A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no Diario Oficial de Galicia do día 4 de agosto de 2023, a Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).
Segundo o establecido no artigo 17 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, con expresión da convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, beneficiarios/as, cantidades concedidas e finalidade da subvención.
As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
En consecuencia,
RESOLVO:
Publicar as axudas que se relacionan nas táboas que se xuntan como anexo I (relación de solicitudes recibidas), anexo II (beneficiarios/as) e anexo III (non beneficiarios/as), financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2023 00229) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024 e 2025, concedidas ao abeiro do seguinte:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).
b) Aplicación orzamentaria: 02.08.541D.760.1, código de proxecto 2023 00229, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024.
c) Finalidade da axuda: de acordo co previsto no artigo 3 da orde pola que se establencen as bases da convocatoria, ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir para cada liña de axuda:
• Liña 1: melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.
• Liña 2: actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.
• Liña 3: puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola Rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma.
• Liña 4: proxectos de construción e mellora de instalacións de preparación para a reutilización e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), así como de ampliación de instalacións para incluír novas liñas de preparación para a reutilización e a autorreparación de residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, co que se prevén a xeración de residuos domésticos e a eliminación.
• Liña 5: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada, de maneira que poidan contribuír a acadar os obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclaxe, así como ao de redución dos residuos municipais destinados ao seu depósito en vertedoiro.
d) Destinatarias: as entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables sinaladas nesta orde.
e) Porcentaxe de financiamento e concorrencia con outras subvencións: o financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo/a beneficiario/a e será compatible co financiamento que os/as beneficiarios/as poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:
a) Liña 1. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 150.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 200.000 €.
b) Liña 2. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 10.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 30.000 €.
c) Liña 3. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 70.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 100.000 €.
d) Liña 4. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 200.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 250.000 €.
e) Liña 5. A contía máxima da axuda por entiodad beneficiaria establécese en función do número de habitantes atendidos pola instalación, a razón de 3,5 €/habitante.
f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2024, ambos incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo.
Non serán subvencionables os proxectos concluídos materialmente na data de presentación da solicitude.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data límite para solicitar o aboamento da axuda e a súa xustificación consonte o establecido no parágrafo seguinte.
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de decembro de 2023, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023 –incluiranse neste orzamento as actuacións executadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2023–; o 30 de decembro de 2024, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2024.
g) Xustificación das subvencións: as entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.
A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 23 e 24 da orde de axudas.
h) Requisitos que se deberán observar: segundo o regulado no artigo 4 da convocatoria, os proxectos presentados a esta convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:
– Os proxectos presentados deberán incorporar elementos de compra pública verde ou ecolóxica. A prestación de servizos ou a compra de materiais, equipamentos ou medios de recollida e transporte deberán ter en conta criterios ecolóxicos acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables (ecodeseño, emprego de materiais reciclados e/ou reciclables, eficiencia enerxética, redución de emisións, redución da pegada de carbono, economía circular, entre outros) que contribúan a reducir o seu impacto ambiental.
– Deberá xustificar que ten presentada a correspondente solicitude de autorización ou, de ser o caso, modificación da autorización, como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, se for necesaria a dita autorización, na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.
– Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida, pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).
– Será obrigatorio que, na fase de xustificación final da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade, sempre que sexa necesario.
– Non serán financiables os alugamentos e pagamentos de servizos a terceiros.
– Aqueles proxectos que prevexan a repartición de materiais, adquiridos con cargo á subvención, deberán identificar o procedemento que empregarán para a selección dos destinatarios beneficiados, segundo os principios de concorrencia, idoneidade e publicidade.
– Requisitos específicos para a liña 1:
1º. Para os efectos da presente orde, non serán financiables dentro da liña 1 os proxectos de mellora en instalacións de puntos limpos que non estean no momento da solicitude autorizados ou en trámite de autorizar.
2º. Non serán financiables tampouco os seguintes conceptos:
• Alugueiros (leasing, renting, etc.) nin o pagamento de servizos a terceiros.
• Edificios para traballadores, oficinas e maquinaria (salvo que o edificio inclúa o destinado á reutilización ou preparación para a reutilización). No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.
– Requisitos específicos para a liña 2:
Para subvencionar as actuacións destinadas á implantación de puntos limpos de proximidade, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixo autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.
