DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 68950

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR811A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 27 de xuño de 2023, de conformidade coa Orde do 24 de marzo de 2023 (DOG núm. 68, do 10 de abril):

– 8 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de cincocentos cincuenta mil euros (550.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación proxecto

Orzamento
total

Subvención solicitada

Subvención
proposta

PR811A 2023-6

Asociación Comité Español de la UNRWA

Apoio a tres puntos de saúde en Cisxordania para atención a persoas refuxiadas de Palestina máis vulnerables con enfoque de xénero

75.000,00

70.000,00

70.000,00

PR811A 2023-4

Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)

Voces TRANSformadoras: fortalecer o benestar físico e mental de persoas LGBTI+ desprazadas no Salvador

83.382,85

75.000,00

75.000,00

PR811A 2023-11

Solidariedade Internacional de Galicia

Fortalecemento das capacidades de atención e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras

84.149,75

74.999,35

74.999,35

PR811A 2023-2

Fundación CUME para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

Resposta ante a emerxencia humanitaria provocada polo cambio climático na Comunidade Andina Indíxena de Totora e reforzo da súa capacidade de resiliencia. Apurímac. Perú

104.704,35

69.989,89

69.989,89

PR811A 2023-7

Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad

Asistencia humanitaria de emerxencia e protección á poboación refuxiada palestina, no Líbano

78.950,00

74.981,00

74.981,00

PR811A 2023-9

Fundación Entreculturas-Fe y Alegría

Fortalecemento da resiliencia da poboación refuxiada vulnerable proveniente de contextos en crise humanitarias en Addis Abeba, Etiopía

82.787,92

74.299,99

74.299,99

PR811A 2023-10

Fundación Tierra de Hombres España

Protección e apoio psicosocial á infancia e familias afectadas pola guerra en Ucraína

79.000,00

74.980,50

74.980,50

PR811A 2023-3

Fundación UNICEF Comité Español

Resposta humanitaria de UNICEF Cuba-Furacán Ian: garantindo a reconstrución de escolas afectadas

80.018,60

75.000,00

35.749,27

Total

589.250,73

550.000,00