DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46204

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2023 (código de procedemento MR302B).

A Resolución do 21 de abril de 2023 (publicada no DOG do 3 de maio) establece o marco das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentaria e convoca as do exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR302B).

As axudas convocadas consisten en subvencións para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica. A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva polo sistema de rateo.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións, convocadas mediante concorrencia competitiva, deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 21 de abril de 2023 (publicada no DOG do 3 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2023 (código de procedemento MR302B), que se relacionan no anexo desta resolución, polas contías que se reflicten nel, despois de aplicar os limites e contías establecidos no artigo 5 da convocatoria, e con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.713D.781.0, código de proxecto 2011 00765 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Estas axudas teñen por finalidade apoiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos.

Segundo. Informar os consellos reguladores beneficiarios que figuran no anexo desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Resolución desta axencia do 21 de abril de 2023 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Calquera modificación que afecte a esta información ou documentación achegada poderá dar lugar á modificación desta resolución, coa revogación da axuda, se fose o caso.

c) Para proceder ao pagamento da subvención o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 21 de abril de 2023 e, sen superar a data límite de xustificación que se establece nesta resolución, presentar a seguinte documentación:

– Memoria explicativa do programa desenvolvido e xustificantes dos gastos realizados, acompañados dunha relación numerada de todos eles. No caso dos pagamentos de salarios a traballadores, presentarase copia das nóminas, RLC e RNT (antes TC1 e TC2) e o modelo 111 dos trimestres que correspondan. Presentarase tamén a documentación que acredite o pagamento dos gastos realizados (extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados). Na memoria especificaranse cales dos gastos realizados están, de ser o caso, directamente vinculados coa acreditación do consello regulador, conforme o establecido no artigo 5.3 da citada Resolución do 21 de abril de 2023.

– Declaración do beneficiario sobre calquera outra axuda de minimis (Regulamento (UE) 1407/2013) solicitada ou recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

– Declaración do beneficiario sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos gastos, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

As declaracións a que se refiren estes dous últimos guións presentaranse conforme o modelo de declaracións do anexo II da citada Resolución desta axencia do 21 de abril de 2023.

d) Infórmaselle ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

e) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 14 da citada Resolución desta axencia do 21 de abril de 2023.

f) A data máxima de xustificación será o 15 de setembro de 2023.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia Galega da calidade Alimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Nº de expediente

Beneficiario

CIF

Investimento solicitado

Investimento
subvencionable

Subvención
(fase D)

G-001-PCC-23

C.R. da Agricultura Ecolóxica de Galicia

V27218643

127.000,00 €

114.000,00 €

54.952,00 €

G-002-PCC-23

C.R.D.O. Monterrei

Q8255203E

260.296,50 €

60.000,00 €

27.952,00 €

G-003-PCC-23

C.R.D.O. Rías Baixas

Q8655030H

88.514,00 €

60.000,00 €

27.952,00 €

G-004-PCC-23

C.R.D.O. Ribeira Sacra

G27196575

60.619,36 €

60.000,00 €

27.952,00 €

G-005-PCC-23

C.R.D.O. Ribeiro

Q8255201I

61.022,28 €

60.000,00 €

27.952,00 €

G-006-PCC-23

C.R.D.O. Valdeorras

Q8255004G

89.286,25 €

60.000,00 €

27.952,00 €

G-007-PCC-23

C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa

Q1500343G

19.430,54 €

10.930,54 €

4.932,25 €

G-008-PCC-23

C.R.D.O.P. Cebreiro

G27152446

2.107,88 €

2.107,88 €

951,15 €

G-009-PCC-23

C.R.D.O.P. Queixo Tetilla

Q8655602D

60.000,00 €

60.000,00 €

27.952,00 €

G-010-PCC-23

C.R.D.O.P. San Simón da Costa

V27152925

5.159,43 €

5.159,43 €

2.328,12 €

G-011-PCC-23

C.R. das II.XX. Augad.e Licores Trad.Galicia

Q8255200A

42.000,00 €

42.000,00 €

18.952,00 €

G-012-PCC-23

C.R.I.X.P. Castaña de Galicia

V70206974

2.516,80 €

1.039,98 €

469,27 €

G-013-PCC-23

C.R.I.X.P. Mel de Galicia

V15211303

50.000,00 €

50.000,00 €

23.147,00 €

G-014-PCC-23

C.R.I.X.P. Pan de Cea

V32321481

3.661,58 €

3.661,58 €

1.652,21 €

G-015-PCC-23

C.R.I.X.P. Pataca de Galicia

Q7755068I

78.000,00 €

78.000,00 €

36.952,00 €

G-016-PCC-23

C.R.I.X.P. Vacún de Galicia

Q1500342I

93.532,00 €

60.000,00 €

27.952,00 €

Totais

16

1.043.146,62 €

726.899,41 €

340.000,00 €