DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 49988

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR605A).

O día 27 de xaneiro de 2023, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR605A).

No seu artigo 22 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que a consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde.

A dotación orzamentaria desta orde no código de proxecto 2016 00210 na aplicación 14.03.713B.770.0 é a seguinte:

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 1.935.770,75 € distribuídos do seguinte xeito:

– 193.577,08 € ano 2023.

– 1.742.193,67 € ano 2024.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 96.788,54€ para o ano 2023, 871.096,84 € para o ano 2024.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 96.788,54 € para o ano 2023, 871.096,83 € para o ano 2024.

A dotación asignada no código de proxecto 14.03.713B.770.0.2016 00210 é insuficiente tendo en conta o importe das solicitudes recibidas, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria das anualidades 2023 e 2024 para a concesión das mencionadas axudas.

Por todo o anterior procede ampliar a dotación orzamentaria asignada con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 14.03.713B.770.0 por importe de 600.000,00 euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2023: 60.000,00 euros.

– Ano 2024: 540.000,00 euros.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da orde

1 Os puntos b.5 e b.6 da letra b) do punto 1 do artigo 10 quedan redactados como segue:

«b.5. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 1.267.885,38 €.

b.6. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 1.267.885,37 €».

2. A letra b) do punto 1, do artigo 22 queda como segue:

«b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 2.535.770,75 € distribuídos do seguinte xeito:

– 253.577,08 € ano 2023.

– 2.282.193,67 € ano 2024.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 126.788,54 € para o ano 2023, 1.141.096,84 € para o ano 2024.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 126.788,54 € para o ano 2023, 1.141.096,83 € para o ano 2024».

Disposición adicional única. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

A modificación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023

José Gónzalez Vázquez
Conselleiro do Medio Rural