DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49049

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 6, 7 e 10 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño),

acordou:

Primeiro. Anular, unha vez revisadas as reclamacións presentadas, as preguntas 23 e 114 do primeiro exercicio do proceso selectivo. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 121 e 122. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de vinte e cinco (25) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal do 12 de xuño de 2023, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio:

– Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de catrocentas oito (408) persoas aspirantes, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

– Unicamente de darse o caso de non completar o número de 408 persoas aprobadas, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de catrocentas oito (408) persoas aspirantes.

– Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque a nota de corte considéranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de persoas aspirantes antes indicado (408).

– O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Asignarase a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Realizada a corrección na sesión do 10 de xullo de 2023, acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 422 persoas aspirantes no conxunto de todas as quendas; fixouse en 71,250 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2023

Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal