DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 68956

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632D).

A Constitución española establece, no seu artigo 49, que os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con discapacidade ás cales prestarán a atención especializada que requiran. Así mesmo, o artigo 148.1.20ª establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de asistencia social.

En desenvolvemento desta previsión, o artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter exclusivo, a competencia en materia de asistencia social.

Con base na referida atribución competencial, promulgouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na cal se configura e define o Sistema galego de servizos sociais.

De acordo co establecido no artigo 2 da dita lei, enténdese por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega.

O artigo 29.1 deste texto normativo sinala que os servizos sociais os prestarán as administracións públicas galegas a través das seguintes fórmulas: a) a xestión directa, b) a xestión indirecta no marco da normativa reguladora dos contratos do sector público, c) mediante o réxime de concerto social previsto nesta lei ou d) mediante convenios con entidades sen ánimo de lucro.

Para os efectos desta lei, e segundo recolle o seu artigo 33 bis, enténdese por concerto social o instrumento por medio do cal se produce a prestación de servizos sociais de responsabilidade pública a través de entidades, cuxo financiamento, acceso e control sexan públicos. Segundo o artigo 33 ter da mesma lei, poderán ser obxecto de concerto social:

a) A reserva e a ocupación de prazas para uso exclusivo das persoas usuarias de servizos sociais ou os colectivos vulnerables, cuxo acceso sexa autorizado polas administracións públicas mediante a aplicación dos criterios previstos na normativa das administracións competentes.

b) A xestión integral de prestacións técnicas, tecnolóxicas, de servizos, programas ou centros.

En desenvolvemento destes artigos, aprobouse o Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co previsto no artigo 2.1 deste decreto, este é de aplicación aos concertos sociais que realice a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da consellería competente en materia de servizos sociais, e o sector público autonómico, a través das entidades instrumentais adscritas a ela, con entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

Con isto dótase a Administración autonómica dun novo mecanismo que permite impulsar as súas relacións coas entidades prestadoras de servizos sociais e acadar unha maior seguridade xurídica nas actividades económicas deste sector. Así mesmo, o establecemento de concertos sociais incorporará na provisión dos servizos sociais os principios de atención personalizada e integral, arraigamento da persoa no contorno de atención social, elección da persoa e continuidade na atención no seu ciclo de vida e calidade.

O artigo 11.1 do dito decreto sinala que os procedementos de concerto social se iniciarán de oficio mediante resolución da persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.

A Consellería de Política Social e Xuventude, de conformidade co Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e co Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e tendo en conta o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, é o departamento da Administración autonómica ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais da Xunta de Galicia no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de atención ás persoas con discapacidade.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do concerto social para satisfacer a necesidade administrativa de reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con parálise cerebral para o período 2024-2028, e proceder á súa convocatoria (código de procedemento BS632D), polo procedemento de asignación de concertos.

2. As prazas dos servizos que sexan concertados integraranse no Sistema público galego de servizos sociais.

3. Este procedemento convócase ao abeiro do disposto no artigo 9.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As condicións técnicas de execución do concerto son as establecidos no prego técnico que figura como anexo I a esta orde.

Artigo 2. Servizos que se van concertar

A través desta convocatoria concertaranse prazas correspondentes aos seguintes servizos establecidos no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo:

Código

Servizo

Tipoloxía

Prazas concerto

Núm.

Concello

020301

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión
(220 días)

26

Pontevedra

17

Vilagarcía de Arousa

41

Vigo

46

Sada

10

Ourense

10

Castro de Rei

Total

150

020306

Servizo de atención diúrna ocupacional

Media pensión
(220 días)

9

Vigo

Total

9

020309

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado

(365 días)

46

Vigo

50

Sada

35

Castro de Rei

Respiro familiar (130 días)

2

Vigo

Respiro familiar (104 días)

1

Castro de Rei

Total

134

Total prazas atención

293

Código

Servizo

Tipoloxía

Prazas concerto

Núm.

Concello

010110

Servizo de transporte adaptado e asistido

Transporte*

26

Pontevedra

17

Vilagarcía de Arousa

50

Vigo

46

Sada

10

Ourense

10

Castro de Rei

Compensacións G1**

6

Pontevedra

4

Vilagarcía de Arousa

11

Vigo

10

Sada

2

Ourense

2

Castro de Rei

Compensacións G2**

16

Pontevedra

10

Vilagarcía de Arousa

31

Vigo

28

Sada

6

Ourense

6

Castro de Rei

Total prazas transporte

159

*A cada praza asistencial correspóndelle unha praza de transporte adaptado e asistido, salvo naqueles casos de prazas que neste momento non conten co servizo de transporte.

**Polo que respecta ao servizo de transporte en que concorren circunstancias que determinan a necesidade de aplicar compensacións pola implantación das medidas especiais de accesibilidade, o número de prazas afectadas por estas compensacións é o resultado de multiplicar o número de prazas do servizo de transporte adaptado e asistido pola porcentaxe que se lle asignou ao grupo de compensación G1 (21,74 %) e G2 (61,59 %) e arredondadas ao enteiro máis próximo.

Artigo 3. Medios mínimos profesionais e materiais necesarios para levar a cabo a prestación

1. As entidades deberán dispor do persoal preciso para atender a realización das prestacións concertadas, o cal deberá cumprir os requisitos establecidos na normativa que sexa de aplicación e no establecido nesta convocatoria.

O dito persoal dependerá exclusivamente das entidades concertadas, por canto estas terán todos os dereitos e obrigas inherentes á súa calidade de empresarias e deberán cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social das persoas con discapacidade, igualdade de xénero e seguridade e saúde no traballo.

O incumprimento destas obrigas por parte das entidades concertadas non implicará responsabilidade ningunha para a Administración.

2. As ratios de atención son as establecidas no prego técnico desta convocatoria.

3. As entidades concertadas están obrigadas a que os seus centros dispoñan, durante a vixencia do concerto e para o cumprimento dos obxectivos asistenciais previstos, dos recursos materiais, equipamento e sistemas informáticos e de comunicacións, de ser o caso, necesarios para realizar con eficacia, calidade e garantía as prestacións obxecto do concerto. As entidades concertadas manterán os centros, o seu equipamento e instalacións en perfectas condicións de conservación e funcionamento e, para tal efecto deberán subscribir os contratos de mantemento preceptivos, así como levar a cabo as reparacións e reposicións que sexan necesarias, facendo fronte ás deterioracións propias do funcionamento diario das instalacións e do seu equipamento. Así mesmo, están obrigadas a xestionar os permisos, licenzas e autorizacións establecidas na normativa nacional, autonómica e local que lles sexa de aplicación, e nas normas de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarias para o inicio e execución do servizo concertado.

Artigo 4. Duración

1. A duración inicial dos concertos sociais formalizados ao abeiro desta convocatoria é de catro (4) anos, coa previsión de que entre en funcionamento o día 1 de marzo de 2024.

2. Os concertos poderán renovarse ata acadar un máximo de dez (10) anos. A duración de cada unha das renovacións non poderá exceder a duración máxima indicada no punto anterior.

3. Mediante acordo do Consello da Xunta, poderá superarse o límite dos catro (4) anos para as renovacións dos concertos sociais.

4. No caso de resolución do concerto ou extinción polo seu incumprimento, a entidade concertada estará obrigada a seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a Administración poida asegurar a continuidade na prestación do servizo.

Artigo 5. Requisitos que deben cumprir as entidades

1. Poderán participar nesta convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, RUEPSS).

b) Contar coa oportuna autorización administrativa dos centros en que se vaian prestar os servizos obxecto de concerto, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

c) Acreditar a titularidade do centro en que se vai prestar o servizo obxecto de concerto ou a súa dispoñibilidade, mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da súa vixencia así como a autorización da entidade ou persoa titular do centro onde se prestan os servizos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional e unha experiencia mínima de atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto, segundo se establece no artigo 6 desta convocatoria.

f) Contar cun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior aos 150.000 euros, para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto desta convocatoria.

Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2. Non poderán concorrer a esta convocatoria as entidades que se encontren nalgún dos supostos de prohibición para concertar a que se refire o artigo 7 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Artigo 6. Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional e experiencia mínima

1. Para poderen concertar prazas ao abeiro desta convocatoria, as entidades solicitantes deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira. Reputarase solvente a entidade que acredite cumprir un dos seguintes requisitos:

• Un seguro de indemnización por riscos profesionais ou de responsabilidade civil, vixente ata a fin do concerto, por importe maior ou igual ao 50 % do valor anual medio das prazas ofertadas pola entidade no concerto (IVE excluído).

A súa acreditación efectuarase por medio dun certificado expedido polo asegurador, no cal consten os importes e riscos asegurados e a data do vencemento do seguro, e mediante un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do concerto.

• Un volume anual de negocios no ámbito das actividades correspondentes ao obxecto do concerto, referido ao ano de maior volume de negocios dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de inicio das actividades da entidade e de presentación das solicitudes, que deberá ser igual ou superior ao 50 % do valor anual medio das prazas ofertadas pola entidade no concerto (IVE excluído).

A súa acreditación efectuarase por medio dunha copia das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita no dito rexistro; en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

2. Así mesmo, as entidades solicitantes deberán acreditar a súa solvencia técnica ou profesional. Reputarase solvente a entidade que acredite ter executado, durante os tres (3) últimos anos concluídos na data de fin de presentación das solicitudes, un ou varios traballos de contido similar ao do obxecto do concerto, cuxos importes anuais acumulados, no ano de maior execución concluído, sexan iguais ou superiores ao 50 % do valor anual medio das prazas ofertadas pola entidade no concerto.

Tanto para a solvencia económica e financeira como para a solvencia técnica ou profesional, o 50 % do valor anual medio das prazas ofertadas pola entidade calcúlase do seguinte xeito: [Atención diúrna e/ou residencial (nº prazas * prezo praza/mes*12) + Transporte vinculado ás prazas de atención diúrna (nº prazas * prezo praza/día * 220) + Medidas de accesibilidade (importe grupo I * nº prazas * 220) + importe grupo II * nº prazas *220) + Respiro fin de semana (nº de prazas * prezo praza/día * 104/130)] * 50 %.

Entenderase por traballos de contido similar aqueles en que se xestionen servizos ou programas de atención residencial ou diúrna para persoas con discapacidade nos cales se presta unha atención integral a persoas con discapacidade en situación de dependencia. Só se terán en conta os servizos ou traballos relacionados co obxecto deste concerto que aparezan relacionados no formulario de solicitude (anexo II) e respecto dos cales se acheguen as correspondentes certificacións ou declaracións.

Cada un dos traballos recollidos no dito anexo deberá acreditarse, mediante copia, do seguinte xeito:

a) Se o destinatario foi unha entidade do sector público, mediante copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.

b) Se o destinatario foi un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, mediante unha declaración responsable do candidato en que declare ter realizado o traballo ou servizo á satisfacción daquel, xunto cos documentos que consten no seu poder, que acrediten a realización da prestación.

3. Así mesmo, as entidades participantes deberán ter unha experiencia mínima dun ano na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto. Esta experiencia acreditarase mediante declaración responsable.

4. As solvencias exixidas nos parágrafos anteriores enténdense xa acreditadas no caso de entidades que oferten para esta convocatoria as prazas actualmente en disposición da Consellería de Política Social e Xuventude mediante réxime de contratación.

Capítulo II

Procedemento de concertación

Artigo 7. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

3. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se considerarán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Presentarase unha única solicitude por entidade, e as ofertas poderán ser pola totalidade das prazas do/dos concello/s ás cales concorra ou a unha parte delas, debendo indicar o número de prazas e o centro. Se o número de prazas ofertado da entidade coa maior puntuación é inferior ao total de prazas do concello, as restantes prazas serán atribuídas pola orde de prelación de acordo cos criterios de selección.

Para os efectos de preferencia das entidades que, na data de publicación desta convocatoria, estean prestando o servizo obxecto do presente concerto mediante outras fórmulas de colaboración ou contratación, deberán ofertar a totalidade das prazas que teñen contratadas. En caso contrario, non se terá en conta o criterio de preferencia e as prazas serán atribuídas atendendo aos criterios de selección recollidos no artigo 13 desta convocatoria e segundo o indicado no parágrafo anterior.

Así mesmo, as entidades non teñen que solicitar as prazas do servizo de transporte adaptado e asistido xa que están directamente vinculadas ao número de prazas asistenciais que se solicitan (a cada praza asistencial solicitada correspóndelle unha praza de transporte).

Tampouco se solicitarán as compensacións pola implantación das medidas especiais de accesibilidade posto que xa van vinculadas, proporcionalmente, ao servizo de transporte.

Sen prexuízo de anterior, garantirase en cada liquidación o aboamento das compensacións que correspondan ao servizo efectivamente prestado.

5. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da entidade solicitante da totalidade do contido desta convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

6. No anexo II constan as seguintes declaracións responsables:

a) Que, de acordo co artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas, a entidade non solicitou outras axudas para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto deste concerto.

b) Que a entidade ten contratada unha póliza de seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior aos 150.000 euros, para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.

c) Que a entidade dispón da experiencia mínima, segundo se establece no artigo 6.3 da convocatoria.

d) Que a entidade non está incursa en ningunha causa de prohibición para concertar, segundo o disposto no artigo 7.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

e) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

f) Que a entidade participante acepta a totalidade das condicións establecidas nesta convocatoria e no prego técnico.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa da solvencia económica e financeira de acordo cos medios establecidos no artigo 6.1 desta convocatoria, se é o caso.

b) Documentación xustificativa da solvencia técnica ou profesional de acordo cos medios establecidos no artigo 6.2 desta convocatoria, se é o caso.

c) No caso de que a entidade solicitante non sexa a titular do centro en que se vai prestar o servizo obxecto de concerto, xustificante sobre a súa dispoñibilidade, mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da súa vixencia, así como a autorización da entidade ou persoa titular do centro onde se prestan os servizos.

d) Declaración responsable sobre as medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou documentación xustificativa da posesión da Marca galega de excelencia en igualdade (ou equivalente) ou do Certificado de empresa familiarmente responsable (ou calquera outro certificado ou acreditación adecuado para estes efectos) en relación co previsto no artigo 13.3.c) desta convocatoria, segundo o caso.

e) Declaración responsable sobre a exención do imposto sobre o valor engadido, de ser o caso.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da Xunta de Galicia da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Inscrición no RUEPSS da entidade solicitante.

d) Inscrición no RUEPSS do centro cuxas prazas se ofertan.

e) Titularidade do centro no RUEPSS.

f) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Instrución do procedemento

1. O órgano competente para a tramitación do procedemento é a Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Presentada a solicitude, a unidade administrativa instrutora realizará, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos cales se deba pronunciar a resolución, conforme o establecido nesta convocatoria.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano instrutor requirirá as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se considerarán desistidas da súa petición, logo de resolución que se deberá ditar nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.

3. O órgano instrutor, por solicitude da Comisión de Valoración e motivadamente, poderá requirir das persoas solicitantes a información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

Artigo 12. Comisión de Valoración

1. Constituirase como órgano colexiado unha comisión de valoración de conformidade co artigo 15 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

2. A Comisión de Valoración será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de baremación establecidos no artigo 13 desta convocatoria.

3. A Comisión rexerase polo establecido na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no relativo aos órganos colexiados, e estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade, que actuará como presidente/a. Se, por calquera causa, a persoa titular da Presidencia non pode asistir cando a Comisión de Valoración se reúna para o exame das solicitudes, será substituída polo/a funcionario/a designado para estes efectos pola persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

b) A persoa titular do Servizo de Contratación e Xestión Económica.

c) A persoa titular do Servizo de Recursos e Equipamentos para a Discapacidade.

d) Un/unha funcionario/a designado/a pola persoa titular da Presidencia, que actuará como secretario/a.

Se, por calquera causa, as persoas titulares dos servizos competentes ou o/a secretario/a que compoñen a Comisión de Valoración non pode asistir cando esta se reúna para o exame das solicitudes, será substituída polo/a funcionario/a designado/a para estes efectos pola persoa que exerza a Presidencia.

4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto no artigo 13 desta convocatoria

5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formularalle a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión con cada entidade.

No informe da Comisión de Valoración figurarán de maneira individualizada as solicitudes propostas para a concertación de cada un dos servizos obxecto de concerto, con especificación da puntuación que lles corresponde e/ou, de ser o caso, a preferencia, o/os centro/s cuxas prazas se concertan, con indicación do número de prazas de cada un.

Artigo 13. Criterios de selección

1. Segundo o disposto no número 4 da disposición transitoria primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, as entidades que, na data de publicación desta convocatoria, estean prestando o servizo obxecto deste concerto, mediante outras fórmulas de colaboración ou contratación, terán preferencia nas prazas que soliciten e que teñan contratadas, sen necesidade de aplicar os criterios de valoración previstos neste artigo, sempre e cando a solicitude sexa pola totalidade das prazas que se están xestionando.

2. As prazas ás cales non lles sexa de aplicación o número 1 deste artigo serán atribuídas atendendo aos seguintes criterios de selección:

a) A experiencia da entidade na prestación de servizos sociais.

b) A implantación do centro no concello onde se vai prestar o servizo.

c) A aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade na execución do concerto.

3. A valoración dos criterios de selección efectuarase segundo unha escala de 0 a 30 puntos, do seguinte xeito:

a) A experiencia da entidade na prestación de servizos sociais: 1 punto por cada ano completo de antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS, cun máximo de 10 puntos.

b) A implantación do centro no concello onde se vai prestar o servizo: 1 punto por cada ano completo de antigüidade da inscrición da autorización do centro no RUEPSS nese concello, cun máximo de 10 puntos.

c) A aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade na execución do concerto: cun máximo de 10 puntos.

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase do seguinte xeito a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución do concerto:

– Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade (ou equivalente) ou do Certificado de empresa familiarmente responsable (ou calquera outro certificado ou acreditación adecuado para estes efectos) ou ben incluír unha medida de conciliación: 5 puntos.

– Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade (ou equivalente) e do Certificado de empresa familiarmente responsable (ou calquera outro certificado ou acreditación adecuado para estes efectos) ou ben incluír dúas ou máis medidas de conciliación: 10 puntos.

Seleccionaranse as solicitudes das entidades seguindo a orde de prelación da lista resultante da aplicación do baremo descrito, ata o esgotamento do número de prazas obxecto desta convocatoria.

4. De acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e o artigo 13.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, daráselles prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

5. No caso de empate, será seleccionada a entidade que teña unha maior antigüidade de inscrición no RUEPSS, e, de manterse o empate, a que teña un maior número de prazas autorizadas na área de discapacidade.

Artigo 14. Resolución

1. A resolución, logo da proposta, correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

2. O prazo máximo para resolver e notificar será de tres (3) meses contados desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres (3) meses.

Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes consideraranse por desestimadas.

3. A resolución de concesión recollerá os seguintes datos:

a) NIF, razón social e número de rexistro no RUEPSS da entidade que concerta.

b) Denominación e número de rexistro no RUEPSS do centro concertado.

c) Concello e provincia onde está/n situado/s o/os centro/s no/nos cales se executarán os servizos.

d) Servizo e número de prazas que se concertan.

e) Período de concerto.

f) Importe do concerto.

Artigo 15. Publicidade dos concertos

Publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concertación, que terá os efectos de notificación.

Sen prexuízo do indicado no parágrafo anterior, de forma complementaria poderase efectuar a notificación da resolución ás entidades solicitantes por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Notificacións por medios electrónicos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse de forma complementaria só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Recursos

A resolución desta convocatoria porá fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ou ben recurso contencioso-administrativo, nos prazos e na forma establecidos na súa respectiva normativa reguladora.

Artigo 18. Formalización dos acordos de concerto social

1. Os concertos sociais resultado desta convocatoria formalizaranse mediante documento administrativo dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

2. Os documentos de formalización serán subscritos, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

3. O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

4. O documento de formalización dos concertos sociais conterá as mencións sinaladas no artigo 19.5 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

5. No caso de que non se chegue a formalizar algún dos concertos por causas alleas á Administración, poderá indistintamente:

a) Concertar, sen necesidade de nova solicitude, os servizos ofertados que quedasen excluídos por falta de formalización, seguindo a orde de prelación resultante do procedemento de selección, logo de comprobación de que a entidade segue reunindo os requisitos exixidos.

b) Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria para concertar os servizos que, de ser o caso, quedasen desertos por ausencia de formalización.

Artigo 19. Seguimento e avaliación do concerto social

A Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade é a responsable do seguimento e avaliación dos acordos de acción concertada subscritos, sen prexuízo das funcións inspectoras que realice o órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia.

Realizarase unha avaliación cada dous anos e unha ao final do concerto social, incluídas as prórrogas subscritas.

Capítulo III

Execución

Artigo 20. Organización e funcionamento da prestación

1. O centro disporá dunhas normas de funcionamento que deberán estar visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que lles entregará, no momento do seu ingreso, ás persoas designadas para ocupar as prazas públicas do servizo concertado.

2. Sen prexuízo das referidas normas de funcionamento, o centro deberá axustarse ao establecido no prego técnico desta convocatoria.

Artigo 21. Cobertura de prazas e acceso aos servizos polas persoas usuarias

1. A asignación do recurso farase de conformidade co indicado no Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, ou co establecido na Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal, ou normativa que a substitúa.

2. Na data do ingreso da persoa usuaria no centro, a persoa responsable da entidade e a persoa usuaria ou, de ser o caso, a que exerza as medidas de apoio, asinarán un contrato de prestación de servizos que deberá cumprir cos requisitos exixidos pola normativa aplicable. Este contrato regula todos os aspectos fundamentais da relación desde o seu ingreso ata a súa baixa no centro. No contrato deberá constar necesariamente a obriga da persoa usuaria de aboarlle á entidade concertada o importe que lle corresponda e a forma e os prazos en que se deben efectuar os correspondentes pagamentos.

Artigo 22. Obrigas da entidade concertada

1. A formalización dun concerto social obrigará a entidade concertada ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 20 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

2. A entidade concertada achegará a súa propia dirección e xestión na execución e será responsable da organización do servizo, da calidade técnica dos traballos que desenvolve e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución da prestación obxecto de concerto.

3. As entidades concertadas comprométense expresamente ao cumprimento do disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, no Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), así como a restante normativa vixente na materia.

As entidades concertadas e o persoal que teña relación directa ou indirecta coa prestación ás persoas usuarias da atención obxecto do concerto gardarán segredo profesional sobre todas as informacións, documentos e asuntos a que teñan acceso ou coñecemento durante a vixencia do contrato e estarán obrigados a non facer público ou allear cantos datos coñezan como consecuencia ou con ocasión da súa execución, mesmo despois de finalizar o prazo contractual.

No caso de que as entidades concertadas, como encargadas do tratamento, destinen os datos a unha finalidade distinta á estipulada, os comuniquen ou utilicen incumprindo estas bases, serán consideradas tamén responsables do tratamento e responderán das infraccións en que incorresen.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento comprométense á observancia das medidas de seguridade correspondentes ao tratamento dos datos persoais.

4. Deberán designar un responsable do servizo ao seu cargo, que coordinará e supervisará a súa prestación. O dito responsable recibirá e executará as indicacións que o órgano competente da Consellería de Política Social e Xuventude considere oportuno impartir en relación coa prestación do servizo, e deberá ter atribucións suficientes para adoptar, de ser o caso e no momento en que se requira, as decisións necesarias para asegurar un bo funcionamento deste.

5. Están obrigados a manter vixente o seguro de responsabilidade civil, exixido en virtude do artigo 5 desta orde, durante toda a duración do acordo de concerto social.

6. No caso de resolución do concerto ou extinción polo seu incumprimento, a entidade concertada estará obrigada a seguir prestando o servizo ata a formalización do novo concerto. Nestes casos de extensión do servizo, a entidade concertada terá dereito a ser compensada de acordo cos prezos establecidos no propio acordo de concertación.

Artigo 23. Obrigas da Administración concertante

A formalización dun concerto social obrigará a Administración concertante ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 22 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Artigo 24. Publicidade

1. As entidades acollidas ao concerto social, xunto coa súa denominación, teñen que facer constar na documentación, en todas as comunicacións externas, particularmente ás persoas usuarias dos servizos (informes, documentos, trípticos de difusión, webs, insercións en prensa) e na publicidade que realizan, a condición de entidade concertada pola Xunta de Galicia, segundo as indicacións do Manual de identidade corporativa que se facilitará desde a Administración, sempre co visto e prace da Consellería de Política Social e Xuventude.

2. As entidades acollidas ao réxime de concerto social teñen que colocar nun lugar visible das súas instalacións a indicación «Centro concertado coa Xunta de Galicia» co logotipo correspondente, que lles proporcionará a Consellería de Política Social e Xuventude.

3. Toda a publicidade, a documentación escrita, os anuncios ou a sinalización exterior, como tamén calquera tipo de información en apoio electrónico, informático ou telemático que derive desta actividade, ten que utilizar unha linguaxe inclusiva de mulleres e homes.

4. As entidades concertadas teñen a obriga de apuntar na súa memoria anual de funcionamento toda a publicidade, a documentación escrita, os anuncios ou a sinalización que utilizasen, na cal conste que existe financiamento da Xunta de Galicia.

Artigo 25. Réxime de compatibilidade

1. De acordo co exposto no artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, o réxime de concertos sociais será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo de reserva e ocupación de prazas concertadas.

2. Sen prexuízo do sinalado no punto anterior, este réxime é compatible con programas específicos que non financien gastos estruturais imputables a este concerto.

Artigo 26. Subcontratación e cesión de servizos concertados

1. Só se poderán subcontratar aquelas prestacións accesorias ou complementarias do obxecto principal do concerto social, ata unha porcentaxe máxima do 60 % do prezo do concerto. Para estes efectos, nos servizos de atención diúrna poderase admitir a subcontratación total do servizo de transporte.

Poderanse subcontratar, entre outras, as seguintes prestacións:

a) Servizo de manutención, transporte, limpeza ou outras de análoga consideración.

b) Aquelas actividades que correspondan á prestación de servizos profesionais (como é o caso, entre outros, do servizo médico, de enfermaría ou de fisioterapia), que non requiran exclusividade ou que teñan natureza de servizos xerais, que sexan necesarios para cubrir as necesidades de atención integral ou execución do servizo.

Os subcontratistas quedarán obrigados só ante a entidade concertada, que asumirá a total responsabilidade da execución e da prestación do servizo fronte á Administración.

Para os efectos do previsto no punto anterior, a entidade concertada será responsable de que na execución da actividade accesoria ou complementaria subcontratada con terceiros se respecten os límites que se establezan na normativa de concertos sociais en canto á natureza e contía máxima.

2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto do concerto social, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Administración, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e a calidade do servizo.

3. O cambio de titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando esta se fusione ou transforme noutra. Neste caso, o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estean vixentes no momento da sucesión.

Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicarlle á Consellería de Política Social e Xuventude a circunstancia que a producise.

Artigo 27. Resolución de conflitos

As cuestións litixiosas derivadas da aplicación do réxime de concerto social serán resoltas polo órgano competente da Administración concertante, sen prexuízo de que, unha vez esgotada a vía administrativa, se poidan someter á xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 28. Penalizacións por incumprimento

1. En caso de cumprimento defectuoso da execución dos servizos concertados ou, de ser o caso, incumprimento dos medios persoais e materiais exixidos nestas bases, a Administración poderalle impor á entidade as penalidades indicadas no punto seguinte.

Consideraranse execución defectuosa os seguintes supostos:

a) O incumprimento da obriga de manter, durante toda a vixencia do concerto, as condicións técnicas de capacidade que foron exixidas nestas bases.

b) A utilización de medios persoais ou materiais inferiores aos establecidos nestas bases.

c) As deficiencias na prestación do servizo, na satisfacción de necesidades e no control e protección das persoas usuarias, que afecten a súa integridade física ou emocional cando sexan imputables á entidade.

d) A inobservancia reiterada das instrucións dadas pola Administración concertante, relativas á correcta prestación do servizo ou pola ocultación de feitos relevantes que afecten as persoas usuarias ou a prestación do servizo.

e) O mal trato dispensado polo persoal da entidade adscrita á execución do concerto ás persoas beneficiarias do servizo, entendéndose por tal os abusos e a desatención das ditas persoas, e inclúe todos os tipos de malos tratos físicos ou psicolóxicos, desatención, neglixencia ou doutro tipo que causen ou poidan causar un dano á saúde, desenvolvemento ou dignidade da persoa usuaria, ou pór en perigo a súa supervivencia, no contexto dunha relación de responsabilidade, confianza ou poder.

f) A negativa para admitir no servizo calquera persoa usuaria proposta segundo o previsto nestas bases.

2. A base económica das penalizacións calcularase sobre o total de prazas concertadas no centro no momento en que se produza o feito que dea lugar ás penalidades, valoradas ao orzamento do concerto en cómputo anual, segundo a seguinte fórmula:

• Servizo de atención diúrna e/ou residencial.

BP= Prazas concertadas x (prezo unitario praza/mes) × 12.

• Servizos facturados por día.

BP= Prazas concertadas × (prezo unitario praza/día) × (núm. días anuais que se concerta o servizo)

3. Poderase impor unha penalidade de ata o 1,5 % da base económica no caso de incumprimento das condicións técnicas de prestación do servizo, sempre que dean lugar a unha situación de risco para a saúde e a integridade da persoa usuaria.

4. Poderase impor unha penalidade de ata o 0,5 % da base económica nos seguintes casos:

a) Por incumprimento das condicións técnicas de prestación do servizo, sempre que non dean lugar a unha situación de risco para a saúde e a integridade da persoa usuaria.

b) Pola disposición de medios persoais inferiores ao establecido na normativa vixente en cada momento.

c) Polo incumprimento de calquera outra obriga establecida no Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e nesta convocatoria.

5. En todo caso, cando a contía das penalidades impostas por estas causas acade o 10 % do importe do concerto, poderá procederse á resolución do acordo.

6. Nos casos en que, debido ao cumprimento defectuoso da entidade concertada ou ao incumprimento das condicións esenciais do concerto social, a Administración concertante teña que intervir en defensa dos dereitos das persoas usuarias, poderá exixirlle á entidade os danos e perdas sufridos.

7. Os actos ou resolucións que finalicen os procedementos administrativos no relativo á imposición de penalizacións ou determinación dos danos e perdas producidos serán inmediatamente executivos e faranse efectivos mediante deducións nos pagamentos que se deben facer á entidade.

8. Para a imposición á entidade concertada deste tipo de penalidades instruirase un procedemento en que necesariamente terá lugar o trámite de audiencia.

Artigo 29. Causas de extinción

1. Os acordos de acción concertada derivados desta convocatoria extinguiranse polas causas establecidas no capítulo VI do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

2. Extinguido o acordo, a Consellería de Política Social e Xuventude garantiralles ás persoas usuarias a continuidade do servizo e a entidade concertada deberá seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a Administración poida asegurar a dita continuidade.

Capítulo IV

Modificación de concertos

Artigo 30. Modificación do acordo de concertación

Unha vez formalizados os acordos de concertación, poderán ser modificados nos supostos, cos requisitos e seguindo o procedemento establecido no artigo 27 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Artigo 31. Modificación do número de prazas concertadas

1. De acordo coas dispoñibilidades orzamentarias e estando xustificada na demanda dos servizos polas persoas que teñan ou poidan ter dereito a estes, poderá modificarse o número de prazas obxecto do concerto social durante a súa vixencia.

2. A porcentaxe de incremento do número de prazas de cada concerto social non poderá exceder o 50 % de cada acordo.

3. Poderase minorar o número de prazas ou servizos concertados nos casos en que non exista suficiente demanda para a súa cobertura. Nos casos en que esta insuficiencia da demanda sexa prolongada, durante tres meses consecutivos ou de seis meses nun período de doce, a Administración concertante poderá impor unilateralmente a minoración do número de prazas afectadas.

Artigo 32. Modificación das condicións técnicas

1. As condicións recollidas no prego técnico poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Administración. Neste último caso, deberán estar motivadas pola mellora das condicións de prestación dos servizos mediante informe do órgano competente e logo de audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular alegacións á revisión proposta.

2. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos prezos unitarios ou módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.

3. A modificación das condicións técnicas deberá afectar todas as prazas da mesma tipoloxía de servizo, sen que se poida facer distinción en función da entidade concertada.

Capítulo V

Financiamento da acción concertada

Artigo 33. Orzamento do concerto

1. Esta convocatoria conta cun orzamento de 39.180.521,92 € (IVE incluído), que se financiará con cargo á aplicación 11.04.312D.228.2 dos orzamentos de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2024, e a aplicación que corresponda para os anos 2025 a 2028, coa seguinte distribución:

Anualidade

Orzamento base

IVE

Total

Achega Xunta

2024

7.795.779,20 €

353.523,92 €

8.149.303,12 €

7.153.686,78 €

2025

9.369.396,80 €

425.733,68 €

9.795.130,48 €

8.599.732,82 €

2026

9.369.396,80 €

425.733,68 €

9.795.130,48 €

8.599.732,82 €

2027

9.369.396,80 €

425.733,68 €

9.795.130,48 €

8.599.732,82 €

2028

1.573.617,60 €

72.209,76 €

1.645.827,36 €

1.446.046,04 €

Total

37.477.587,20 €

1.702.934,72 €

39.180.521,92 €

34.398.931,28 €

2. O importe total do orzamento inclúe a participación económica dos usuarios e da Administración, e esta última calcúlase nun 87 % no caso das prazas de atención diúrna e residencial e nun 90 % nas prazas de transporte. No caso de medidas especiais de accesibilidade, non se prevé participación económica dos usuarios, polo que o 100 % do seu custo lle corresponde á Administración.

3. Este expediente tramítase de acordo coa disposición adicional primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e de conformidade coa Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, que posibilitan a tramitación anticipada dos expedientes de gasto no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vai imputar o correspondente gasto, e finánciase con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.312D.228.2 (ou a que corresponda) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2024, por estar normalmente previsto crédito adecuado e suficiente para o dito gasto, de modo que a resolución queda condicionada a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2024.

Artigo 34. Módulos económicos

1. O módulo económico para a reserva e ocupación de prazas por cada tipo de servizo será o seguinte:

Servizo

Prezo praza sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión

(220 días)

1.500,00 €/mes

60,00 €

1.560,00 €/mes

Servizo de atención diúrna ocupacional

Media pensión

(220 días)

900,00 €/mes

36,00 €

936,00 €/mes

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado (365 días)

3.600,00 €/mes

144,00 €

3.744,00 €/mes

Respiro familiar (104/130 días)

175,00 €/día

7,00 €

182,00 €/día

2. No servizo de transporte, o módulo económico é o seguinte:

Servizo

Prezo praza/día sen IVE

IVE (10 %)

Prezo praza/día total

Transporte

11,30 €

1,13 €

12,43 €

3. As compensacións polas medidas especiais de accesibilidade vinculadas ao transporte son as seguintes:

Perfil de mobilidade das persoas usuarias

Prezo praza/día sen IVE

IVE (10 %)

Prezo praza/día total

Grupo 1

4,45 €

0,44 €

4,89 €

Grupo 2

19,67 €

1,96 €

21,63 €

4. Dos módulos económicos sinalados resultan os seguintes orzamentos por cada un dos servizos:

020301 Servizo de atención diúrna terapéutica (Cód. prox. 2006 435)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

2.250.000,00 €

90.000,00 €

2.340.000,00 €

2.035.800,00 €

2025

2.700.000,00 €

108.000,00 €

2.808.000,00 €

2.442.960,00 €

2026

2.700.000,00 €

108.000,00 €

2.808.000,00 €

2.442.960,00 €

2027

2.700.000,00 €

108.000,00 €

2.808.000,00 €

2.442.960,00 €

2028

450.000,00 €

18.000,00 €

468.000,00 €

407.160,00 €

Total concerto

10.800.000,00 €

432.000,00 €

11.232.000,00 €

9.771.840,00 €

010110 Servizo de transporte adaptado e asistido (Cód. prox. 2009 250)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

653.727,60 €

65.372,76 €

719.100,36 €

685.539,36 €

2025

799.000,40 €

79.900,04 €

878.900,44 €

837.881,44 €

2026

799.000,40 €

79.900,04 €

878.900,44 €

837.881,44 €

2027

799.000,40 €

79.900,04 €

878.900,44 €

837.881,44 €

2028

145.272,80 €

14.527,28 €

159.800,08 €

152.342,08 €

Total concerto

3.196.001,60 €

319.600,16 €

3.515.601,76 €

3.351.525,76 €

020306 Servizo de atención diúrna ocupacional (Cód. prox. 2006 435)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

81.000,00 €

3.240,00 €

84.240,00 €

73.288,80 €

2025

97.200,00 €

3.888,00 €

101.088,00 €

87.946,56 €

2026

97.200,00 €

3.888,00 €

101.088,00 €

87.946,56 €

2027

97.200,00 €

3.888,00 €

101.088,00 €

87.946,56 €

2028

16.200,00 €

648,00 €

16.848,00 €

14.657,76 €

Total concerto

388.800,00 €

15.552,00 €

404.352,00 €

351.786,24 €

010110 Servizo de transporte adaptado e asistido (Cód. prox. 2009 250)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

41.151,60 €

4.115,16 €

45.266,76 €

43.253,10 €

2025

50.296,40 €

5.029,64 €

55.326,04 €

52.864,90 €

2026

50.296,40 €

5.029,64 €

55.326,04 €

52.864,90 €

2027

50.296,40 €

5.029,64 €

55.326,04 €

52.864,90 €

2028

9.144,80 €

914,48 €

10.059,28 €

9.611,80 €

Total concerto

201.185,60 €

20.118,56 €

221.304,16 €

211.459,60 €

020309 Servizo de atención residencial terapéutica (365 días) (Cód. prox. 2006 435)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

4.716.000,00 €

188.640,00 €

4.904.640,00 €

4.267.036,80 €

2025

5.659.200,00 €

226.368,00 €

5.885.568,00 €

5.120.444,16 €

2026

5.659.200,00 €

226.368,00 €

5.885.568,00 €

5.120.444,16 €

2027

5.659.200,00 €

226.368,00 €

5.885.568,00 €

5.120.444,16 €

2028

943.200,00 €

37.728,00 €

980.928,00 €

853.407,36 €

Total concerto

22.636.800,00 €

905.472,00 €

23.542.272,00 €

20.481.776,64 €

020309 Servizo de atención residencial terapéutica, respiro familiar (130 días) (Cód. prox. 2006 435)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

38.500,00 €

1.540,00 €

40.040,00 €

34.834,80 €

2025

45.500,00 €

1.820,00 €

47.320,00 €

41.168,40 €

2026

45.500,00 €

1.820,00 €

47.320,00 €

41.168,40 €

2027

45.500,00 €

1.820,00 €

47.320,00 €

41.168,40 €

2028

7.000,00 €

280,00 €

7.280,00 €

6.333,60 €

Total concerto

182.000,00 €

7.280,00 €

189.280,00 €

164.673,60 €

020309 Servizo de atención residencial terapéutica (104 días) (Cód. prox. 2006 435)

Ano

Orzamento base

IVE

Total orzamento

Achega Admón.

2024

15.400,00 €

616,00 €

16.016,00 €

13.933,92 €

2025

18.200,00 €

728,00 €

18.928,00 €

16.467,36 €

2026

18.200,00 €

728,00 €

18.928,00 €

16.467,36 €

2027

18.200,00 €

728,00 €

18.928,00 €

16.467,36 €

2028

2.800,00 €

112,00 €

2.912,00 €

2.533,44 €

Total concerto

72.800,00 €

2.912,00 €

75.712,00 €

65.869,44 €

5. Das posibles renovacións e modificacións resulta o seguinte valor estimado:

Anualidades

Total sen IVE

Modificación 50 %

Duración Inicial

Marzo 2024-febreiro 2025

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2025-febreiro 2026

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2026-febreiro 2027

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2027-febreiro 2028

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Renovacións

Marzo 2028-febreiro 2029

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2029-febreiro 2030

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2030-febreiro 2031

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2031-febreiro 2032

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2032-febreiro 2033

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Marzo 2033-febreiro 2034

9.369.396,80 €

4.684.698,40 €

Totais

93.693.968,00 €

46.846.984,00 €

Valor estimado

140.540.952,00 €

Artigo 35. Revisión dos módulos económicos

1. Os módulos económicos revisaranse cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social. Para estes efectos, serán revisables desde a entrada en vigor dos concertos conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

A revisión dos módulos precisará dun informe da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

2. No suposto en que se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social, procederase á revisión de prezos establecida no artigo 5 da Lei 2/2005, do 30 de marzo, de desindexación da economía española, sempre que se xustifique nunha memoria económica específica para este fin.

A dita memoria económica deberá axustarse ao previsto no artigo 12 e na disposición adicional primeira do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española. En todo caso, a dita memoria deberá xustificar a oportunidade da revisión e a análise do impacto económico e orzamentario. A revisión de prezos quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.

3. A revisión dos prezos ou módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 36. Pagamento do custo do concerto

1. Para o aboamento das compensacións económicas, a entidade concertada deberá presentar ante a xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude que corresponda, nos cinco (5) primeiros días do mes seguinte á prestación dos servizos, a correspondente factura e os seguintes documentos:

a) Declaración responsable de que cumpre as ratios de persoal establecidas no prego técnico desta convocatoria.

b) Liquidación de estancias mediante declaración responsable emitida pola persoal titular ou responsable do centro das cantidades que cómpre percibir, en que se expresarán os conceptos polos cales se efectúa a dita declaración (praza ocupada/praza reservada/praza vacante) e os días que correspondan a cada un dos conceptos.

A factura e demais documentación indicada nas letras a) e b) deste punto deberá presentarse de forma telemática a través do Sistema electrónico de facturación da Comunidade Autónoma de Galicia (dispoñible no enderezo electrónico https://factura.conselleriadefacenda.es/eFActura_web/).

A contraprestación que deberá satisfacer a Administración ás entidades concertadas virá determinada polo número total de prazas efectivamente ocupadas; a Administración aboará a diferenza entre o prezo do módulo correspondente a cada praza establecido no artigo 34 e a contía que deberá pagar a persoa usuaria.

No caso de prazas reservadas e vacantes, a Administración achegará a parte do módulo determinado segundo o punto seguinte, que non estea cuberta pola participación económica das persoas usuarias.

A Administración concertante terá a obriga de aboar o prezo dentro dos 30 días seguintes ao da data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade co disposto no concerto social dos servizos prestados.

2. Para os efectos da liquidación mensual, establécese a seguinte clasificación das prazas:

a) Praza ocupada: é aquela praza asignada a unha persoa usuaria desde o momento en que se produza o seu ingreso no centro. Nestas prazas, a entidade concertada percibirá o 100 % do importe da praza. Para os efectos previstos a continuación, a ausencia da persoa usuaria durante dez (10) días de prestación do servizo, ou menos, non modifica a cualificación da praza.

Tampouco se modificará a cualificación da praza no caso de ausencias voluntarias non xustificadas superiores a dez (10) días.

b) Praza reservada: é aquela praza ocupada por unha persoa usuaria durante os períodos de ausencia desta en virtude de permisos, enfermidade ou internamento en establecementos hospitalarios, sempre que estes períodos de ausencia duren máis de dez (10) días de prestación do servizo. Neste caso, a praza liquidarase polo 80 % do prezo praza/mes de concertación, na parte correspondente ao período de ausencia. Esta redución non se aplicará no mes de vacacións.

c) Praza vacante: terá a consideración de praza vacante aquela concertada que non fose asignada a unha persoa usuaria. Neste caso, a praza liquidarase polo 80 % do prezo praza/mes de concertación durante os dous primeiros meses, e polo 60 % en diante.

3. Os servizos de transporte vinculados ás prazas de atención diúrna devindicarán dereitos de cobramento cando se preste efectivamente o servizo ás persoas usuarias e este uso quede acreditado. Tamén se poderán devindicar dereitos de cobramento no caso de persoas usuarias que non fagan uso do servizo de transporte sen causa xustificada.

4. Para os efectos da liquidación das compensacións por medidas especiais de accesibilidade, a determinación do grupo en que se encadrarán as persoas usuarias do servizo de transporte adaptado corresponde á Consellería de Política Social e Xuventude a través da xefatura territorial responsable da xestión das respectivas liquidacións de estancias, de acordo co recollido nos seus respectivos certificados de discapacidade. En relación con estas medidas, non se prevé participación económica das persoas usuarias.

5. Cando a incorporación e baixa de usuarios non se produza o primeiro ou o último día do mes, respectivamente, liquidarase a parte proporcional ao período de ocupación da praza (cuantificado en días naturais); aplicarase a seguinte fórmula:

Prezo praza/mes *12 * nº de días naturais do período de ocupación

——————–—

365

A anterior fórmula utilizarase tamén para a liquidación dos períodos de ausencia previstos nos puntos 2 b) e c) deste artigo.

6. A contribución das persoas usuarias no financiamento do servizo virá determinada pola Consellería de Política Social e Xuventude de acordo coa normativa que ao respecto sexa de aplicación.

A entidade concertada procederá, de ser o caso, ao reintegro da parte proporcional correspondente no caso de que a persoa usuaria cause baixa no centro. Así mesmo, facturará a parte proporcional no caso de que o ingreso ou baixa non se produza coincidindo co inicio ou co fin do mes, respectivamente, ou no caso de ausencias xustificadas de máis de dez (10) días; nestes casos aplicaranse as normas de liquidación de estancias previstas nesta cláusula para a incorporación e baixa de usuarios.

No caso de ausencias voluntarias ou inxustificadas, manterase a obriga do copagamento por parte das persoas usuarias, segundo se establece no Decreto 149/2013, do 5 de setembro.

7. En ningún caso a cantidade percibida pola entidade concertada, a través da participación das persoas usuarias e da achega da Administración, poderá superar os prezos ou módulos económicos vixentes no concerto social.

8. Na facturación por parte das entidades concertadas só deberán aplicar IVE aquelas entidades que por lei estean suxeitas a este imposto.

Artigo 37. Constitución de garantías

Para a formalización dos concertos sociais non se exixe constitución de garantía, nin provisional nin definitiva, ao tratarse da prestación de servizos sociais, ao abeiro do artigo 107 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Disposición adicional primeira. Continuidade de persoas usuarias de praza pública

1. As persoas que se encontren atendidas nunha praza pública contratada cunha entidade que resulte concertada a través deste procedemento manterán o seu dereito para continuar na mesma praza e non se poderán ver afectadas como consecuencia da resolución desta convocatoria.

2. A resolución desta convocatoria non suporá por si mesma a revisión do Programa individual de atención das persoas usuarias das respectivas prazas.

Disposición adicional segunda. Criterio de preferencia das prazas actualmente contratadas pola Consellería de Política Social e Xuventude

Segundo o disposto no número 4 da disposición transitoria primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, nesta convocatoria teranse en conta como criterio de preferencia, de acordo co principio de continuidade, as prazas ou servizos que, na data da súa publicación, estean xestionados mediante contratos ou fórmulas de colaboración. Para estes efectos, as entidades deberán ofertar a totalidade das prazas que xestionan mediante contratos.

Disposición adicional terceira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, a concesión, denegación, modificación ou outras actuacións que lle correspondan para o desenvolvemento e aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira primeira. Réxime de impugnacións

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Así mesmo, con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte da súa publicación, ante o mesmo órgano que ditou a resolución. Todo iso de conformidade co establecido nos artigos 112, 114, 115, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8, 14.2 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que xulguen procedente.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Prego técnico da concertación social da reserva e ocupación
de prazas en servizos de atención diúrna e residencial
para persoas dependentes con parálise cerebral

1. Introdución.

Concíbense os servizos de atención diúrna e residencial obxecto deste concerto como unha alternativa de atención dirixida a persoas dependentes con parálise cerebral, cuxa situación demanda unha intervención desde o ámbito institucional.

Este prego ten por obxecto describir as obrigas e condicións técnicas de prestación dos seguintes servizos que forman parte desta convocatoria, recollidos no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo:

Natureza

Servizos

Diúrna

020301 Servizo de atención diúrna terapéutica

020306 Servizo de atención diúrna ocupacional

010110 Servizo de transporte adaptado e asistido

Residencial

020309 Servizo de atención residencial terapéutica

2. Definición, réxime e prestacións dos servizos que se concertan.

2.1. Servizo de atención diúrna terapéutica.

2.1.1. Definición.

O servizo de atención diúrna terapéutica comprende o conxunto de actuacións, adaptadas ás necesidades da persoa usuaria, encamiñadas a ofrecer unha atención integral durante o período diúrno, co obxectivo de mellorar ou manter o nivel de autonomía persoal das persoas usuarias, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras. Este servizo vai dirixido ás persoas que, permanecendo no seu ámbito familiar, necesitan dunha atención especializada para mellorar as súas capacidades e promover a súa autonomía persoal.

2.1.2. Réxime.

O servizo de atención diúrna terapéutica debe estar aberto de luns a venres cun horario de funcionamento de 8 horas, incluíndose dentro deste horario o servizo de comedor. Ao longo do ano natural, este servizo prestarase como mínimo durante 220 días, excluíndose polo tanto os festivos, fins de semana e o mes correspondente ao período vacacional. Estas condicións poden flexibilizarse, logo de autorización da Administración, co fin de adaptalas ás condicións laborais do convenio colectivo de aplicación.

2.1.3. Prestacións.

A entidade concertada obrígase a prestarlles ás persoas usuarias atendidas en virtude do concerto as prestacións básicas sinaladas no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, ou na normativa que sexa aplicable:

1) Área de información, valoración, seguimento e orientación.

a) Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.

• Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.

• Plan de atención individual (PAI).

• Seguimento e avaliación do PAI.

b) Servizo de información, orientación e formación a familiares.

• Acollida e valoración de necesidades da familia.

• Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.

• Plan de apoio familiar.

• Seguimento e avaliación do plan de apoio familiar.

2) Área de formación básica e instrumental.

• Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

• Asistencia e formación nas novas tecnoloxías de apoio e adaptacións técnicas.

3) Área de actividades e programas.

• Actividades de lecer e tempo libre.

4) Área de mantemento e/ou rehabilitación.

• Rehabilitación funcional.

• Logopedia.

• Terapia ocupacional.

• Estimulación cognitiva.

• Atención psicolóxica.

5) Área de servizos xerais.

• Manutención e dietas especiais.

• Limpeza e mantemento.

• Xestión e administración.

• Supervisión e vixilancia.

2.2. Servizo de atención diúrna ocupacional.

2.2.1. Definición.

O servizo de atención diúrna ocupacional constitúe o conxunto de actuacións, adaptadas ás necesidades das persoas usuarias que, residindo nos seus propios fogares, precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social e ocupacional, orientadas de xeito principal á preparación e integración laboral, e á promoción da autonomía persoal das persoas usuarias.

2.2.2. Réxime.

O servizo de atención diúrna ocupacional debe estar aberto de luns a venres cun horario de funcionamento de 8 horas, incluíndose dentro deste horario o servizo de comedor. Ao longo do ano natural, este servizo prestarase como mínimo durante 220 días, excluíndose polo tanto os festivos, fins de semana e o mes correspondente ao período vacacional. Estas condicións poden flexibilizarse, logo de autorización da Administración, co fin de adaptalas ás condicións laborais do convenio colectivo de aplicación.

2.2.3. Prestacións do servizo de atención diúrna ocupacional.

A entidade concertada obrígase a prestarlles ás persoas usuarias atendidas en virtude do concerto as prestacións básicas sinaladas no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, ou na normativa que sexa aplicable:

1) Área de información, valoración, seguimento e orientación.

a) Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.

• Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.

• Plan de atención individual (PAI).

• Seguimento e avaliación do PAI.

b) Servizo de información, orientación e formación a familiares.

• Acollida e valoración de necesidades da familia.

• Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.

• Plan de apoio familiar.

• Seguimento e avaliación do plan de apoio familiar.

2) Área de formación básica e instrumental.

• Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

3) Área de actividades e programas.

• Actividades de lecer e tempo libre.

4) Área de formación profesional.

• Servizos de formación para o emprego.

• Desenvolvemento e mellora das habilidades adaptativas (axuste persoal e social).

• Formación prelaboral.

• Formación práctico-laboral e/ou ocupacional e/ou emprego con apoio.

5) Área de mantemento e/ou rehabilitación.

• Atención psicolóxica.

6) Área de servizos xerais.

• Manutención e dietas especiais.

• Limpeza e mantemento.

• Xestión e administración.

• Supervisión e vixilancia.

2.3. Servizo de transporte adaptado e asistido.

2.3.1. Definición.

O servizo de transporte adaptado regular vinculado aos servizos de atención diúrna configúrase como un servizo de obrigada prestación para as persoas usuarias que o precisen e o demanden.

2.3.2. Medidas especiais de accesibilidade.

O servizo de transporte adaptado regular garantirá a prestación de determinadas medidas especiais de accesibilidade a aquelas persoas usuarias que polo seu perfil de discapacidade as necesiten, agrupadas do seguinte xeito:

a) Grupo 1: persoas que teñen recoñecida a necesidade de atención de terceira persoa.

b) Grupo 2: persoas que teñen recoñecida a necesidade de atención de terceira persoa e, ademais, están en cadeira de rodas e/ou poden deambular pero presentan comportamentos agresivos ou molestos difíciles de controlar, debido a graves deficiencias intelectuais que dificultan o uso de medios de transporte normalizados.

As medidas especiais de accesibilidade que deberán ser garantidas na prestación do servizo de transporte adaptado regular das persoas referidas anteriormente son as seguintes:

a) Número de acompañantes adecuado para atender especificamente as necesidades que poidan ter as persoas usuarias no acceso e saída do servizo, así como durante a ruta.

b) Nivel de ocupación dos respectivos vehículos que garanta a realización do transporte en condicións óptimas de comodidade e seguridade, especialmente cando concorra a existencia de cadeiras de rodas ou de trastornos de conduta en determinadas persoas usuarias.

c) Establecemento das rutas de xeito que, na medida do posible, as paradas estean o máis preto posible dos domicilios habituais das persoas usuarias, sempre que o percorrido global da ruta sexa compatible con tempos de servizo apropiados ás súas circunstancias.

d) Posta á disposición do servizo do número de vehículos que sexa preciso para garantir os anteriores requisitos.

2.3.3. Réxime.

O servizo de transporte terá o mesmo réxime que o servizo de atención diúrna ao cal estea vinculado, e comprenderá dúas viaxes diarias, unha de ida e outra de volta ao centro.

2.3.4. Prestacións.

A prestación do servizo de transporte estará condicionada polas rutas e paradas existentes en cada servizo, e as súas entidades xestoras procurarán dar a maior cobertura posible ás necesidades das persoas usuarias.

2.4. Servizo de atención residencial terapéutica.

2.4.1. Definición.

Os servizos residenciais ofrecen unha atención integral, continuada e personalizada, a persoas con dependencia, tendo en conta a natureza da súa discapacidade e/ou da súa dependencia, así como o grao e a intensidade de coidados que precisen. O servizo residencial poderá ter carácter permanente ou ben carácter temporal cando se atendan necesidades temporais da persoa. Dentro dos servizos residenciais, o servizo de atención residencial terapéutica é un servizo residencial con maior intensidade e máis prestacións específicas, adaptadas ás necesidades da persoa usuaria na área de mantemento e/ou rehabilitación.

O servizo prestarase en centros adecuados de acordo coa súa preceptiva autorización administrativa. Non obstante, os servizos para persoas con discapacidade que, con anterioridade a esta convocatoria, se veñan executando a través de vivendas tuteladas en combinación con centros de atención diúrna continuarán prestándose como servizos residenciais.

2.4.2. Réxime.

O servizo de atención residencial terapéutica prestarase en réxime de internado de 365 días ao ano, agás as prazas que con anterioridade a esta convocatoria se xestionasen cunha intensidade inferior, que continuarán prestándose dese xeito mentres non se modifique o seu réxime para adaptalo á intensidade completa do servizo.

2.4.3. Prestacións.

A entidade concertada obrígase a prestar ás persoas usuarias atendidas en virtude do concerto as prestacións básicas sinaladas no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, ou na normativa que sexa aplicable, e en todo caso as seguintes:

1) Área de información, valoración, seguimento e orientación.

a) Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.

• Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.

• Plan de atención individual (PAI).

• Seguimento e avaliación do PAI.

b) Servizo de información, orientación e formación a familiares.

