DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57132

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro, ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia nº 64, do 1 de abril de 2022, publicouse a Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

Segundo. O crédito existente para a concesión das axudas previstas na dita orde foi ampliado mediante a Orde do 9 de xaneiro de 2023, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Diario Oficial de Galicia nº 10, do 16 de xaneiro).

En cumprimento do artigo 27.1 da Orde do 30 de marzo de 2022, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade debe dar publicidade no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria, mediante a relación dos beneficiarios e o importe de axuda outorgado. Con todo, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, esta será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da consellería (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/axudas-subvencions).

Mediante a Resolución do 1 de marzo de 2023 publicáronse as axudas concedidas ata o 31.12.2022 (DOG núm. 48, do 9 de marzo), a través da Resolución do 5 de maio de 2023, publicáronse as concedidas entre o 1.1.2023 e o 30.4.2023 (DOG núm. 91, do 12 de maio), e na Resolución do 5 de xullo de 2023 publicáronse as concedidas entre o 1.5.2023 e o 30.6.2023 (DOG núm. 134, do 14 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de setembro de 2023, para o achatarramento de vehículos, a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos, implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos e adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 30.3.2022;
DOG nº 64, do 1 de abril)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de setembro de 2023 para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F)

A seguir, indícanse os importes totais outorgados, coa renuncia ou perda do dereito por solicitude, identificada a través do seu código de expediente por motivos de transparencia e para asegurar a identificación e o seguimento dela.

Actuación de achatarramento de vehículos (código de procedemento IF318B):

Código do expediente

NIF

Beneficiario/a

Provincia

Importe concedido

Importe da renuncia ou perda do dereito

1

IF318B_2022-0365

***8920**

Jesús García Francos

A Coruña

20.000 €

2

IF318B_2022-0460

B70092408

Campos Vidal, S.L.

A Coruña

50.000 €

3

IF318B_2022-0461

***8468**

Joaquín González Losada

Ourense

20.000 €

4

IF318B_2022-0008

B15024458

Autopullmans Travidi, S.L.

A Coruña

-

130.000 €

5

IF318B_2022-0117

B27178003

Autocares Rivas Rodríguez, S.L.

Lugo

-

24.000 €

6

IF318B_2022-0455

B70561089

Transportes Fernández & Ares Coruña, S.L.

A Coruña

-

10.000 €

Total

90.000 €

164.000 €

No relativo ás actividades de adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono (código de procedemento IF318C), retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos (código de procedemento IF318D), de implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos (código de procedemento IF318E) e de adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias (IF318F), non foron concedidas axudas para estas actuacións no período indicado.