DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 29 de agosto de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) e pola Resolución do 4 de agosto de 2022 (DOG núm.151, do 9 de agosto) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal

ANEXO

A1 Enxeñaría de montes-estabilización

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

1

***1689**

Souto Silva, José María

Libre

19,90

22,45

Exento/a

38,06

80,41

2

***7871**

Capón Domínguez, Manuel

P. interna

15,54

22,14

Exento/a

39,00

76,68

3

***0574**

Carral Gómez, Lorena

Libre

19,34

23,95

Exento/a

33,22

76,51

4

***7697**

Barreiro Filgueira, Alfonso

P. interna

19,42

18,05

Exento/a

39,00

76,47

5

***6005**

De la Fuente Acebes, María Henar

Libre

17,15

17,52

Exento/a

40,00

74,67

6

***0445**

Martínez Álvarez, Víctor Manuel

Libre

23,06

24,50

Exento/a

12,54

60,10

7

***9635**

Hierro Fernández, Catuxa

Libre

16,25

24,30

Exento/a

15,80

56,35

6

***3051**

López Paz, María Teresa

Libre

15,90

19,75

Exento/a

16,01

51,66