DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52350

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2023, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro para o ano 2023 (código de procedemento CO400B).

Mediante a Resolución do 3 de xullo de 2023, da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, procédese á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro para o ano 2023.

No anexo I da dita resolución establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o ano 2023 ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro.

Tal e como se establece no artigo 1.2 das ditas bases, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 10 das bases dispón que as axudas se concederán en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito. O órgano xestor publicará no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o esgotamento da partida orzamentaria e inadmitirá as posteriores solicitudes destinadas á subvención, salvo que se produza un incremento de crédito.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas previstas na Resolución do 3 de xullo de 2023, da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se procede á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro para o ano 2023,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas previstas na devandita Resolución do 3 de xullo de 2023 quedou esgotado con data do 19 de xullo de 2023 coa solicitude presentada ás 12.10 horas.

Segundo. Ordenar a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia