentase a súa solicitude de excedencia no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado en destino provisional o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo entre os que quedasen sen adxudicar, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo, convocadas á elección de destino provisional
Quenda de acceso libre.
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
***5289** |
Vázquez Salgado, Lucía |
2 |
***0724** |
García Angulo, Minia |
3 |
***0195** |
Ventosa Fernández, María Gloria |
4 |
***9902** |
Valiño Lemos, Ramón |
ANEXO II
Relación de prazas da escala de xestión que se ofertan
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Nivel |
Quenda |
Campus |
Observacións |
PF000084 |
Xefatura subdivisión Asuntos Varios. Unidade de Xestión Académica Campus Norte |
22 |
Mañá |
Santiago de Santiago de Compostela |
|
PF000088 |
Xefatura subdivisión Matrícula. Unidade de Xestión Académica Campus Sur |
22 |
Mañá |
Santiago de Compostela |
|
PF000089 |
Xefatura subdivisión Asuntos Varios. Unidade de Xestión Académica Campus Sur |
22 |
Mañá |
Santiago de Compostela |
|
PF000267 |
Técnico superior de administración, especialidade xurídica/Técnico de xestión, especialidade xurídica. Xerencia |
21 |
Mañá |
Santiago de Compostela |
Licenciatura/Grao en Dereito |
PF000270 |
Técnico superior de administración/Técnico de xestión. Centro de Datos e Procesos |
21 |
Mañá |
Santiago de Compostela |