DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49046

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 13 de xullo de 2023, do tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio), polo que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 13 de xullo de 2023, o tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 9 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo realizado o día 1 de xullo de 2023, unha vez revisadas as alegacións presentadas, aproba a anulación, de oficio, da pregunta número 8 do cuestionario. En consecuencia, pasa a ser substituída pola pregunta de reserva número 81.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 8 de xuño de 2023, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 480 persoas, sempre e cando acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. En caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte, consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.

Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de vinte e cinco (25) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os vinte e cinco (25) e os cincuenta (50) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Realizada a corrección nesta mesma sesión, acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 483 persoas aspirantes no seu conxunto, fixándose en 66,750 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 1 de xullo de 2023, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 22 de xuño de 2022 de (DOG núm. 121, do 27 de xuño) no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade coa base II.1.1.3 respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Xunto coa publicación das puntuacións obtidas no primeiro exercicio, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a listaxe de persoas aspirantes exentas deste terceiro exercicio, por existir constancia na referida dirección xeral da documentación acreditativa da exención. Pola contra, as persoas aspirantes que non teñan acreditada a posesión do correspondente Celga ou título equivalente poderán tramitar a súa exención deste terceiro exercicio a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

Sétimo. De conformidade co disposto na base IV.13 da Orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2023

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal