DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 69928

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

En cumprimento do disposto no artigo 10.1 da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 330.000,00 euros, con cargo á aplicación 11.30.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2023.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 11.30.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía (€)

Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

14.055,67

Unión de Cooperativas Espazocoop.

100.000,00

Unión de Cooperativas Galegas do Transporte-Ucogatra

16.682,02

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

99.262,31

Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción.

Aplicación: 11.30.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía (€)

Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro-Cegasal

35.000,00

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia-Aeiga

35.000,00

Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en Centros Especiales de Empleo-Aspais

30.000,00