DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2023 Páx. 49420

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de agosto de 2023 pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (Diario Oficial de Galicia número 206, do 28 de outubro; corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).

Mediante a Orde do 19 de outubro de 2022 convocáronse procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG núm. 206, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG núm. 216, do 14 de novembro).

Pola súa banda, o 30 de xuño publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG núm. 206, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG núm. 216, do 14 de novembro).

En virtude da estimación de recursos de alzada en relación co dito procedemento selectivo convocado pola Orde do 19 de outubro de 2022, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar, como anexo a esta orde, unha relación definitiva complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG núm. 206, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG núm. 216, do 14 de novembro).

Segundo. Modificar a Orde do 21 de xuño de 2023 (DOG núm. 124, do 30 de agosto) pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización, mediante concurso de méritos (código de procedemento ED001B), convocados pola Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG núm. 206, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG núm. 216, do 14 de novembro), nos seguintes termos:

a) Incluír as persoas na dita relación, co número de orde que corresponda de conformidade coa puntuación obtida no concurso de méritos, e nas especialidades correspondentes que se especifican no anexo desta orde.

b) Modificar o número de orde da lista de persoas aprobadas nesas especialidades que acadaron unha puntuación no proceso selectivo con respecto á obtida polos recorrentes, en cada especialidade, inferior ou igual, de acordo cos criterios de desempate establecidos na citada convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base décimo oitava da orde, as persoas que superaron o procedemento selectivo convocado pola citada Orde do 19 de outubro de 2022 non terán que realizar a fase de prácticas.

Logo de verificar que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos na convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aprobará o expediente do proceso selectivo e remitiralle as listas do persoal ingresado no correspondente corpo e especialidade ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, para o nomeamento e expedición dos títulos de persoal funcionario de carreira con efectividade do 1 de setembro de 2023.

Para estes efectos, en canto non se realiza o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, declárase persoal funcionario en prácticas o persoal que consta no anexo, exento de avaliación, con efectividade do 1 de setembro de 2023.

Cuarto. As persoas seleccionadas que non achegasen con anterioridade a documentación deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), mediante o trámite «Achega de documentación separada da solicitude», activado para estes efectos no procedemento normalizado código ED001B, a documentación que se relaciona na base décimo quinta da Orde do 19 de outubro de 2022, no prazo de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Así mesmo, as persoas seleccionadas que, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou, se do exame dela, se deduza que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Quinto. De conformidade coa base décimo sexta da Orde do 19 de outubro de 2022, as persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo tanto pola quenda libre como pola quenda de reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique.

No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza na Resolución do 2 de agosto de 2023, entenderase que renuncian ao proceso selectivo. Pola súa vez, se se incorporan e reúnen as condicións para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeadas persoal funcionario de carreira.

Sexto. O destino que obteña o persoal que se relaciona no anexo desta orde terá carácter provisional, polo que estará obrigado a participar, no seu momento e na forma que se determine nas convocatorias, nos concursos de traslados que se convoquen ata obter un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Disposición derradeira primeira. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Consonte o establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Especialidade 590004-Lingua Castelá e Literatura

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

13

***4157**

Montesinos Amado, Susana

L

11,064

Especialidade 590006-Matemáticas

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

33

***8998**

Arca Magariños, Silvia

L

9,000

Especialidade 592012-Italiano

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

2

***8586**

González Álvarez, María José

L

11,100

3

***3685**

León Corredor, María Teresa

L

11,000

Especialidade 597031-Educación Infantil

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

64

***6254**

Lago Fidalgo, Alexandra

L

11,000