No DOG número 172, do 11 de setembro de 2023, publicouse a Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).
Á vista das solicitudes presentadas e atendendo ás contías, obsérvase que a dotación orzamentaria non é suficiente para atender todas as solicitudes, polo que se fai necesario realizar unha ampliación dos créditos consignados inicialmente.
O artigo 2.6 da Orde do 24 de agosto de 2023 de CEE, e de conformidade co estipulado no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles. O incremento do crédito está condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
Dado o elevado volume de solicitudes e axudas concedidas e coa finalidade de facer partícipes da subvención o maior número de persoas beneficiarias posible, faise necesaria unha ampliación de crédito.
Ademais, a dita Orde do 24 de agosto de 2023, no artigo 2.5, recolle a posibilidade de reasignar as contías sobrantes da asignación inicial do crédito de cada aplicación orzamentaria, proxecto ou programa de axudas para atender as necesidades de crédito doutras aplicacións, proxectos e/ou programas. As reasignacións levaranse a cabo logo das modificacións orzamentarias que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Unha vez revisados os expedientes, compróbase que existe remanente de crédito suficiente na aplicación 11.30.324C.481.4 para atender parte das necesidades do programa III, financiadas pola aplicación 11.30.324C.470.4.
Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Incremento de financiamento
Increméntase en 2.113.327,32 euros o importe total destinado á concesión das axudas da Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023, coa seguinte distribución:
Ampliación de crédito |
Total |
|||
Aplicación orzamentaria |
Código de proxecto |
Descrición |
Importe |
|
11.30.324C.470.3 |
2022 00099 |
Medidas de apoio a CEE. Empresas privadas |
371.670,20 € |
2.113.327,32 € |
11.30.324C.470.4 |
2018 00099 |
Custo salarial de persoas con discapacidade en CEE. Empresas privadas |
1.741.657,12 € |
Este incremento da dotación orzamentaria aténdese con fondos finalistas do Estado remanentes doutras convocatorias do mesmo programa e servizo.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023
Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade