DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66488

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 208, do 2 de novembro, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 60444, no anexo I, provincia da Coruña, onde di: «37. Fisterra: 1 de abril, Luns de Pascua, 8 de setembro festa local de Fisterra», debe dicir: «37. Fisterra: 1 de abril, Luns de Pascua, 6 de setembro, festa local de Fisterra».

Na páxina 60444, no anexo I, provincia da Coruña, onde di: «42. Lousame: 25 de abril, festa de San Marcos, 27 de setembro, festa de San Roquiño», debe dicir: «42. Lousame: 25 de abril, festa de San Marcos, 4 de outubro, festa de San Roquiño».