– Requisitos específicos para a liña 3:
1º. Para subvencionar a implantación de puntos limpos móbiles, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixo autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.
2º. Todos os vehículos adquiridos deberán ser eléctricos ou de biogás de orixe vexetal.
– Requisitos específicos para a liña 4.
Deberá presentarse un proxecto en que se inclúan os tipos de residuos que prepararán para a reutilización, os tratamentos de cada un deses residuos, así como as condicións de venda, que incluirán a correspondente garantía posvenda e a súa declaración como produto novo naqueles casos en que sexa necesario.
– Requisitos específicos para a liña 5:
1º. Non se considerarán conceptos subvencionables os custos do servizo de recollida selectiva, o tratamento dos residuos, así como tampouco os custos de mantemento nin os alugueiros.
2º. Non se financiará a construción de novas instalacións de tratamento mecánico-biolóxico.
3º. Non se financiarán melloras nas instalacións existentes, con excepción das que teñan por finalidade a separación e recuperación de materiais dos residuos mesturados que poidan ser obxecto dunha reciclaxe posterior, ou a reconversión das plantas para o tratamento dos biorresiduos recollidos separadamente mediante compostaxe ou dixestión anaerobia, garantindo que estes investimentos non supoñan un aumento da capacidade das plantas ou a extensión da súa vida útil, verificado a nivel de cada unha das instalacións.
4º. Será obrigatorio comprometerse a que antes da finalización do ano 2025 os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida separada con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel, cartón e vidro. O incumprimento do anterior dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda percibida.
i) Aceptación e renuncia das subvencións: transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.
A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se lle notificará ao/á interesado/a por medios electrónicos.
j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: o aboamento da subvención efectuaráselle directamente ao concello beneficiario na conta bancaria indicada por este, que deberá ser da súa titularidade. En caso das entidades locais supramunicipais ou agrupacións de entidades locais, o concello que asuma a representación recibirá a axuda atribuída para este fin. No caso de agrupación de entidades locais, o concello que actúe como representante deberá presentar, no prazo máximo dun mes desde a recepción dos importes cobrados, xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) aos restantes concellos que constitúen a devandita agrupación.
Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación desta. De acordo co devandito artigo 63, a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada. Para as subvencións concedidas con cargo á anualidade de 2023, as entidades beneficiarias que se acollan á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI. Para as subvencións concedidas con cargo á anualidade 2024, as entidades beneficiarias que se acollan á modalidade de pagamento anticipado recibirán, unha vez que se abra contablemente o correspondente exercicio orzamentario, unha comunicación para que exerzan tal opción, no prazo de 10 días hábiles desde a notificación desta, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.
De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas realizarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.
Conforme o artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para a concesión dos pagamentos anticipados non se exixirá a presentación de garantías por parte dos concellos beneficiarios.
Transcorrido o prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación, entenderase que a entidade renuncia á subvención, sen prexuízo do establecido nos artigos 45.2 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería concedente, antes de realizar o seu pagamento final, poderán efectuar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao ambiente na execución das actuacións subvencionadas, no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088. Os órganos competentes da consellería concedente poderán solicitarlle ao/á beneficiario/a as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, e advírteselle que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cando o custo xustificado da actividade ou investimento sexa inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda, pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.
O pagamento realizarase logo de verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O órgano competente para conceder axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do/da beneficiario/a. En todo caso, deberanse cumprir os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático
Anexo I
Relación de solicitudes recibidas
Nº de expediente |
Nome do/da solicitante |
NIF do/da |
Actuación subvencionable |
EELL-001-2023-RES |
Concello de Cedeira |
P1502200G |
L3-PLM |
EELL-002-2023-RES |
Concello de Carballeda de Avia |
P3201900B |
L2-PLP |
EELL-003-2023-RES |
Concello de Carnota |
P1502000A |
L2-PLP |
EELL-004-2023-RES |
Concello de Ares |
P1500400E |
L2-PLP |
EELL-005-2023-RES |
Concello de Viveiro |
P2706700H |
L1-mellora PLF |
EELL-006-2023-RES |
Concello de Salvaterra de Miño |
P3605000C |
L3-PLM |
EELL-007-2023-RES |
Concello de Taboada |
P2706000C |
L3-PLM |
EELL-008-2023-RES |
Concello do Rosal |
P3604800G |
L2-PLP |
EELL-009-2023-RES |
Concello de Ponteceso |
P1506900H |
L2-PLP |
EELL-010-2023-RES |
Concello de Sober |
P2705900E |
L2-PLP |
EELL-011-2023-RES |
Concello da Pastoriza |
P2704400G |
L3-PLM |
EELL-012-2023-RES |
Concello de Padrón |
P1506600D |
L1-mellora PLF |
EELL-013-2023-RES |
Concello de San Cibrao das Viñas |
P3207600B |
L2-PLP |
EELL-014-2023-RES |
Concello do Rosal |
P3604800G |
L3-PLM |
EELL-015-2023-RES |
Concello de Carballo |
P1501900C |
L2-PLP |
EELL-016-2023-RES |
Concello de Carballo |
P1501900C |
L1-mellora PLF |
EELL-017-2023-RES |
Concello de Ribadavia |
P3207000E |
L1-mellora PLF |
EELL-018-2023-RES |
Concello de Baleira |
P2700400A |
L3-PLM |
EELL-019-2023-RES (I) |
Concello de Boiro |
P1501100J |
L1-mellora PLF |
EELL-019-2023-RES (II) |
Concello de Boiro |
P1501100J |
L3-PLM |
EELL-020-2023-RES |
Concello de Sanxenxo |
P3605100A |
L1-mellora PLF |
EELL-021-2023-RES |
Concello de Redondela |
P3604500C |
L3-PLM |
EELL-022-2023-RES |
Concello de Catoira |
P3601000G |
L2-PLP |
EELL-023-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (p.l. de Abegondo) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-024-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (p.l. de Bergondo) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-025-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Betanzos) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-026-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Cambre) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-027-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Carral) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-028-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Culleredo) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-029-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Oleiros) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-030-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (p.l. de Sada) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
EELL-031-2023-RES |
Concello de Meis |
P3602800I |
L2-PLP |
EELL-032-2023-RES |
Concello de Pedrafita |
P2704500D |
L3-PLM |
EELL-033-2023-RES |
Concello de Paderne |
P1506500F |
L3-PLM |
EELL-034-2023-RES |
Concello de Crecente |
P3601400I |
L3-PLM |
EELL-036-2023-RES |
Concello de Verín |
P3208600A |
L3-PLM |
EELL-037-2023-RES |
Concello de Coirós |
P1502700F |
L3-PLM |
EELL-038-2023-RES |
Concello de Muros |
P1505400J |
L3-PLM |
EELL-039-2023-RES |
Concello de Vimianzo |
P1509300H |
L1-mellora PLF |
EELL-040-2023-RES |
Concello de Valga |
P3605600J |
L1-mellora PLF |
EELL-041-2023-RES |
Concello da Fonsagrada |
P2700600F |
L1-mellora PLF |
EELL-042-2023-RES |
Concello de Mugardos |
P1505200D |
L3-PLM |
EELL-043-2023-RES (I) |
Concello de Agolada |
P3602000F |
L2-PLP |
EELL-043-2023-RES (II) |
Concello de Agolada |
P3602000F |
L3-PLM |
EELL-044-2023-RES (I) |
Concello de Becerreá |
P2700600F |
L1-mellora PLF |
EELL-044-2023-RES (I) |
Concello de Becerreá |
P2700600F |
L2-PLP |
EELL-045-2023-RES |
Concello da Estrada |
P3601700B |
L2-PLP |
EELL-046-2023-RES |
Concello da Coruña |
P1503000J |
L2-PLP |
EELL-047-2023-RES |
Concello de Oza-Cesuras |
P1500029B |
L3-PLM |
EELL-048-2023-RES |
Concello de Tordoia |
P1508500D |
L3-PLM |
EELL-049-2023-RES |
Concello de Rodeiro |
P3604700I |
L1-mellora PLF |
EELL-050-2023-RES |
Concello de Cerdido |
P1502500J |
L2-PLP |
EELL-051-2023-RES |
Concello de Oia |
P3603600B |
L3-PLM |
EELL-052-2023-RES |
Concello de Rodeiro |
P3604700I |
L3-PLM |
EELL-053-2023-RES |
Concello de Oza-Cesuras |
P1500029B |
L1-mellora PLF |
EELL-054-2023-RES |
Concello de Negreira |
P1505700C |
L3-PLM |
EELL-055-2023-RES |
Concello de Sober |
P2705900E |
L4-espazo autorreparación |
EELL-056-2023-RES |
Concello de Tui |
P3605500B |
L1-mellora PLF |
EELL-057-2023-RES |
Concello do Porriño |
P3603900F |
L2-PLP |
EELL-058-2023-RES |
Concello de Larouco |
P3203900J |
L3-PLM |
EELL-059-2023-RES |
Concello de Samos |
P2705500C |
L3-PLM |
EELL-060-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense |
P3200000B |
L2-PLP |
EELL-061-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. da Peroxa) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-062-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Lobios) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-062-2023-RES (I) |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Verín) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-063-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Castro Caldelas) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-064-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (O Carballiño) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-065-2023-RES |
Concello de Melón |
P3204700C |
L3-PLM |
EELL-066-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Muíños) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-067-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (A Veiga) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-068-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (A Rúa) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-069-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Bande) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-070-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (O Pereiro de Aguiar) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-071-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (San Cibrao das Viñas) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-072-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Trives) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-073-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Vilamartín de Valdeorras) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-074-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Vilar de Santos) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-075-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (A Gudiña) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-076-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Xinzo) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
EELL-077-2023-RES |
Concello de Antas de Ulla |
P2700300C |
L3-PLM |
EELL-078-2023-RES |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
L1-mellora PLF |
EELL-079-2023-RES |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
L2-PLP |
EELL-080-2023-RES |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
L3-PLM |
EELL-081-2023-RES |
Concello de Ribadumia |
P3604600A |
L2-PLP |
EELL-082-2023-RES |
Concello de Rianxo |
P1507300J |
L1-mellora PLF |
EELL-083-2023-RES (I) |
Concello de Vila de Cruces |
P3605900D |
L1-mellora PLF |
EELL-083-2023-RES (II) |
Concello de Vila de Cruces |
P3605900D |
L3-PLM |
EELL-084-2023-RES |
Mancomunidade de concellos do Morrazo |
P3600020F |
L2-PLP |
Anexo II
Relación de beneficiarios/as
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Liña |
Axuda total concedida |
% de cof. |
Axuda 2023 |
Axuda 2024 |
EELL-001-2023-RES |
Concello de Cedeira |
P1502200G |
L3-PLM |
19.350,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
18.900,00 € |
EELL-002-2023-RES |
Concello de Carballeda de Avia |
P3201900B |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-003-2023-RES |
Concello de Carnota |
P1502000A |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-004-2023-RES |
Concello de Ares |
P1500400E |
L2-PLP |
8.745,54 € |
11,00 % |
874,55 € |
7.870,99 € |
EELL-005-2023-RES |
Concello de Viveiro |
P2706700H |
L1-mellora PLF |
74.660,54 € |
10,00 % |
765,00 € |
73.895,54 € |
EELL-006-2023-RES |
Concello de Salvaterra de Miño |
P3605000C |
L3-PLM |
64.418,20 € |
11,00 % |
6.352,82 € |
58.065,38 € |
EELL-007-2023-RES |
Concello de Taboada |
P2706000C |
L3-PLM |
13.215,15 € |
10,00 % |
1.321,52 € |
11.893,63 € |
EELL-008-2023-RES |
Concello do Rosal |
P3604800G |
L2-PLP |
6.300,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
5.850,00 € |
EELL-009-2023-RES |
Concello de Ponteceso |
P1506900H |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
8.460,00 € |
EELL-010-2023-RES |
Concello de Sober |
P2705900E |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-012-2023-RES |
Concello de Padrón |
P1506600D |
L1-mellora PLF |
96.881,81 € |
10,00 % |
9.688,91 € |
87.192,90 € |
EELL-013-2023-RES |
Concello de San Cibrao das Viñas |
P3207600B |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-014-2023-RES |
Concello do Rosal |
P3604800G |
L3-PLM |
16.380,00 € |
10,00 % |
180,00 € |
16.200,00 € |
EELL-015-2023-RES |
Concello de Carballo |
P1501900C |
L2-PLP |
8.900,00 € |
11,00 % |
890,00 € |
8.010,00 € |
EELL-016-2023-RES |
Concello de Carballo |
P1501900C |
L1-mellora PLF |
149.375,56 € |
10,00 % |
14.937,55 € |
134.438,01 € |
EELL-017-2023-RES |
Concello de Ribadavia |
P3207000E |
L1-mellora PLF |
35.999,91 € |
10,00 % |
2.899,99 € |
33.099,92 € |
EELL-018-2023-RES |
Concello de Baleira |
P2700400A |
L3-PLM |
22.383,00 € |
10,00 % |
1.165,50 € |
21.217,50 € |
EELL-019-2023-RES (I) |
Concello de Boiro |
P1501100J |
L1-mellora PLF |
3.464,10 € |
10,00 % |
189,00 € |
3.275,10 € |
EELL-019-2023-RES (II) |
Concello de Boiro |
P1501100J |
L3-PLM |
6.570,00 € |
10,00 % |
657,00 € |
5.913,00 € |
EELL-020-2023-RES |
Concello de Sanxenxo |
P3605100A |
L1-mellora PLF |
118.875,77 € |
10,00 % |
11.887,67 € |
106.988,10 € |
EELL-021-2023-RES |
Concello de Redondela |
P3604500C |
L3-PLM |
14.685,00 € |
11,00 % |
1.468,50 € |
13.216,50 € |
EELL-023-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (p.l. de Abegondo) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-024-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (p.l. de Bergondo) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-025-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Betanzos) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-026-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Cambre) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-027-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Carral) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-028-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Culleredo) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-029-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (Oleiros) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-030-2023-RES |
Consorcio As Mariñas (p.l. de Sada) |
P1500011J |
L1-mellora PLF |
12.359,90 € |
10,00 % |
1.236,00 € |
11.123,90 € |
EELL-031-2023-RES |
Concello de Meis |
P3602800I |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-032-2023-RES |
Concello de Pedrafita |
P2704500D |
L3-PLM |
49.320,00 € |
10,00 % |
4.438,80 € |
44.881,20 € |
EELL-033-2023-RES |
Concello de Paderne |
P1506500F |
L3-PLM |
70.000,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
69.550,00 € |
EELL-034-2023-RES |
Concello de Crecente |
P3601400I |
L3-PLM |
70.000,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
69.550,00 € |
EELL-037-2023-RES |
Concello de Coirós |
P1502700F |
L3-PLM |
70.000,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
69.550,00 € |
EELL-038-2023-RES |
Concello de Muros |
P1505400J |
L3-PLM |
56.272,50 € |
10,00 % |
720,00 € |
55.552,50 € |
EELL-040-2023-RES |
Concello de Valga |
P3605600J |
L1-mellora PLF |
51.326,81 € |
10,00 % |
4.619,41 € |
46.707,40 € |
EELL-043-2023-RES (I) |
Concello de Agolada |
P3602000F |
L2-PLP |
8.811,00 € |
11,00 % |
890,00 € |
7.921,00 € |
EELL-043-2023-RES (II) |
Concello de Agolada |
P3602000F |
L3-PLM |
70.000,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
69.550,00 € |
EELL-045-2023-RES |
Concello da Estrada |
P3601700B |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-046-2023-RES |
Concello da Coruña |
P1503000J |
L2-PLP |
8.415,00 € |
15,00 % |
637,50 € |
7.777,50 € |
EELL-047-2023-RES |
Concello de Oza-Cesuras |
P1500029B |
L3-PLM |
69.255,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
68.805,00 € |
EELL-048-2023-RES |
Concello de Tordoia |
P1508500D |
L3-PLM |
17.100,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
16.650,00 € |
EELL-049-2023-RES |
Concello de Rodeiro |
P3604700I |
L1-mellora PLF |
58.935,49 € |
10,00 % |
5.893,47 € |
53.042,02 € |
EELL-050-2023-RES |
Concello de Cerdido |
P1502500J |
L2-PLP |
8.910,00 € |
10,00 % |
675,00 € |
8.235,00 € |
EELL-051-2023-RES |
Concello de Oia |
P3603600B |
L3-PLM |
54.000,00 € |
10,00 % |
180,00 € |
53.820,00 € |
EELL-052-2023-RES |
Concello de Rodeiro |
P3604700I |
L3-PLM |
69.291,00 € |
10,00 % |
6.929,10 € |
62.361,90 € |
EELL-053-2023-RES |
Concello de Oza-Cesuras |
P1500029B |
L1-mellora PLF |
132.554,81 € |
10,00 % |
535,50 € |
132.019,31 € |
EELL-055-2023-RES |
Concello de Sober |
P2705900E |
L4-espazo autorreparación |
148.593,02 € |
10,00 % |
14.859,31 € |
133.733,71 € |
EELL-056-2023-RES |
Concello de Tui |
P3605500B |
L1-mellora PLF |
105.244,75 € |
10,00 % |
3.857,40 € |
101.387,35 € |
EELL-060-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense |
P3200000B |
L2-PLP |
27.630,00 € |
10,00 % |
900,00 € |
26.730,00 € |
EELL-061-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. da Peroxa) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.362,60 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.249,20 € |
EELL-062-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Lobios) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.381,50 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.268,10 € |
EELL-062-2023-RES (I) |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Verín) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.372,05 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.258,65 € |
EELL-063-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de C. Caldelas) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.381,50 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.268,10 € |
EELL-064-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (O Carballiño) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.390,95 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.277,55 € |
EELL-066-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Muíños) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
2.995,65 € |
10,00 % |
179,55 € |
2.816,10 € |
EELL-067-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (A Veiga) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
2.995,65 € |
10,00 % |
179,55 € |
2.816,10 € |
EELL-068-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (A Rúa) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.362,60 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.249,20 € |
EELL-069-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Bande) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.381,50 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.268,10 € |
EELL-070-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (O Pereiro de Aguiar) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.400,40 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.287,00 € |
EELL-071-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (San Cibrao das Viñas) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
3.024,00 € |
10,00 % |
207,90 € |
2.816,10 € |
EELL-072-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Trives) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.372,05 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.258,65 € |
EELL-073-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Vilamartín de Valdeorras) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.419,30 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.305,90 € |
EELL-074-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Vilar de Santos) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.390,95 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.277,55 € |
EELL-075-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (A Gudiña) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
2.976,75 € |
10,00 % |
160,65 € |
2.816,10 € |
EELL-076-2023-RES |
Deputación Provincial de Ourense (Xinzo) |
P3200000B |
L1-mellora PLF |
1.390,95 € |
10,00 % |
113,40 € |
1.277,55 € |
EELL-077-2023-RES |
Concello de Antas de Ulla |
P2700300C |
L3-PLM |
54.000,00 € |
10,00 % |
450,00 € |
53.550,00 € |
EELL-078-2023-RES |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
L1-mellora PLF |
72.809,65 € |
10,00 % |
7.280,96 € |
65.528,69 € |
EELL-079-2023-RES |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
L2-PLP |
8.900,00 € |
11,00 % |
890,00 € |
8.010,00 € |
EELL-080-2023-RES |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
L3-PLM |
64.418,20 € |
11,00 % |
6.441,82 € |
57.976,38 € |
EELL-081-2023-RES |
Concello de Ribadumia |
P3604600A |
L2-PLP |
8.900,10 € |
10,10 % |
674,25 € |
8.225,85 € |
EELL-084-2023-RES |
Mancomunidade de Concellos do Morrazo |
P3600020F |
L2-PLP |
27.000,00 € |
10,00 % |
540,00 € |
26.460,00 € |
Anexo III
Relación de solicitudes non beneficiarias e motivo da exclusión
Nº de expediente |
Nome do/da solicitante |
Actuación subvencionable |
Motivo |
EELL-011-2023-RES |
Concello da Pastoriza |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-022-2023-RES |
Concello de Catoira |
L2-PLP |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-036-2023-RES |
Concello de Verín |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-039-2023-RES |
Concello de Vimianzo |
L1-mellora PLF |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-041-2023-RES |
Concello da Fonsagrada |
L1-mellora PLF |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-042-2023-RES |
Concello de Mugardos |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-044-2023-RES (I) |
Concello de Becerreá |
L1-mellora PLF |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-044-2023-RES (I) |
Concello de Becerreá |
L2-PLP |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-054-2023-RES |
Concello de Negreira |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-057-2023-RES |
Concello do Porriño |
L2-PLP |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-058-2023-RES |
Concello de Larouco |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-059-2023-RES |
Concello de Samos |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-065-2023-RES |
Concello de Melón |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-082-2023-RES |
Concello de Rianxo |
L1-mellora PLF |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-083-2023-RES (I) |
Concello de Vila de Cruces |
L1-mellora PLF |
Non emendan en tempo e forma |
EELL-083-2023-RES (II) |
Concello de Vila de Cruces |
L3-PLM |
Non emendan en tempo e forma |