DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52081

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 2 de agosto de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de concurso-oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na letra d).

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuren nela sexan propostos para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Exercicio 1

Exercicio 2

Exercicio 3

Fase concurso

Total

***7219**

Salgado Díaz, María Jesús

20,31

19,17

Exenta

39,43

78,91

***2645**

Pombo Salinas, Laura

18,91

21,65

Exenta

35,67

76,23

***1551**

López Villaverde, María Soledad

17,08

15,08

Exenta

40,00

72,16

***7292**

Garrote Fernández, María Azucena

16,04

18,38

Exenta

37,00

71,42

***3127**

Santoalla Lorenzo, Ana Belén

16,30

16,33

Exenta

37,36

69,99

***0953**

Ortega Martínez, Juan Antonio

20,10

16,35

Exento

21,39

57,84

***8499**

Merino Doval, María

20,68

21,92

Exenta

12,65

55,25

***7502**

Domínguez Gándara, María Sandra

18,23

20,25

Exenta

13,62

52,10

***6614**

Ucha Santeiro, Belén

20,21

19,25

Exenta

9,47

48,93

***2981**

Bermúdez Couso, Alipio

18,23

17,50

Exento

7,20

42,93

***4809**

Carballido Arias, María Mar

16,20

15,27

Exenta

0,00

31,47