DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 68952

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR804A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 26 de maio de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 29 de agosto de 2023, de conformidade coa Orde do 26 de maio de 2023 (DOG núm. 107, do 7 de xuño):

– 16 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que exxecutarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de un seiscentos mil euros (600.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total que figura na solicitude

Subvención solicitada

Subvención concedida

Total 2023

Total 2024

Subvención concedida

PR804A 2023-23

Farmacéuticos Mundi en agrupación coa Universidade de Santiago

A aprendizaxe-servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación.

53.200,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2023-17

Asemblea de Cooperación pola Paz

Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD): fortalecendo as capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, primario, secundario e universitario galego.

38.880,48

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-4

Agareso

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

38.250,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-5

Agareso

Xeración Contrainfo. Fase II

39.970,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-15

Amigas da Terra Galicia en agrupación coa Asociación Enxeñería sen Fronteiras

Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase II

54.892,81

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2023-10

Amigas da Terra Galicia

Rede de Eco Hortas Escolares

32.443,50

30.617,50

12.247,00

18.370,50

30.617,50

PR804A 2023-24

Arquitectura sen Fronteiras en agrupación coa Universidade da Coruña

Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do dereito ao hábitat

53.900,00

44.900,00

17.960,00

26.940,00

44.900,00

PR804A 2023-18

Asemblea de Cooperación pola Paz

Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas para imaxinar e construír colectivamente alternativas de xustiza social.

38.256,88

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-6

Fundación Intered

Sementando coeducación desde o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida. Fase I.

37.072,46

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-19

Solidariedade Internacional de Galicia

O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación

44.459,93

34.809,01

13.923,60

20.885,41

34.809,01

PR804A 2023-9

Asociación Enxeñería sen Fronteiras en agrupación con Arquitectura sen Fronteiras e a Universidade da Coruña

Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas Téc. Fase2

55.150,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2023-20

Solidariedade Internacional de Galicia

III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

45.527,76

34.954,88

13.981,95

20.972,93

34.954,88

PR804A 2023-12

Manos Unidas

Fame Cero: sensibilización cidadá e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS. Fase II

49.040,75

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-13

Fundación Taller de Solidaridad

Enredadas no Cambio. Fase III

47.484,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-7

Fundación Educación y Cooperación, Educo

A protección da infancia desde a mirada da Axenda 2030. Da sensibilización ao activismo.

36.907,55

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2023-8

Fundación Educación y Cooperación Educo agrupada coa Fundación Entreculturas – Fe y Alegría, Taller de Solidariedade e a Universidade de Santiago de Compostela

Campaña Mundial pola Educación 2024

47.544,57

45.000,00

15.887,45

23.831,16

39.718,61

 

 

 

240.000,00

360.000,00

600.000,00