• Acollida e valoración de necesidades da familia.

• Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.

• Plan de apoio familiar.

• Seguimento e avaliación do plan de apoio familiar.

2) Área de formación básica e instrumental.

• Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

• Asistencia e formación nas novas tecnoloxías de apoio e adaptacións técnicas.

3) Área de actividades e programas.

• Actividades de lecer e tempo libre.

4) Área de mantemento e/ou rehabilitación.

• Rehabilitación funcional.

• Logopedia.

• Terapia ocupacional.

• Estimulación cognitiva.

• Atención psicolóxica.

• Atención sanitaria preventiva.

• Atención médica.

• Atención de enfermaría.

5) Área de servizos xerais.

• Aloxamento.

• Manutención e dietas especiais.

• Limpeza e mantemento.

• Xestión e administración.

• Lavandaría/xestión de roupa.

• Supervisión e vixilancia.

2.5. Réxime común de determinadas prestacións básicas e da área de servizos xerais.

2.5.1. Servizo de asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

Garantirase o correcto aseo persoal e diario das persoas usuarias,e prestaráselles o apoio que sexa necesario en cada caso. Para estes efectos, o centro disporá dos medios necesarios.

No caso de servizos residenciais, os produtos de aseo de uso común (xabóns, colonias, hidratante corporal, pasta dentífrica, champú, xel) facilitaraos o centro sen custo para as persoas usuarias. Serán por conta destas aqueles produtos de marcas ou tipos específicos da súa elección.

Prestaráselles a axuda necesaria ás persoas usuarias para comer, vestirse, espirse, levantarse, deitarse e demais actividades instrumentais da vida diaria en que o precise.

As próteses, órteses, cadeiras de rodas e axudas técnicas de uso persoal serán por conta das persoas usuarias, sen prexuízo da cobertura que o sistema público correspondente determine en cada caso. O centro coidará de que estes elementos se manteñan en condicións de limpeza, hixiene e normal funcionamento, e serán por conta das persoas usuarias as reparacións ou recambios destes.

O material de incontinencia será subministrado con carácter xeral polas persoas usuarias con cargo ao sistema sanitario, ben que o centro deberá dispor dun stock que garanta a súa subministración de xeito suplementario. Aqueles outros produtos de apoio necesarios para fomentar a autonomía persoal da persoa usuaria e que non sexan de uso persoal (tales como garfos ou culleres adaptadas, etc.), serán achegados pola entidade concertada.

2.5.2. Aloxamento (unicamente nos servizos residenciais).

Esta prestación abrangue o uso de dormitorios, baños e espazos comúns.

Permitiráselle ao residente ter no seu dormitorio motivos de decoración e utensilios propios que faciliten a súa adaptación.

A persoa usuaria achegará a roupa e o calzado de uso persoal e repoñeraa pola súa conta. Poderá fixarse un número mínimo de mudas por persoa usuaria de acordo coas súas características. As persoas usuarias achegarán a roupa debidamente marcada co fin de garantir en todo caso o uso exclusivo do/da seu/súa propietario/a. O centro velará para que se renove, por conta da persoa usuaria, a roupa deteriorada polo seu uso.

A prestación inclúe, para os residentes, a utilización de roupa de cama, de mesa e de aseo con que está dotado o centro. A muda da roupa de cama efectuarase coa frecuencia que requiran as necesidades da persoa usuaria. Cambiaranse coa mesma periodicidade as toallas, os manteis e demais lenzaría. O centro renovará, pola súa conta, este tipo de roupa coa frecuencia necesaria para que se manteña en condicións de uso axeitadas.

2.5.3. Manutención e dietas especiais.

Garantirase a correcta nutrición das persoas atendidas nos centros concertados. O deseño das dietas deberá cumprir os seguintes obxectivos:

• Ser completa e equilibrada.

• Ter unha presentación atractiva.

• Ser variada e adaptarse ás necesidades das persoas usuarias.

• Estar convenientemente realizada e condimentada.

• Estar adaptada á época do ano.

Ademais, na elaboración das dietas teranse en conta os seguintes aspectos:

• Débese dispor, polo menos, dunha dieta basal ou normal e de dietas específicas segundo sexa necesario (dieta diabética, triturada ou túrmix, de protección gástrica, dietas especiais segundo patoloxías e/ou probas exploratorias, etc.).

• A dieta basal/normal constará de dous pratos e sobremesa tanto na comida como na cea.

• Os alimentos deben ter unha correcta conservación, manipulación e preparación.

• Na dieta débese evitar o exceso de graxa (sobre todo graxa saturada) e de colesterol, e reducir a achega de azucres refinados.

Nos centros residenciais realizarase un número de comidas/día adecuado, que se entende como almorzo, comida, merenda e cea. Nos casos en que haxa que incluír unha á media mañá ou unha comida de reforzo, farase baixo criterios médicos e sanitarios.

Presentaranse menús especiais para festas sinaladas e tradicionais.

Os menús diarios serán expostos semanalmente, de forma clara e sinxela, no comedor, taboleiro de anuncios ou outro lugar público do centro.

Todas as materias primas e os produtos servidos terán que estar suxeitos á normativa legal e, en particular, ao Código alimentario español. O almacenamento das materias primas e a súa conservación efectuarase cumprindo a normativa vixente.

2.5.4. Limpeza.

As prestacións de limpeza incluirán a totalidade do edificio e instalacións. O horario será compatible e adaptado aos programas e necesidades de atención ás persoas usuarias, e inclúe de forma orientativa as seguintes tarefas:

a) Diariamente:

• Varrido e fregado dos pavimentos de material plástico ou terrazo.

• Limpeza de todo o mobiliario xeral, incluído papeleiras e cinceiros.

• Limpeza total e escrupulosa de lavabos e aseos.

• Reposición de papel hixiénico, xabón, etc.

• Recollida en bolsas pechadas de lixo, para o seu depósito en zona habilitada e traslado ata a zona que se determine para a recollida de residuos urbanos.

b) Semanalmente:

• Aspirado de po en profundidade.

• Desempoado de mesas, andeis, etc. e limpeza de persianas.

• Varrido e fregado de todas as dependencias.

c) Quincenal/mensualmente:

• Enceradura de pavimentos de corredores, vestíbulos e dependencias, cuxos materiais o permitan.

• Limpeza de cristais por ambos os lados.

• Desempoados de zócolos, portas e superficies situadas a unha altura superior a 1,80 m.

d) Semestralmente:

• Limpeza de cortinas, bambinela e moquetas.

2.5.5. Supervisión e vixilancia.

Garantirase que a integridade física das persoas usuarias e dos profesionais non sufra ningún tipo de ameaza.

Naqueles casos en que, por condicionamento de índole física ou psíquica, poidan preverse situacións de risco para a súa integridade, estableceranse as medidas de protección e control necesarias.

Levarase un control, tanto das entradas e saídas das persoas usuarias como das visitas. En particular, velarase polos accesos e procurarase preservar a intimidade das persoas usuarias respectando o regulado na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2.6. Servizos opcionais ou complementarios.

Os centros concertados poderán ofertar servizos ou prestacións complementarias ás prestacións básicas que constitúen o obxecto dos servizos deste concerto social, enumeradas nos parágrafos anteriores.

Estes servizos deben ser voluntarios para as persoas usuarias e poderán ser facturados de xeito independente, agás que a entidade os oferte como gratuítos.

Estes prezos determinaranse de acordo cos existentes, para o mesmo tipo de servizo, na zona en que se encontre situado o centro.

No caso de que a entidade concertada lles cobre ás persoas usuarias outros servizos distintos daqueles que estean fixados neste prego, deberá notificalo á Consellería de Política Social e Xuventude e ter a autorización desta.

2.7. Estándares de calidade.

En todo caso, serán de aplicación aos servizos que se presten en virtude dos acordos de acción concertada subscritos todos os requisitos, criterios e estándares de calidade que, en cada momento, se establezan pola normativa vixente sobre condicións básicas dos centros de atención a persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Plan de atención individual e expediente persoal.

3.1. Plan de atención individual.

A entidade concertada realizará un estudo e avaliación interdisciplinar de cada persoa usuaria, elaborando un Plan de atención individual (en diante, PAI). Este comprenderá todas aquelas actuacións dirixidas a acadar a autonomía persoal no maior grao posible, e ao desenvolvemento das prestacións recollidas nos puntos precedentes en cada servizo, dimensionándoo ás capacidades da persoa usuaria.

O PAI debe incluír, polo menos, os seguintes aspectos: avaliación funcional, física, psíquica e sociofamiliar, así como a definición dos obxectivos que se pretenden acadar e plan de intervención que se vai levar a cabo. Debe existir un sistema de rexistros dos axustes realizados polos profesionais no plan de intervención adoptado, en función das diferentes áreas avaliadas.

3.2. Expediente persoal da persoa usuaria.

De cada persoa usuaria deberá existir un expediente persoal no cal constará a información administrativa, sociofamiliar, médica, psicolóxica, psiquiátrica e rehabilitadora, así como a que poida derivar do PAI a que estea suxeita a persoa usuaria.

Ademais, incluirá os informes técnicos correspondentes, diagnósticos, tratamentos prescritos e o seguimento e avaliación dos programas que se desenvolvan coa persoa usuaria, así como as incidencias producidas no seu desenvolvemento.

Estes expedientes, cuxo contido terá carácter confidencial, estarán debidamente ordenados e á disposición da Consellería de Política Social e Xuventude, co fin de comprobar a atención prestada ás persoas usuarias.

4. Protocolos.

A execución dos servizos obxecto deste concerto deberá axustarse aos seguintes protocolos de actuación ou aos que en cada momento determine a Consellería de Política Social e Xuventude:

• Preingreso.

