DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52160

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se declara a singularidade de máster universitario no Sistema universitario de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 161, do 25 de agosto de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 50341, respecto do punto segundo, onde di: «1. Máster universitario en Ciencias da Visión da Universidade de Santiago de Compostela», debe dicir: «1. Máster universitario en Investigación en Ciencias da Visión da Universidade de Santiago de Compostela».

Na páxina 50342, respecto do punto segundo, onde di: «6. Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional da Universidade da Coruña», debe dicir: «6. Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo».

Na páxina 50342, respecto do punto terceiro, onde di: «4. Máster universitario en Economía da Universidade de Vigo», debe dicir: «4. Máster universitario en Economía pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo».