DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63406

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se establecen medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes:

A praga flavescencia dourada (FD) da vide, provocada polo organismo nocivo denominado Grapevine flavescence dorée phytoplasma é unha praga corentenaria da Unión regulada no Regulamento (UE) 2019/2072 e no Regulamento (UE) 2016/2031. O cicadélido Scaphoideus titanus é o insecto vector da FD.

O día 22 de setembro de 2022 publicouse no DOUE o Regulamento de execución (UE) 2022/1630 da Comisión, do 21 de setembro de 2022, polo que se establecen medidas para a contención de Grapevine flavescence dorée phytoplasma en determinadas zonas demarcadas. A través deste regulamento tamén se estableceu unha zona tampón de FD en Galicia de 2,5 km coa fronteira con Portugal, que abrangue varios concellos de Pontevedra e Ourense.

O día 20 de decembro de 2022 foi aprobado polo Comité Fitosanitario Nacional o Plan nacional de continxencia de flavescencia dourada da vide, que recolle as medidas que se deben adoptar contra a FD co obxectivo de impedir a súa aparición, e no caso de que apareza, actuar con rapidez e eficacia, determinar a súa distribución e combatela co fin de evitar a súa propagación e erradicala.

Durante o ano 2022 realizáronse prospeccións na zona tampón de FD de Galicia para detectar posibles plantas infectadas e a presenza do vector. Como consecuencia destas prospeccións confirmouse a presenza do vector en Galicia e en novembro de 2022 confirmouse a presenza de FD en 6 plantas de vide nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves, na provincia de Pontevedra, e no concello de Padrenda en Ourense.

O día 2 de febreiro de 2023 foi publicada a Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 23, do 2 de febreiro), que declarou a presenza de FD en Galicia, estableceu a zona demarcada e as medidas urxentes para a súa erradicación e control.

Durante as prospeccións realizadas durante o ano 2023 producíronse novas deteccións de FD e novas capturas do vector, o que fai preciso ampliar a zona demarcada e modificar as medidas de erradicación e control deste organismo. Por este motivo, cómpre recoller nun único documento normativo todas as medidas de aplicación.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

1. Actualizar a zona demarcada de FD da vide en Galicia que estará formada por:

Zona infestada: parcela ou instalación onde se confirme a presenza de FD en plantas do xénero Vitis.

Zona tampón:

a) Área de 2 km de raio ao redor da zona infestada. Incluiranse a totalidade das parroquias afectadas.

b) A franxa dos 2,5 km coa fronteira con Portugal establecida polo Regulamento de execución (UE) 2022/1630 da Comisión, do 21 de setembro de 2022, que incluirá a totalidade das parroquias afectadas.

A presente resolución inclúe: mapa da nova zona demarcada de FD en Galicia (anexo I), relación de parcelas infestadas (anexo II), e relación de parroquias e concellos da zona tampón (anexo III). A zona demarcada poderá consultarse de forma actualizada na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/sanidade-vexetal/organismos-nocivos-de-corentena

2. Para os efectos desta resolución defínense os seguintes conceptos:

Parcela vitícola: superficie determinada de terreo na cal un só viticultor cultiva a vide, formada por un recinto ou conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas e representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

Parcela de produción: superficie de terreo en que un operador profesional produce planta de vide, formada por un recinto ou conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas e representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

Instalación: dependencia dun operador profesional de vexetais onde se produzan, almacenen ou comercialicen plantas de vide.

Operador profesional: persoa física ou xurídica que produza ou comercialice material vexetal de vide.

3. Establecer as seguintes medidas obrigatorias na zona infestada:

Medidas para titulares de parcelas vitícolas:

a) Eliminación e destrución, baixo control oficial, de todas as plantas de vide confirmadas como infestadas por flavescencia dourada, así como todas as plantas sintomáticas da mesma parcela, o antes posible e, como máis tarde, nos 20 días seguintes desde a notificación oficial ao titular da parcela. No caso de que na parcela infestada se detecte máis dun 20 % de plantas sintomáticas estudarase a posibilidade de eliminar e destruír todas as plantas da parcela infestada, especialmente no caso de que as plantas afectadas non estean agrupadas. Se a detección da praga se realiza nunha parcela abandonada será obrigatorio a eliminación e destrución de todas as plantas de vide da parcela.

A eliminación das plantas realizase preferentemente por arrinca ou, de non ser posible, mediante corta da planta e posterior aplicación de herbicidas que garanta que non se produza rebrote.

A destrución realizarase preferentemente in situ por incineración ou esteladura. No caso de que o material teña que ser trasladado, antes deberá ser tratado cun insecticida autorizado, e o traslado efectuarase de forma segura para evitar a propagación da praga.

b) Aplicación de tratamentos fitosanitarios con insecticidas autorizados en todas as plantas da parcela infestada de forma inmediata e, como máis tarde, nun prazo de 10 días desde a notificación da presenza da praga sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. Os tratamentos insecticidas realizaranse seguindo as indicacións que a Consellería do Medio Rural publique na súa páxina web. O titular deberá reflectir os tratamentos documentalmente.

Medidas para operadores profesionais:

No caso de que se detecte un positivo de FD en plantas nalgunha parcela de produción ou instalación dun operador profesional, establécense as seguintes medidas obrigatorias:

a) Eliminación e/ou destrución baixo control oficial, da planta confirmada positiva por FD. Ademais, inmobilizaranse todas as plantas de vide que estean nas instalacións ou parcelas do operador profesional, que serán analizadas por lotes para detectar a posible presenza de FD. So poderán ser comercializados os lotes de plantas con resultado negativo a FD ou que reciban un tratamento de termoterapia nunha instalación autorizada.

b) Aplicación dun tratamento insecticida autorizado na parcela ou instalación onde se localizou o positivo de forma inmediata e, como máis tarde, nun prazo de 10 días desde a notificación da presenza da praga. Os tratamentos insecticidas realizaranse seguindo as indicacións que a Consellería do Medio Rural publique na súa páxina web. O titular deberá reflectir os tratamentos documentalmente.

4. Establecer as seguintes medidas obrigatorias na zona tampón:

Medidas obrigatorias para titulares das parcelas vitícolas e operadores profesionais:

a) Vixiar a presenza de flavescencia dourada nas súas parcelas ou instalacións e comunicar ás autoridades competentes calquera sospeita ou confirmación da presenza da praga.

b) Aplicar tratamentos fitosanitarios con insecticidas autorizados contra o insecto vector Scaphoideus titanus. Os tratamentos químicos iniciaranse nos períodos de voo do vector. A Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web as datas do comezo de voo do vector, a partir das cales serán obrigatorios estes tratamentos.

c) Os titulares de parcelas de viñedo que estean dentro da zona tampón de FD deberán eliminar e destruír as plantas sintomáticas a FD verificadas oficialmente.

d) Todas as plantacións abandonadas que estean dentro da zona tampón deberán ser arrincadas e destruídas polo seu titular.

e) Eliminaranse as plantas silvestres do xénero Vitis spp. e as plantas das especies Ailanthus altissima, Alnus glutinosa e Clematis sp. que estean a unha distancia inferior a 10 metros de parcelas de produción e instalacións de operadores profesionais de material vexetal de reprodución de Vitis.

5. Establecer as seguintes medidas obrigatorias para combater o insecto vector Scaphoideus titanus:

Cada vez que se detecte a presenza do vector Scaphoideus titanus positivo en FD será obrigatoria a realización de tratamentos fitosanitarios con insecticidas autorizados en todas as parcelas vitícolas ou instalacións. A Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web a listaxe das parroquias afectadas por estes tratamentos obrigatorios.

6. Establecer as seguintes medidas para a circulación de material vexetal de Vitis:

De acordo co establecido no Regulamento de execución (UE) 2021/2285 da Comisión, que modifica o Regulamento de execución (UE) 2019/2072, o material para plantación de Vitis L. para o seu traslado deberá cumprir con algunha das seguintes condicións:

1) Proceder dunha zona que se sabe que está libre de FD.

2) Proceder dunhas instalacións de produción nas cales:

a) Non se observan síntomas de FD en Vitis L. nas instalacións de produción nin na zona de 20 m de raio arredor desta, desde o inicio do último ciclo completo de vexetación.

No caso de vexetais utilizados para a multiplicación de Vitis L., non se observaron síntomas de FD no material de Vitis spp. nas instalacións de produción nin na zona de 20 m de raio arredor das instalacións de produción de enxertos, ou na zona de 40 m de raio arredor das instalacións de produción de portaenxertos, desde o inicio dos dous últimos ciclos completos de vexetación.

b) Os vectores sométense a vixilancia e, no caso de estaren presentes, aplícanse os tratamentos insecticidas axeitados para controlalos.

c) As plantacións de Vitis L. abandonadas nun raio de 20 m respecto das instalacións de produción foron arrincadas.

3) Someterse a un tratamento de termoterapia en instalacións autorizadas.

Realizarase esta comprobación en todas as certificacións finais de plantación de viñedo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Plano de situación das zonas demarcadas de FD

missing image file

ANEXO II

Relación de parcelas da zona infestada de FD

Provincia

Concello

Parroquia

Referencia catastral

Ourense

Cortegada

Valongo (San Martiño)

32028A03900013

32028A04000051

Padrenda

Desteriz (San Miguel)

32057A00600064

32057A01300006

32057A01600116

32057A00600282

32057A00500067

32057A03500016

32057A03600001

O Condado (Santa María)

32057A00400455

32057A00209002

Padrenda (San Cibrán)

32057A04400330

32057A03800006

32057A04100033

32057A03800215

7257806NG6675N

32057A03800015

32057A03800029

32057A03800005

32057A03700156

Pontedeva

Pontedeva (San Breixo)

1882415NG7618S

Trado (San Paio)

32065A00200228

Pontevedra

A Cañiza

O Couto (San Bartolomeu)

36009A08900425

Valeixe (Santa Cristina)

36009A13600106

36009A13700343

36009A13500228

Arbo

Arbo (Santa María)

36001A03700396

36001A05800590

36001A03700325

36001A03700391

36001A01700003

36001A03700387

Mourentán (San Cristovo)

36001A03500009

36001A03400756

36001A03400278

As Neves

Setados (Santa Euxenia)

36034A04900120

Crecente

Albeos (San Xoán)

36014A01000120

36014A01400111

36014A01500261

36014A01500253

36014A00300044

36014A00300142

36014A01100271

Crecente

Albeos (San Xoán)

36014A01100277

36014A01300354

36014A00300002

36014A01300335

36014A01300069

36014A01300062

Crecente (San Pedro)

36014A00500166

36014A00500179

36014A00500230

36014A00700107

36014A00700042

36014A00600478

36014A02600965

36014A02600854

36014A02600414

36014A04600104

O Freixo (San Roque)

36014A01900468

36014A01900464

36014A01800116

36014A01900326

36014A04800005

36014A01800151

36014A04800353

36014A01900356

Quintela (San Caetano)

36014A01600345

36014A01601133

36014A01600021

36014A01600011

Ribeira (Santa Mariña)

36014A04900557

36014A00400119

36014A04900681

36014A00400274

36014A00500092

36014A04900019

36014A01700808

36014A01700807

36014A04900429

36014A00500013

36014A04900216

O Rosal

San Miguel de Tabagón (San Miguel)

36048B50300359

Oia

Loureza (San Mamede)

36036A04800456

Tomiño

Estás (Santiago)

36054B50100039

ANEXO III

Relación de concellos e parroquias da zona tampón de FD

Provincia

Concello

Parroquia

Ourense

Cortegada

Cortegada (Santa María)

Refoxos (San Breixo)

Valongo (San Martiño)

Gomesende

A Guía (Santa María)

O Pao (Santa María)

San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo)

Padrenda

Crespos (San Xoán)

Desteriz (San Miguel)

Monte Redondo (San Xoán)

O Condado (Santa María)

Padrenda (San Cibrán)

San Pedro da Torre (San Pedro)

Pontedeva

Pontedeva (San Breixo)

Trado (San Paio)

Quintela de Leirado

Quintela de Leirado (San Paulo)

Pontevedra

A Cañiza

A Cañiza (Santa Teresa)

Luneda (Santa María)

O Couto (San Bartolomeu)

Oroso (Santa María)

Parada das Achas (Santiago)

Valeixe (Santa Cristina)

Arbo

Arbo (Santa María)

Barcela (San Xoán)

Cabeiras (San Sebastián)

Cequeliños (San Miguel)

Mourentán (San Cristovo)

Sela (Santa María)

As Neves

As Neves (Santa María)

Liñares (Santa María)

Rubiós (San Xoán)

San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)

Santiago de Ribarteme (Santiago)

Setados (Santa Euxenia)

Tortoreos (Santiago)

Vide (Santa María)

Crecente

A Ameixeira (San Bernabeu)

Albeos (San Xoán)

Angudes (San Xoán)

Crecente (San Pedro)

O Freixo (San Roque)

Quintela (San Caetano)

Rebordechán (Santa María)

Ribeira (Santa Mariña)

Sendelle (Santa Cruz)

Vilar (San Xorxe)

O Rosal

As Eiras (San Bartolomeu)

O Rosal (Santa Mariña)

San Miguel de Tabagón (San Miguel)

Tabagón (San Xoán)

Oia

Loureza (San Mamede)

Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor)

Soutelo (San Vicente)

Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio)

Arantei (San Pedro)

Cabreira (San Miguel)

Fiolledo (San Paio)

Meder (Santo Adrián)

Oleiros (Santa María)

Pesqueiras (Santa Mariña)

Porto (San Paulo)

Salvaterra (San Lourenzo)

Tomiño

Amorín (San Xoán)

Currás (San Martiño)

Estás (Santiago)

Figueiró (San Martiño)

Forcadela (San Pedro)

Goián (San Cristovo)

Piñeiro (San Salvador)

Sobrada (San Salvador)

Taborda (San Miguel)

Tomiño (Santa María)

Tui

Areas (Santa Mariña)

Baldráns (Santiago)

Caldelas de Tui (San Martiño)

Guillarei (San Mamede)

Paramos (San Xoán)

Pazos de Reis (O Sagrario)

Pexegueiro (San Miguel)

Randufe (Santa María da Guía)

Rebordáns (San Bartolomeu)

Tui (O Sagrario)