DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60428

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PR467A).

Advertido un erro no anexo I da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 203, do mércores 25 de outubro de 2023, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Engadir á táboa do anexo I, Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia 2023, os seguintes datos:

Nome e apelidos

Categoría

Barja Álvarez, Javier

Bronce

Cid Salgado, Lorena

Bronce