O Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril de 2013 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 23 de abril, establece o carácter oficial do título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade da Coruña.
O plan de estudos do título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade da Coruña foi publicado mediante a Resolución do 20 de novembro de 2015 no BOE do 9 de decembro.
A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Avogacía e Procuradoría que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 22 de xuño de 2023, de acordo cos artigos 32 e 33 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
Polo exposto,
resolvo:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2023/24.
A Coruña, 5 de setembro de 2023
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade da Coruña
Código RUCT: 4313635.
Plan de estudos que se inicia no curso 2023/24 por modificación do plan anterior.
O título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría reúne as competencias xurídicas do Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da Avogacía e a Procuradoría, aprobado polo Real decreto 64/2023, do 8 de febreiro (BOE do 9 de febreiro).
Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, anexo II, punto 4.1).
1. Ámbito de coñecemento a que se adscribe o título: dereito e especialidades xurídicas.
2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias (OB)……..….……………...… Optativas (OP)…..……….………………… Prácticas externas (PE)…………………... Traballo fin de máster (TFM)…….……...… Total…………………………………………. |
54 0 30 6 |
90 |
3. Contido do plan de estudos.
Primeiro curso
Materia |
Carácter |
Créditos ECTS |
Deontoloxía e Técnicas Transversais |
OB |
6 |
Técnicas Instrumentais |
OB |
5 |
Práctica Substantiva Civil I |
OB |
3 |
Práctica Procesual Civil |
OB |
6 |
Práctica Procesual e Substantiva Laboral |
OB |
5 |
Práctica Administrativa |
OB |
5 |
Práctica Substantiva Civil II |
OB |
4,5 |
Práctica Substantiva Penal |
OB |
4,5 |
Práctica Procesual Penal |
OB |
6 |
Prácticas Externas I |
PE |
15 |
Segundo curso
Materia |
Carácter |
Créditos ECTS |
Práctica Mercantil |
OB |
4,5 |
Práctica Tributaria |
OB |
4,5 |
Prácticas Externas II |
PE |
15 |
Traballo fin de máster |
OB |
6 |
A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.
4. Condicións de terminación.
O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade da Coruña.