• Acollida e adaptación ao centro.

• Caídas.

• Medidas restritivas.

• Hixiene persoal.

• Medicación.

• Atragoamento.

• Emerxencia sanitaria.

• Control de errantes.

• Detección e intervención en caso de malos tratos.

• Suxestións, queixas e reclamacións.

Baixa no centro.

Ademais, os servizos residenciais axustaranse aos seguintes protocolos:

• Prevención e tratamento de úlceras por presión.

• Transferencia e mobilizacións.

• Control de constantes.

• Coidados ao final da vida.

5. Organización e funcionamento.

5.1. Normas de funcionamento.

Os centros disporán dunhas normas de funcionamento que deberán estar visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia e que deberán estar expostas nun lugar visible del.

Estas normas serán entregadas ao seu ingreso ás persoas designadas para ocupar as prazas públicas concertadas. A entidade concertada asume a obriga de comunicarlle á xefatura territorial correspondente da Consellería de Política Social e Xuventude as variacións que se produzan en relación con elas.

As persoas usuarias dos servizos están obrigadas a cumprir as normas de funcionamento do centro. En caso de incumprimento aplicarase, cando proceda, o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 89 e seguintes da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

5.2. Instrumentos de organización e funcionamento.

Os centros disporán:

a) Dun organigrama que indique os postos de responsabilidade e as súas funcións, que se lles dará a coñecer ás persoas usuarias, familiares e cadro de persoal.

b) Dun plan de control que deberá recoller os seguintes aspectos:

• Organización e funcionamento: programas de intervención, horarios xerais en que se recollen as comidas e os servizos relacionados co coidado persoal, horarios de actividades, participación das persoas usuarias.

• Recursos humanos: plan de formación.

c) Así mesmo, o centro disporá dun plan coa programación de actividades, programas, criterios de organización, planificación e funcionamento de todos os seus servizos.

Para estes efectos, o centro disporá dun sistema de xestión, en formato electrónico, que permita cando menos:

a) Levar o control e horarios das súas actividades.

b) A xestión dos expedientes das persoas usuarias, así como o seu rexistro.

c) O seguimento dos protocolos que se desenvolven no centro.

d) A planificación do persoal.

e) A comunicación coas familias.

6. Medios mínimos persoais e materiais necesarios para levar a cabo a prestación.

6.1. Medios persoais.

6.1.1. Requisitos.

As entidades deberán dispor do persoal preciso para atender a realización das prestacións concertadas, o cal deberá cumprir os requisitos establecidos na normativa que sexa de aplicación e nas bases desta convocatoria.

O dito persoal dependerá exclusivamente das entidades concertadas, por canto estas terán todos os dereitos e obrigas inherentes á súa calidade de empresarias e deberán cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social das persoas con discapacidade, igualdade de xénero e seguridade e saúde no traballo.

O incumprimento destas obrigas por parte das entidades concertadas non implicará responsabilidade algunha para a Administración.

6.1.2. Dirección.

Os centros concertados contarán coa figura de director/a ou responsable de centro, que deberá contar con titulación universitaria e realizar formación complementaria en dependencia, discapacidade, dirección de centros ou outras áreas de coñecemento relacionadas co ámbito de atención á dependencia, salvo nos postos xa ocupados, nos cales o/a director/a terá, como mínimo tres (3) anos de experiencia no sector e contará coa formación complementaria mencionada.

Este posto poderá ser compatible con outras funcións no propio centro ou ben coa función de responsable doutro centro ou servizo que se sitúe no mesmo edificio ou noutros anexos.

6.1.3. Ratios de persoal.

Os distintos servizos deberán cumprir coas seguintes ratios de persoal de atención directa, en función das prazas ocupadas en cada momento:

A ratio mínima de persoal de atención directa no servizo de atención diúrna terapéutica que deben cumprir as entidades adxudicatarias do concerto social é de 0,38. Dentro da ratio mínima, recoméndase para o persoal coidador unha ratio de 0,13 e para o persoal técnico, de 0,25.

A ratio mínima de persoal de atención directa no servizo de atención diúrna ocupacional que deben cumprir as entidades adxudicatarias do concerto social é de 0,22. Dentro da ratio mínima, recoméndase para o persoal coidador unha ratio de 0,05 e para o persoal técnico, de 0,17.

A ratio mínima de persoal de atención directa no servizo de atención residencial terapéutica que deben cumprir as entidades adxudicatarias do concerto social é de 0,97. Dentro da ratio mínima, recoméndase para o persoal coidador unha ratio de 0,70 e para o persoal técnico, de 0,27.

O persoal distribuirase en función das necesidades das persoas usuarias e deberase garantir que quedan cubertas todas as áreas de intervención recollidas no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, para cada tipo de servizo.

As prestacións de atención médica e de enfermaría pódense prestar a través dos servizos sanitarios públicos do Sergas ou dos que en cada caso correspondan ás persoas usuarias, sempre e cando quede acreditado que se presta este servizo.

6.1.4. Persoal de servizos xerais.

O centro deberá dispor, ademais do persoal anterior, de persoal de servizos xerais, agás que os ditos servizos sexan contratados de acordo coas normas que regulan a subcontratación.

6.2. Medios materiais e mantemento do centro.

As entidades concertadas manterán os centros, o seu equipamento e instalacións en perfectas condicións de conservación e funcionamento, e, para tal efecto, deberán subscribir os contratos de mantemento preceptivos, así como levar a cabo as reparacións e reposicións que sexan necesarias, facendo fronte ás deterioracións propias do funcionamento diario das instalacións e do seu equipamento.

As entidades concertadas están obrigadas a que os seus centros dispoñan, durante a vixencia do concerto e para o cumprimento dos obxectivos asistenciais previstos, dos recursos materiais, equipamento e sistemas informáticos e de comunicacións, de ser o caso, necesarios para realizar con eficacia, calidade e garantía as prestacións obxecto do concerto.

Así mesmo, están obrigadas a xestionar os permisos, licenzas e autorizacións establecidas na normativa nacional, autonómica e local que lles sexa de aplicación, e nas normas de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarias para o inicio e a execución do servizo concertado.

Existirá un plan integral de mantemento que incluirá un plan de control de instalacións, un sistema contra incendios, roubo, fugas e calquera outro sistema de necesidades exixido pola normativa.

Realizaranse e protocolarizaranse as tarefas de desinsectación, desratización e desinfectación.

7. Réxime de utilización das prazas.

O réxime de ingresos, traslados e baixas das persoas usuarias virá determinado pola Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal ou pola normativa vixente en cada momento.

En virtude da súa situación persoal e social, poderá autorizarse o ingreso a outras persoas con discapacidade mediante resolución da Consellería de Política Social e Xuventude.

7.1. Designación das persoas usuarias.

Correspóndelle á Consellería de Política Social e Xuventude a determinación das persoas que deban ocupar as prazas concertadas de acordo co establecido na referida Orde do 16 de abril de 2014. A entidade concertada comprométese expresamente a aceptar as persoas usuarias designadas pola Consellería de Política Social e Xuventude para ocuparen as prazas.

Unha vez notificada a concesión de praza ao solicitante, as persoas usuarias deberán asinar un contrato de prestación de servizos. A entidade deberá dispor dun modelo tipo de contrato, que deberá cumprir cos requisitos exixidos pola normativa aplicable e que deberá estar á disposición da Administración.

A persoa usuaria e a entidade concertada subscribirán o citado contrato antes do ingreso, e nel deberá constar necesariamente a obriga do usuario de aboarlle á entidade concertada o importe que, de ser o caso, lle corresponda segundo o previsto na normativa aplicable.

Con base nos principios de continuidade e regularidade na atención ao longo do ciclo vital e de arraigamento da persoa no contorno de atención social, establecidos no artigo 3 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e en función das dispoñibilidades orzamentarias, ante a situación dun cambio de PIA das persoas usuarias, tratarase de asignarlles a estas unha nova praza nun centro da mesma entidade e situado na mesma contorna. No caso de haber varias persoas usuarias na mesma situación, aplicaranse as normas de asignación de recursos, derivadas do Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, ou as da Orde do 16 de abril de 2014 no caso de traslados por cambio de tipoloxía, ou normativa que a substitúa.

De ser preciso, e no caso de que as condicións de autorización dos centros da entidade o permitan, minorarase a praza de orixe da acción concertada e crearase unha nova praza concertada no novo recurso que sexa axeitado, segundo o disposto no artigo 31 desta convocatoria.

A entidade concertada e o persoal que teña relación directa ou indirecta coa prestación ás persoas usuarias da atención prevista neste prego gardarán segredo profesional sobre todas as informacións, documentos e asuntos a que teñan acceso ou coñecemento durante a vixencia do concerto e estarán obrigados a non facer público ou allear cantos datos coñezan como consecuencia ou con ocasión da súa execución, mesmo despois de finalizar a vixencia do concerto. A entidade concertada comprométese expresamente ao cumprimento do disposto no Regulamento 2016/679 (UE) xeral de protección de datos persoais no referente á información de datos persoais e a formar e informar o seu persoal nas obrigas que de tal norma dimanan.

No caso de que a persoa usuaria sexa derivada a outra institución, o centro de orixe facilitará os informes correspondentes, respectando en todo caso a normativa de protección de datos anteriormente citada.

7.2. Incidencias.

O centro notificaralle ao órgano competente en materia de inspección e autorización de servizos sociais, directamente ou a través da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude correspondente, no prazo máximo de tres días, as incidencias de carácter grave que se produzan e indicará a súa causa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file